393.002
edicións
(http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/alegaci%C3%B3n) |
m (Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web, {{cite journal → {{Cita publicación periódica (2)) |
||
O darwinismo, tal como se entende hoxe, non é sinónimo de [[evolucionismo]], xa que este último é anterior a [[Charles Darwin]]: as teorías darwinistas son evolucionistas, pero a súa contribución clave é o concepto de [[selección natural]] considerado determinante para explicar a causa da evolución,<ref>Javier Sampedro: ''Deconstruyendo a Darwin'' (pág. 22). Crítica, 2002. ISBN 978-84-8432-910-7.</ref> e que no seu posterior desenvolvemento, con numerosas achegas e correccións, permitirá a formulación da teoría da evolución actual ou [[síntese evolutiva moderna]]. Por tanto, estritamente falando, é igualmente equivocado usar o termo «darwinismo» para referirse á actual teoría da [[evolución]], xa que esta non se reduce só ás ideas postuladas por Charles Darwin. Os nomes que se lle deu á teoría da evolución moderna despois do darwinismo foron neodarwinismo e síntese evolutiva moderna ou recentemente síntese evolutiva moderna ampliada.
O termo ''darwinismo'' foi acuñado polo biólogo inglés [[Thomas Henry Huxley]] en abril de 1860.<ref name="westminster">{{
En Estados Unidos, os creacionistas a miúdo usan o termo "darwinismo" como un termo pexorativo ligándoo a crenzas como o [[naturalismo metafísico|materialismo científico]] e [[ateísmo]], pero en Europa o termo non ten connotacións negativas, e úsase como unha forma abreviada de refereirse á teoría da evolución por selección natural, aínda que se usen tamén os termos novos (síntese evolutiva moderna).<ref name="Scott Branch 09" />
[[Ficheiro:Thomas Henry Huxley.jpg|miniatura|[[Thomas Henry Huxley|T. H. Huxley]], o máis importante polemista a favor do darwinismo durante a [[Era vitoriana]].]]
En realidade, o termo darwinismo xa se usou antes de Charles Darwin, xa que o seu antepasado [[Eramus Darwin]] no [[século XVIII]] publicara traballos sobre evolución que foron denominados "darwinismo". Pero o termo non se fixo famoso ata que [[Charles Darwin]] escribiu en 1859 o seu libro ''On the Origin of Species'' e en 1860 Thomas Henry Huxley o utilizou para referirse a ese traballo na súa ''[[Westminster Review]]''.<ref name="urlThe Huxley File § 4 Darwins Bulldog">{{
"Darwinismo" axiña se empezou a usar para referirse a unha ampla gama de filosofías evolutivas tanto sobre bioloxía coma sobre a sociedade. Un dos enfoques máis famosos que se fixo do termo foi o que se resume na frase de 1864 de [[Herbert Spencer]] "[[supervivencia dos máis fortes]]", que despois se faría emblemática do darwinismo. En realidade a comprensión particular de Spencer da evolución (como a expresou en 1857, antes da publicación de ''On the origin of Species'' de Darwin) era máis similar á de [[Jean-Baptiste Lamarck]] que á de Darwin. O que se chama hoxe "[[darwinismo social]]" foi, no seu día, sinónimo de darwinismo, e consiste na aplicación dos principios darwinistas da "loita pola supervivencia" á sociedade, xeralmente para apoiar unha axenda política antifilantrópica.
|