Trompa de Falopio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios +cda
m →‎Función na fecundación: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
Liña 30:
 
== Función na fecundación ==
Cando o [[ovocito]] madura no ovario faino dentro dunhas cápsulas chamadas [[folículo ovárico|folículos ováricos]]. A parede dos folículos completamente maduros rompe liberando o ovocito, fenómeno chamado [[ovulación]]. O ovocito sae do ovario rodeado de células da granulosa do folículo e é recollido polo extremo fimbriado das trompas de Falopio e desprázase ata a ampola, que será onde normalmente o esperma se une ao ovocito e ten lugar a [[fecundación]]. Unha vez fóra do ovario o ovocito completa a súa [[meiose]]. O óvulo fertilizado, chamado cigoto, viaxa en dirección ao útero axudado pola actividade dos cilios do epitelio e polo músculo liso das trompas, á vez que sofre as primeiras divisións embrionarias. Uns cinco días despois o [[embrión]] chega á cavidade uterina e implántase no [[endometrio]] do útero, iniciándose a [[xestación]].<ref>{{citeCita web|url=http://www.merckmanuals.com/home/womens_health_issues/biology_of_the_female_reproductive_system/menstrual_cycle.html |title=Menstrual Cycle: Biology of the Female Reproductive System: Merck Manual Home Health Handbook |publisher=Merck.com |date= |accessdate=2011-03-06}}</ref>
 
Ocasionalmente o embrión pode implantarse nas trompas de Falopio en vez de no útero, orixinando un [[embarazo ectópico]].