Célula eucariota: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Mitocondrias e plastidios: Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web
Liña 24:
=== Mitocondrias e plastidios ===
{{Artigo principal|Mitocondria|Cloroplasto}}
As [[mitocondria]]s son orgánulos que se encontran en practicamente todos os eucariotas, xa que neles a célula produce a enerxía que necesita para funcionar, que almacena en forma de [[adenosina trifosfato|ATP]], que se orixina mediante o proceso da [[respiración celular]].<ref>{{citeCita web|url=http://www.madsci.org/posts/archives/2006-05/1146679455.Ev.r.html|title=Re: Are there eukaryotic cells without mitochondria?|date=1 May 2006|work=madsci.org}}</ref> Están rodeadas por unha dobre membrana (cada unha das cales é unha [[bicapa lipídica]] con proteínas), e a súa membrana interna está invaxinada formando cristas. As mitocondrias conteñen o seu propio [[ADN]]. Crese que as mitocondrias se orixinaron por un proceso de [[endosimbiose]] entre dúas células, unha pequena, probablemente unha [[proteobacteria]] que podía facer a respiración celular aerobia, que se convertería nas mitocondrias, e outra máis grande. Uns poucos protozoos parece que perderon secundariamente as sús mitocondrias e teñen no seu lugar [[hidroxenosoma]]s e [[mitosoma]]s, que seguramente derivan das mitocondrias.
 
As plantas e [[alga]]s teñen [[plastidio]]s. O tipo máis importante de plastidio é o [[cloroplasto]]. Os cloroplastos teñen o seu propio ADN e crese que tamén se orixinaron por endosimbiose, cando unha célula procariótica con capacidade fotosintética pasou a vivir dentro doutra célula máis grande [[heterótrofo|heterótrofa]]. Os cloroplastos conteñen [[clorofila]] e producen azucres por medio da [[fotosíntese]]. Algúns tipos de plastidios están especializados en almacenar substancias como [[amidón]] ([[amiloplasto]]s) ou [[pigmento biolóxico|pigmentos]] ([[cromoplasto]]s). Algúns protistas que conteñen plastidios obtiveron estes de forma secundaria, é dicir, por simbiose con outros microorganismos que xa tiñan plastidios.