Xenopus laevis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (12), {{cite journal → {{Cita publicación periódica (3)
Liña 24:
== Descrición ==
 
Estes anfibios abundan en lagoas, pozas e ríos agás na parte sueste da África subsahariana. Son de vida acuática e xeralmente de cor verdosa cincenta. As variedades [[Albinismo|albinas]] comercialízanse como mascotas e tamén as de “tipo silvestre". Ás veces confúndese co ''Hymenochirus'' pero poden distinguirse ben porque o ''X. laevis'' ten pés palmados só nas patas de atrás, e a outra especie nas catro patas. Caracterízanse entre os anfibios por ter verdadeiras uñas que usan para trepar e desgarrar os peixes e [[cágado]]s que comen. Poñen ovos desde o inverno á primavera. Durante a estación de chuvias viaxan a outras pozas de auga para procurar comida.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Maddin HC, Eckhart L, Jaeger K, Russell AP, Ghannadan M |title=The anatomy and development of the claws of Xenopus laevis (Lissamphibia: Anura) reveal alternate pathways of structural evolution in the integument of tetrapods |journal=Journal of Anatomy |volume=214 |issue=4 |pages=607–19 |date=April 2009 |pmid=19422431 |pmc=2736125 |doi=10.1111/j.1469-7580.2009.01052.x}}</ref>
 
A duración media da súa vida está entre 5 e 15 anos, e hai rexistros dalgúns individuos que viviron de 20 a 25 anos.<ref>{{citeCita web|last=Garvey |first=Nathan |url=http://animaldiversity.ummz.umich.edu/site/accounts/information/Xenopus_laevis.html |title=ADW: Xenopus laevis: INFORMATION |publisher=Animaldiversity.ummz.umich.edu |accessdate=2013-06-08}}</ref> Mudan a pel todas as estacións, e comen a súa pel desprendida.
 
Aínda que carecen de [[saco vocal]], os machos fan unha chamada de apareamento consistente en vibracións curtas e longas, ao contraer os músculos larínxeos intrínsecos. As femias tamén responden vocalmente, indicando a súa aceptación (mediante un son de golpes secos) ou rexeitamento (sucesión lenta de clics).<ref>{{citeCita web|last=Garvey |first=Nathan |url=http://animaldiversity.ummz.umich.edu/site/accounts/information/Xenopus_laevis.html |title=ADW: Xenopus Laevis: Information |publisher=Animaldiversity.ummz.umich.edu |accessdate=2013-06-08}}</ref><ref>{{citeCita web|author=Talk of the Nation |url=http://www.npr.org/templates/story/story.php?storyId=123651128 |title=ADW: NPR: Listening To Love Songs of African Clawed Frogs |publisher=NPR |accessdate=2013-06-08}}</ref> Teñen unha pel lisa escorregadiza que está multicoloreada no dorso con manchas oliváceas cincentas ou marróns. A parte ventral é cor crema clara con tons amarelos.
 
O macho e a femia poden distinguirse doadamente polas seguintes diferenzas: Os machos son xeralmente un 20% máis pequenos, con corpos e pernas delgadas. Os machos fan chamadas de apareamento para atraer as femias, soando como un grilo que estive baixo a auga. As femias son meirandes, cunha aparencia máis repoluda e con protuberancias parecidas a cadeiras sobre as súas patas traseiras, nas cales almacenan os ovos internamente. A femia non canta ou chama coma o macho, pero si responde ás súas chamadas (algo extremadamente raro entre os anfibios).
Liña 37:
 
[[Ficheiro:Parasite130103-fig4 Protopolystoma xenopodis (Monogenea, Polystomatidae) Adult.tif|miniatura|esquerda|O monoxeneo ''[[Protopolystoma xenopodis]]'',<ref name=Theunissen>Theunissen, M., Tiedt, L. & Du Preez, L. H. 2014: The morphology and attachment of ''Protopolystoma xenopodis'' (Monogenea: Polystomatidae) infecting the African clawed frog ''Xenopus laevis''. Parasite, 21, 20. {{doi|10.1051/parasite/2014020}}</ref> un [[parasito]] da vexiga urinaria de ''Xenopus laevis''.]]
Na natureza ''Xenopus laevis'' vive en zonas húmidas, lagoas, e lagos de rexións áridas ou semiáridas da África subsahariana.<ref name=Chytrid/><ref>{{citeCita web|author=John Measey |url=http://www.bcb.uwc.ac.za/presents/focuson/frogs/xenopu.htm |title=Ecology of Xenopus Laevis |publisher=Bcb.uwc.ac.za |accessdate=2013-06-08}}</ref> ''Xenopus laevis'' e ''[[Xenopus muelleri]]'' viven ao longo do límite occidental do [[Gran Val Rift]]. A xente da zona subsahariana está xeralmente moi familiarizada con esta especie, e algunhas culturas úsana como unha fonte de [[proteína]]s, un [[afrodisíaco]], ou unha medicina para a fertilidade, xa que con frecuencia estes anfibios comen insectos que conteñen [[cantaridina]].<ref>http://www.thefreelibrary.com/Historic+priapism+pegged+to+frog+legs.-a09296480</ref>
 
Na natureza os ''Xenopus laevis'' son frecuentemente infectados por varios parasitos,<ref name=Theunissen/> como os [[platihelmintos]] [[Monogenea]] que infectan a [[vexiga urinaria]].
Liña 56:
Aínda que ''X. laevis'' non ten un tempo curto de xeración nin a simplicida<de xenética desexable en organismos modelo xenéticos, é un importante organismo modelo en [[bioloxía do desenvolvemento]], [[bioloxía celular]], [[toxicoloxía]] e [[neurobioloxía]]. ''X. laevis'' tarda de 1 a 2 anos en chegar á madurez sexual e é [[tetraploide]]. Porén o seu [[embrión]] é grande e fácil de manipular, o que fixo que se usase moito en estudos de bioloxía do desenvolvemento. Outra especie relacionada, ''[[Xenopus tropicalis]]'', está agora sendo promovida como un modelo máis viable para estudos xenéticos. [[Roger Wolcott Sperry]] utilizou ''X. laevis'' nos seus famosos experimentos para describir o desenvolvemento do sistema visual, que levaron á formulación da [[hipótese da cromoafinidade]].
 
Os [[ovocito]]s de ''Xenopus'' son un interesante sistema de expresión en [[bioloxía molecular]]. Ao inxectaren [[ADN]] ou [[ARNm]] no ovocito ou no embrión en desenvolvemento, os científicos poden estudar os produtos proteicos nun sistema controlado. Isto permite a expresión funcional rápida de ADNs manipulados (ou ARNm). Isto é especialmente útil en [[electrofisioloxía]], onde a facilidade de rexistro no ovocito fai que a expresión de canais de membrana sexa moi útil. Un problema no traballo con ovocitos é eliminar as proteínas nativas que poderían crear confusión nos resultados, como canais e membrana nativos. A [[tradución de proteínas]] pode ser bloqueada ou o [[splicing|empalme]] do [[pre-ARNm]] pode ser modificado por inxección de oligos [[antisentido]] [[Morpholino]] no ovocito (para que se distribúan por todo o embrión) ou nas fases temperás do embrión (para que se distribúan só nas células fillas da célula do embrión inxectada).<ref>{{CiteCita journalpublicación periódica
| last1 = Nutt | first1 = S. L.
| last2 = Bronchain | first2 = O. J.
Liña 72:
}}</ref>
 
Os extractos dos ovos de ''X. laevis'' son tamén utilizados comunmente para estudos bioquímicos da [[replicación do ADN|replicación]] e [[reparación do ADN]], xa que estes extractos soportan unha completa replicación do ADN e outros procesos relacionados nun ambiente libre de células que permite unha doada manipulación.<ref name="pmid3779837">{{citeCita journalpublicación periódica |author=Blow JJ, Laskey RA |title=Initiation of DNA replication in nuclei and purified DNA by a cell-free extract of Xenopus eggs |journal=Cell |volume=47 |issue=4 |pages=577–87 |date=November 1986 |pmid=3779837 |doi=10.1016/0092-8674(86)90622-7}}</ref>
 
O primeiro vertebrado que foi clonado foi ''X. laevis'', un experimento polo cal Sir John Gurdon foi galardoado co [[Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía]] en 2012 "polo seu descubrimento de que as células maduras poden ser reprogramadas para facerse pluripotentes".<ref>http://www.nobelprize.org/nobel_prizes/medicine/laureates/2012/</ref>
 
Adicionalmente, varios individuos de ''X. laevis'' foron enviados ao espazo na [[lanzadeira espacial Endeavour]] en 1992 para que os científicos puideses comprobar se a reprodución e o desenvolvemento podían ocorrer con normalidade en [[gravidade]] cero.<ref>{{citeCita web|url=http://news.google.com/newspapers?nid=110&dat=19920914&id=TMMLAAAAIBAJ&sjid=2VUDAAAAIBAJ&pg=6899,5891647 |title=Ludington Daily News - Sep 14, 1992, p. 7 |publisher=News.google.com |date=1992-09-14 |accessdate=2013-06-08}}</ref><ref>{{citeCita web|url=http://news.google.com/newspapers?nid=1955&dat=19920911&id=84U0AAAAIBAJ&sjid=x6MFAAAAIBAJ&pg=1106,4192511 |title=Reading Eagle - Sep 11, 1992, p. A8 |publisher=News.google.com |date=1992-09-11 |accessdate=2013-06-08}}</ref>
 
''X. laevis'' é tamén notable polo seu uso no primeiro método ben documentado de [[proba de embarazo]] ao descubrirse que a [[urina]] das mulleres preñadas inducía a produción de ovocitos de ''X. laevis''. Na urina das mulleres preñadas hai cantidades substanciais da [[hormona]] [[gonadotropina coriónica humana]] (HCG), e pode inxectarse HCG da que se dispón comercialmente en machos e femias de ''Xenopus'' para inducir o comportamento reprodutor destes anfibios en catividade en calquera época do ano.<ref>Green, SL. The Laboratory Xenopus sp: The Laboratory Animal Pocket Reference Series. Editor: M. Suckow. Taylor and Francis Group, LLC, Boca Raton, Fla., 2010</ref>
 
=== Base de datos de organismo modelo para ''Xenopus'' ===
[[Xenbase]] é a [[base de datos]] de organismo modelo para ''Xenopus laevis'' e ''[[Xenopus tropicalis]]''.<ref>{{citeCita web|url=http://www.xenbase.org |title=xenbase.org}}</ref>
 
== Como mascota ==
[[Ficheiro:Xenopus laevis var albino.jpg|miniatura|dereita|250px|Exemplar [[albinismo|albino]].]]
[[Ficheiro:Gemeiner Krallenfrosch - Xenopus laevis - aus Afrika ArM.jpg|250px|miniatura|dereita|Vista frontal.]]
''Xenopus laevis'' utilízase como mascota e como animal de laboratorio desde a década de 1950. Son moi resistentes e de vida longa, e en catividade chegaron algúns a vivir ata 20 ou 30 anos.<ref>{{citeCita web|url=http://www.npr.org/templates/story/story.php?storyId=17547979&ps=rs |title=NPR December 22, 2007 |publisher=Npr.org |date=2007-12-22 |accessdate=2013-06-08}}</ref>
 
Nas tendas de mascota os ''X. laevis'' son con frecuencia confundidos con ''Hymenochirus'', que soin moi similares. Porén poden distinguirse doadamente polas seguintes características:
Liña 95:
== Como praga ==
 
Este anfibio é un voraz predador e adáptase doadamente a moitos hábitats.<ref>{{citeCita web|author=Dr. James A. Danoff-Burg |url=http://www.columbia.edu/itc/cerc/danoff-burg/invasion_bio/inv_spp_summ/xenopus_laevis.htm |title=ADW: Columbia: Introduced Species Summary Project |publisher=Columbia.edu |accessdate=2013-06-08}}</ref> Por esta razón, pode facilmente converterse nunha especie invasora daniña. Poden viaxar a curtas distancias ata outros [[corpo de auga|corpos de auga]], e documentáronse casos de que algúns poden sobrevivir a conxelacións suaves. Poden devastar as poboacións nativas de ras e outras criaturas ao comérenlles as súas crías.
 
En Estados Unidos descubríronse en 2003 poboacións de ''Xenopus laevis'' nunha lagoa de [[San Francisco]],<ref>{{cite news | url = http://www.foxnews.com/story/0,2933,258519,00.html | publisher = FoxNews | title = Killer Meat-Eating Frogs Terrorize San Francisco | date=2007-03-14}}</ref><ref>{{cite news | url = http://www.sfgate.com/bayarea/matier-ross/article/THE-KILLER-FROGS-OF-LILY-POND-San-Francisco-2610411.php | publisher = San Francisco Chronicle | title = The Killer Frogs of Lily Pond:San Francisco poised to checkmate amphibious African predators of Golden Gate Park | archiveurl = http://web.archive.org/web/20130606100110/sfgate.com/bayarea/matier-ross/article/THE-KILLER-FROGS-OF-LILY-POND-San-Francisco-2610411.php | archivedate = 2013-06-06 | dead-url = no}}</ref> e a súa tenencia, transporte ou venda está prohibida en varios estados de [[EUA]].<ref>{{citeCita web|url=http://archives.starbulletin.com/2002/07/03/news/story14.html |title=ADW: Honolulu Star-Bulletin Wednesday, July 3, 2002 |publisher=Archives.starbulletin.com |date=2002-07-03 |accessdate=2013-06-08}}</ref><ref>[http://www.gnb.ca/0062/regs/92-74.htm ADW: New Brunswick Regulation 92-74] {{wayback|url=http://www.gnb.ca/0062/regs/92-74.htm |date=20110819075642 }}</ref><ref>{{citeCita web|url=http://www.gnb.ca/0062/acts/ |title=ADW: New Brunswick Acts and regulations |publisher=Gnb.ca |accessdate=2013-06-08}}</ref> En Europa existen colonias silvestres no sur de [[País de Gales]].<ref>{{citeCita web|author=John Measey |url=http://www.bcb.uwc.ac.za/presents/focuson/frogs/feral.htm |title=Feral Xenopus laevis in South Wales, UK |publisher=Bcb.uwc.ac.za |accessdate=2013-06-08}}</ref>
 
''X. laevis'' pode ser un importante [[vector epidemiolóxico]] e a fonte inicial do fungo [[Chytridiomycota]] ''[[Batrachochytrium dendrobatidis]]'', o cal foi implicado no drástico declive das pobaoacións de anfibios en moitas partes do mundo ao causar [[quitridiomicose]], que non afecta a ''X. laevis'', o cal fai del un portador moi eficaz.<ref name=Chytrid/>