Giardia intestinalis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: species = '''''G. intestinalis''''' → species = '''G. intestinalis''', genus = ''Giardia'' → genus = Giardia
m Arranxos varios, replaced: {{Cite web → {{Cita web (3), |thumb| → |miniatura| (5)
Liña 28:
O trofozoíto é piriforme e con simetría bilateral. Posúe oito [[flaxelo]]s, 2 anteriores, 2 posteriores, 2 ventrais e 2 caudais, que lle dan mobilidade. Na cara ventral presenta unha estrutura con forma de disco bilobulado, que lle serve para fixarse á superficie do epitelio intestinal. Na cara dorsal encima do disco bilobulado hai dous núcleos ovalados con grandes cariosomas (agrupacións de cromatina no núcleo) e falta de [[cromatina]] periférica, dándolle aos seus dous núcleos unha aparencia de halo. Ao longo da superficie ventral existen uns elementos chamados corpos mediais. Reprodución por división binaria lonxitudinal moi rápida. Alimentación por [[fagocitose]] e [[pinocitose]] do contido intestinal a través da superficie dorsal.

[[Ficheiro:Giardia cyst.JPG|thumbminiatura|Quiste de ''Giardia'' tinguido con [[lugol]].]]
O quiste ten unha lonxitude de 15 μm con forma ovalada. Posúe 4 núcleos que sempre aparecen nun polo da célula. Non ten flaxelos pero si restos dos axonemas flaxelares, e os corpos mediais duplicados. A parede é transparente e moi resistente tanto a factores físicos coma químicos.

''Giardia'' é un parasito que carece de [[mitocondria]]s, de aí que teña un metabolismo fermentativo, polo que é un dos poucos eucariotas que carecen dese [[orgánulo]]. Pero, aínda que carecen de mitocondrias, teñen uns orgánulos especiais que son vestixios das mitocondrias, polo que se considera que "''Giardia'' non era primitivamente amitocondrial e que retivo un orgánulo funcional derivado do endosimbionte mitocondrial orixinal" <ref>{{Cita publicación periódica|author=Tovar J |title=Mitochondrial remnant organelles of Giardia function in iron-sulphur protein maturation |journal=Nature |volume=426 |issue=6963 |pages=172–6 |year=2003 |pmid=14614504 |doi=10.1038/nature01945|author2=León-Avila G|author3=Sánchez LB|display-authors=3|last4=Sutak|first4=Robert|last5=Tachezy|first5=Jan|last6=Van Der Giezen|first6=Mark|last7=Hernández|first7=Manuel|last8=Müller|first8=Miklós|last9=Lucocq|first9=John M.}}</ref> Este orgánulo denomínase [[mitosoma]]. Tampouco teñen [[aparato de Golgi]].

''Giardia'' depende da [[glicosa]] como a súa maior fonte de enerxía e degrada [[fermentación|fermentativamente]] a glicosa a [[etanol]], [[acetato]] e [[dióxido de carbono]]. Como carece de mitocondrias non ten [[ciclo do ácido cítrico]], [[fosforilación oxidativa]] e ciclo do [[glutatión]].<ref>{{CiteCita web|url=http://microbewiki.kenyon.edu/index.php/Giardia |title=Giardia - MicrobeWiki |publisher=Microbewiki.kenyon.edu |date= |accessdate=2010-07-29}}</ref> Pode utilizar tamén [[arxinina]] como fonte de enerxía.<ref name=pmid9504342>{{Cita publicación periódica|author=Brown DM, Upcroft JA, Edwards MR, Upcroft P |title=Anaerobic bacterial metabolism in the ancient eukaryote Giardia duodenalis |journal=International Journal for Parasitology |volume=28 |issue=1 |pages=149–64 |year=1998 |pmid=9504342 |doi=10.1016/S0020-7519(97)00172-0 |url=http://www.mitochondrial.net/showabstract.php?pmid=9504342}}</ref> Posúe rutas bioquímicas peculiares que suxiren que diverxiu doutros [[eukarya|eucariotas]] nun estadio temperán da [[evolución]].<ref name=pmid9504342/>

As vitaminas do grupo B e os [[sal biliar|sales biliares]], xunto coa glicosa, son necesarios para a supervivencia de ''Giardia'', e viuse nos ratos que unha dieta baixa en [[carbohidrato]]s reduce o número de células de ''Giardia''.<ref>{{Cita libro|title=Giardia and Giardiasis |last1=Erlandsen |last2=Meyer |isbn=0-306-41539-9 |year=1984 |publisher=Plenum Press |location=New York}}</ref>
Liña 46:

== Ciclo de vida ==
[[Ficheiro:Giardia life cycle en.svg|right|thumbminiatura|Ciclo de vida de ''Giardia intestinalis''.]]
[[Ficheiro:Giardia lamblia cytology closeup.jpg|thumbminiatura|''Giardia intestinalis'' nunha preparación citolóxica dunha biopsia.]]
[[Ficheiro:Giardiasis duodenum high.jpg|thumbminiatura|'''Xiardíase''' nunha biopsia duodenal.]]
[[Ficheiro:giardia.jpg|right|thumbminiatura|400px|Varias imaxes dun só exemplar dun quiste de ''Giardia intestinalis'' con microscopio confocal. Barra = 10 [[micrómetro]]s.
(A) Quiste visto só con transmisión (contraste de interferencia diferencial).
(B) Parede do quiste resaltada selectivamente con anticorpos fluorescentes (TRITC) específicos para o quiste.
(C) Quiste visto usando carboxi fluoresceína diacetato, unha tinguidura vital.
(D) Imaxe composta de (B) e (C).
(E) Imaxe composta de (A), (B), e (C).]]

O seu ciclo de vida empeza cando un quiste non infectivo se excreta coas [[feces]] dun individuo infectado. O quiste é resistente e proporciona protección á calor e ao frío, desecación, e infección por parte doutros organismos. Unha característica distintiva do quiste é que ten catro [[núcleo celular|núcleos]] e un [[citoplasma]] retraído. Unha vez que un [[hóspede]] o inxeriu, emerxe con forma de trofozoíto pasando a un estado activo móbil, que se alimenta.
Liña 81:
* Filice en 1922 revisou de novo o xénero ''Giardia'' e publicou unha detallada descrición morfolóxica e propuxo o nome de tres especies baseándose na morfoloxía do corpo medio: ''Giardia agilis'', ''Giardia duodenalis'' e ''Giardia muris''.

Coñécense casos antigos de epidemias de disentería posiblemente causados por ''Giardia'', como a que afectou aos [[Cruzadas|cruzados]] en Palestina nos séculos XII e XIII.<ref>{{Cita publicación periódica|doi=10.1016/j.jas.2007.11.017 |title=Dysentery in the crusader kingdom of Jerusalem: an ELISA analysis of two medieval latrines in the City of Acre (Israel) |year=2008 |last1=Mitchell |first1=Piers D. |last2=Stern |first2=Eliezer |last3=Tepper |first3=Yotam |journal=Journal of Archaeological Science |volume=35 |page=1849|issue=7}}</ref> Hai casos modernos, como os depósitos de auga contaminados por ''Giardia'' en [[Noruega]] ([[Bergen]], 2004, e [[Oslo]], 2007) ou en [[Sidney, Australia|Sidney]], [[Australia]] en 1998.<ref>{{CiteCita web|author=AVJonathan Tisdall   |url=http://www.aftenposten.no/english/local/article2052645.ece |title=Oslo water unsafe - Aftenposten - News in English |publisher=Aftenposten.no |date= |accessdate=2010-07-29}}</ref><ref>{{CiteCita web|url=http://www.vann-og-avlopsetaten.oslo.kommune.no/ |title=Hovedside - Vann- og avløpsetaten - Oslo kommune |publisher=Vann-og-avlopsetaten.oslo.kommune.no |date= |accessdate=2010-07-29}}</ref>

== Notas ==