Game Boy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (2)
Liña 2:
A '''Game Boy''' (ゲームボーイ, Gēmu Bōi) é unha [[videoconsola]] portátil de [[videoxogo]]s desenvolvida e manufacturada por [[Nintendo]]. Foi lanzada por primeira vez ao mercado no [[Xapón]] o [[21 de abril]] de [[1989]], chegando posteriormente a outros mercados. Esta é a primeira videoconsola portátil dentro da liña que leva ese mesmo nome ([[Liña Game Boy]]). Foi creada por [[Gunpei Yokoi]] e o equipo de desenvolvemento [[Research and Development 1]] da Nintendo.
A Game Boy foi o segundo sistema portátil da Nintendo despois das series da [[Game & Watch]] iniciada en [[1980]] e collía elementos tanto da propia Game & Watch coma da [[NES]].<ref name="allgame">{{citeCita web|last=Beuscher |first=Dave |title=allgame ((( Game Boy > Overview ))) |publisher=[[Allgame]] |accessdate=2008-09-11 |url=http://www.allgame.com/platform.php?id=20 |quote=A team headed by Gumpei Yokoi designed the Game Boy. Yokoi had previously designed hand held games for Nintendo with the cartridge based Game & Watch system, introduced in 1980. His staff, called Research and Development (R and D) team #1, had designed the successful NES games Metroid and Kid Icarus. What Yokoi's team did was create a hybrid of the NES and the Game & Watch systems.}}</ref> Tamén foi a primeira videoconsola portátil que incluía o xogo do [[Tetris]].
 
A pesar de que durante o período no que foi comercializada foron introducidas no mercado novas videoconsolas portátiles máis avanzadas tecnoloxicamente, a Game Boy continuou a ter un enorme éxito. As vendas combinadas da Game Boy e da [[Game Boy Color]] acadaron no mundo a cifra de 118'69 millóns de unidades vendidas.
Liña 10:
"A", "B", "SELECT" e "START", así como cun [[botón direccional]]. As funcións de cada un destes botóns varía dun xogo a outro.<ref name="Ver Manual de usuario">Ver Manual de usuario</ref> No seu lateral dereito dispón dun control dial para o volume e outro no lateral esquerdo para axustar o contraste da pantalla.<ref name="Ver Manual de usuario"/> Na parte superior disponse o botón de apagado-encendido así como a rañura na que se introducen os [[cartucho]]s cos videoxogos.
 
A Game Boy tamén tiña as seguintes conexión de entrada e saída opcionais. No lateral esquerdo unha conexión para conectar a [[batería recargábel|baterías recargábeis]] ou [[alimentador de enerxía|alimentadores de enerxía]] que podían substituír ás [[Pila (electricidade)|pilas]] eléctricas para subministrar [[enerxía]] ao dispositivo, Nintendo distribuía un pack de baterías recargábeis oficial, se ben funcionaba perfectamente con outros modelos non oficiais. A Game Boy require 6[[voltio|V]] [[Corrente continua|DC]] de polo menos 250[[amperio|mA]].<ref name="Nintendo Game Boy (DMG-001)">{{citeCita web|url= http://www.vidgame.net/NINTENDO/GB.html|archiveurl= http://web.archive.org/web/20080211181421/http://www.vidgame.net/NINTENDO/GB.html|archivedate= 2008-02-11|title=Nintendo Game Boy (DMG-001)|work=Vidgame.net|year=2006|accessdate=2006-08-22}}</ref> Finalmente, unha conexión para [[auricular]]es [[estéreo]] de 3.5&nbsp;mm está situada na parte inferior da videoconsola.<ref>Ver Manual de usuario para as diferentes conexións das que dispón a Game Boy.</ref>
 
No lateral dereito conta cunha conexión que permite aos usuarios conectar dúas Game Boy a través dun cable, co que dúas persoas poden xogar ao mesmo tempo cun mesmo xogo.<ref name="Ver Manual de usuario"/> Nun principio este porto estaba pensado para ser utilizado en xogos nos que se puidese competir entre dous ou participar dúas persoas no mesmo, mais co tempo se desenvolveu para crear tamén redes sociais de comunicación como nas populares series de videoxogo de [[Pokémon]].<ref>Masuyama, Meguro (2002). "Pokémon as Japanese Culture?". in Lucien King. Game On. New York, NY: Universe Publishing. p. 39. ISBN 0-7893-0778-2. "Pokémon allowed more than metaphorical communication; it made use of a system that created actual communication — a network game."</ref>