Evolución paralela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Evolucións paralela e converxente: Arranxos varios, replaced: {{cite journal → {{Cita publicación periódica (2)
Liña 6:
Dado un determinado trazo que aparece en dúas liñaxes que descenden dun antepasado especificado, é posible en teoría definir estritamente as tendencias evolutivas paralela e [[evolución converxente|converxente]], e distinguilas claramente entre si.<ref name="Zhang"/> Porén, na práctica, os criterios para definir evolución converxente como oposta a paralela non adoitan ser moi claros, polo que é común unha diagnose arbitraria nalgúns casos.
 
Cando dúas especies son similares nun carácter determinado, a evolución defínese como paralela se os antepasados compartían tamén unha semellanza nese aspecto; se non o fan, a evolución dese carácter nesas especies defínese como converxente. Porén, esta distinción non é moi nítida porque as condicións establecidas son en parte unha cuestión de grao; todos os organismos comparten antepasados máis ou menos recentes. En bioloxía evolutiva a cuestión do lonxe que debemos recuar para atopar antepasados similares, e de canta similitude deben ter eses devanceiros para que se considere que tivo lugar unha evolución paralela, non sempre se pode resolver. Algúns científicos argumentaron en consecuencia que as evolucións paralela e a converxente son en certa medida indistinguibles.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica|last=ARENDT|first=J|author2=REZNICK, D|title=Convergence and parallelism reconsidered: what have we learned about the genetics of adaptation?|journal=Trends in Ecology & Evolution|date=January 2008|volume=23|issue=1|pages=26–32|doi=10.1016/j.tree.2007.09.011}}</ref> Outros insisten en que na práctica non deberiamos evitar a área gris, porque malia todo aínda segue habendo moitas distincións importantes entre as evolucións paralela e converxente.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica|last=Pearce|first=T.|title=Convergence and Parallelism in Evolution: A Neo-Gouldian Account|journal=The British Journal for the Philosophy of Science|date=10 November 2011|volume=63|issue=2|pages=429–448|doi=10.1093/bjps/axr046}}</ref>
 
Cando as formas ancestrais non están especificadas ou non se coñecen, ou a rango dos trazos considerados non se especifica claramente, a distinción entre os dous tipos de evolución faise máis subxectiva. Por exemplo, [[Richard Dawkins]] en ''[[The Blind Watchmaker]]'' (O reloxeiro cego) describe a notable semellanza entre as formas dos mamíferos placentarios e marsupiais como o resultado dunha evolución converxente, porque os mamíferos nos seus respectivos continentes ancestrais tiñan unha longa historia evolutiva previa á extinción dos [[dinosauro]]s. Ese período de separación tería permitido a acumulación de moitas diferenzas relevantes. [[Stephen Jay Gould]] adopta unha postura diferente; describe algúns dos mesmos exemplos como que empezaron a partir de antepasados comúns de marsupiais e placentarios, e, por tanto, sufriron unha evolución paralela. E sempre que as semellanzas poden describirse conceptualmente como que evolucionaron a partir dun atributo común que deriva dunha soa liña ancestral remota, pode considerarse lexitimamente como evolución paralela.