A eclipse do darwinismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{cite book → {{Cita libro (11), {{cite journal → {{Cita publicación periódica (3)
Liña 15:
 
# O [[rexistro fósil]] era descontinuo, o que indicaba interrupcións na evolución.<ref name=Bowler23/>
# O físico [[Lord Kelvin]] calculou en 1862 que a [[idade da Terra]] era de entre 20 e 400 millóns de anos<ref name="England et al 2007"> {{citeCita publicación journalperiódica | author = England, P.| author2 = Molnar, P.| author3 = Righter, F. | title = John Perry's neglected critique of Kelvin's age for the Earth: A missed opportunity in geodynamics | journal = GSA Today |date=January 2007 | volume = 17 | issue = 1
| pages = 4–9 | doi = 10.1130/GSAT01701A.1 }}</ref>, o que era demasiado pouco tempo para a evolución.{{efn|Anos despois o descubrimento da [[radioactividade]] explicaba a existencia dunha continua fonte de calor dentro da Terra, que unha idade de mil millóns de anos ou máis, o que apoiaba a posición de Darwin.<ref>{{Harv|Bowler|1983|p=3}}</ref>}}<ref name=Bowler23/>
# Argumentouse que moitas estruturas eran non adaptativas (sen función), polo que non terían evolucionado por selección natural.<ref name=Bowler23/>
Liña 30:
[[Ficheiro:Alternatives to Darwinism.svg|miniatura|upright=2.0|As [[alternativas á evolution por selección natural]] incluída a evolución directa ([[ortoxénese]]), que ás veces invocaba un control divino directo ou indirecto.]]
 
Diversos factores motivaron á xente a propoñer outros mecanismos evolutivos como [[alternativas á evlución por selección natural|alternativas á selecciónn natural]], algunhas das cales databan de antes do libro de Darwin ''A orixe das especies''. A selección natural, co seu énfase na morte e a competición, non atraía a moitos naturalistas porque sentían que era inmoral, e deixaba pouco espazo para a [[Teleoloxía en bioloxía|teleoloxía]] ou o concepto de progreso no desenvolvemento da vida.<ref>{{Harv|Bowler|2003|p=197}}</ref><ref>{{Harv|Larson|2004|pp=119–120}}</ref> Algúns destes científicos e filósofos, como [[St. George Jackson Mivart]] e [[Charles Lyell]], que acabaron aceptando a evolución pero non lles gustaba a selección natural, poñían obxeccións de tipo relixioso.<ref>{{Harv|Quammen|2006|pp=209–210}}</ref> Outros, como [[Herbert Spencer]], o botánico [[George Henslow]] (fillo do mentor de Darwin [[John Stevens Henslow]], tamén botánico), e [[Samuel Butler (novelista) |Samuel Butler]], sentían que a evolución era un proceso inherentemente progresivo que a selección natural por si soa non podía explicar. E outros, como os paleontólogos norteamericanos [[Edward Drinker Cope]] e [[Alpheus Hyatt]], tiñan unha perspectiva idealizada e sentían que a natureza, incluída o desenvolvemento da vida, [[Ortoxénese|seguía padróns ordenados]] que a selección natural non podía explicar.<ref name="Bowler196-250"/>
 
Outro factor era a aparición dunha nova facción de biólogos a finais do século XIX, como o xenetista [[Hugo de Vries]] e [[Thomas Hunt Morgan]], que querían reestruturar a bioloxía converténdoa principalmente nunha ciencia experimental de laboratorio. Non confiaban no traballo de naturalistas como Darwin e [[Alfred Russel Wallace]], que dependían das observacións de campo sobre as variacións, adaptacións, e [[bioxeografía]], considerando que estas eran excesivamente anecdóticas. Ao contrario, eles centrábanse en temas como a [[fisioloxía]] e [[xenética]] que podían ser facilmente investigadas con [[experimento controlado|experimentos controlados]] no laboratorio, e menosprezaban a selección natural e o grao ao cal os organismos se adaptaban ao seu ambiente, que non podía ser comprobado doadamente de maneira experimental.<ref>{{Harv|Endersby|2007|pp=143–147,182}}</ref>
Liña 40:
[[Ficheiro:Jean Louis Agassiz 1870.jpg|miniatura|upright|[[Louis Agassiz]] (aquí en 1870, con debuxos de [[Radiata]]) cría nunha secuencia de creacións na cal a humanidade era a culminación do plan divino.]]
 
A ciencia británica desenvolveuse a inicios do século XIX baseándose na [[teoloxía natural]], que consideraba a adaptación de especies que eran fixas unha evidencia de que foran creadas especialmente cun [[argumento teolóxico|deseño divino deliberado]]. Os conceptos filosóficos do [[idealismo alemán]] inspiraron os conceptos dun plan ordenado de creación harmoniosa, que [[Richard Owen]] reconciliou coa teoloxía natural como un padrón de [[Homoloxía (bioloxía)|homoloxías]] que mostraban a evidencia dun deseño. De maneira similar, [[Louis Agassiz]] consideraba a [[teoría da recapitulación]] como símbolo dun padrón dunha secuencia de creacións na cal a humanidade era a meta dun plan divino. En 1844 a obra ''[[Vestiges of the Natural History of Creation]]'' adaptou o concepto de Agassiz ao evolucionismo teísta. O seu autor anónimo [[Robert Chambers]] propuxo unha "lei" de desenvolvemento progresivo ordenado pola divindade, no que a [[transmutación das especies]] era unha ampliación da teoría da recapitulación. Isto popularizou a idea, pero foi fortemente criticado polos científicos establecidos. Agassiz seguiu opoñéndose enerxicamente á [[evolución]], e despois de trasladarse a América en 1846 o seu argumento idealista dun deseño dun desenvolvemento ordenado fíxose moi influente.<ref>{{Harv|Bowler|1983|pp=44–49}}</ref> En 1858 Owen propuxo cautelosamente que este desenvolvemento podería ser a expresión real dunha lei creativa continua, pero distanciouse dos transmutacionistas. Dous anos despois na súa revisión da obra ''[[A orixe das especies]]'' de Darwin, Owen atacou Darwin á vez que abertamente apoiaba a evolución<ref>{{Harv|Secord|2001|pp=424, 512}}</ref> expresando súa crenza nun padrón de transmutación por medios similares a unha lei. Este argumento idealista do deseño foi adoptado por outros naturalistas como [[George Jackson Mivart]] e o [[George Campbell, 8º Duque de Argyll |duque de Argyll]], que rexeitaba a selección natural no seu conxunto en favor de leis do desenvolvemento que guiaban a evolución por camiños preordenados.<ref>{{Harv|Bowler|1983|pp=46, 49–50}}</ref>
 
Moitos dos seguidores de Darwin aceptaron a evolución porque podía reconciliarse co deseño. En particular, [[Asa Gray]] considerou que a selección natural era o principal mecanismo da evolución e tratou de reconciliala coa teoloxía natural. Propuxo que a selección natural podería ser un mecanismo no cal o [[problema do mal]] que supoñía sufrir producía o ben maior da adaptación, pero concedía que isto tiña dificultades e suxería que Deus podería influír nas variacións sobre as cales actuaba a selección natural para guiar a evolución.<ref>{{Harv|Bowler|2003|pp=203–206}}</ref> Para Darwin e [[Thomas Henry Huxley]] esa penetrante influencia sobrenatural estaba máis alá da investigación científica, e [[George Frederick Wright]], un sacerdote ordenado que era colega de Gray no desenvolvemento da evolución teísta, puxo a énfase na necesidade de buscar causas secundarias ou coñecdias en lugar de recorrer a explicacións sobrenaturais: "Se deixamos de observar esta regra poñemos final a toda ciencia e a toda ciencia sólida."<ref>{{Harv|Larson|2004|pp=110–111}}</ref>
Liña 54:
[[Ficheiro:Blind insects in Packard's Mammoth Cave and its Inhabitants 1872.jpg|miniatura|O libro de 1872 de [[Alpheus Spring Packard]] ''Mammoth Cave and its Inhabitants'' utilizou o exemplo dos escaravellos de cova (''[[Anophthalmus]]'' e ''[[Ptomaphagus|Adelops]]'') que se fixeran cegos para argumentar en favor da evolución lamarckista por medio do desuso herdado dos órganos.]]
 
No século XIX o termo [[neolamarckismo]] acabou por estar asociado coa posición dos [[naturalista]]s que pensaban que a herdanza dos caracteres adquiridos como o mecanismo evolutivo máis importante. Entre os partidarios desta posición estaba o escritor británico e crítico de Darwin [[Samuel Butler|Samuel Butler]], o biólogo alemán [[Ernst Haeckel]], os paleontólogos estadonidenses [[Edward Drinker Cope]] e [[Alpheus Hyatt]], e o entomólogo estadounidense [[Alpheus Spring Packard |Alpheus Packard]]. Consideraban que o lamarckismo era máis progresivo e dese modo filosoficamente superior á idea da selección natural de Darwin que actuaba sobre a variación aleatoria. Butler e Cope crían que isto permitía aos organismos impulsar a súa propia evolución, xa que os organismos que desenvolvían novos comportamentos cambiaban os padróns de uso dos seus órganos e así facían arrancar o proceso evolutivo. Ademais, Cope e Haeckel coidaban que a evolución era un proceso progresivo. A idea do progreso liñal era unha parte importane da [[teoría da recapitulación]] da evolución de Haeckel, que sostiña que o [[desenvolvemento embrionario]] dun organismo repite a súa historia evolutiva. Cope e Hyatt buscaban, e pensaban que atoparan, padróns de progresión liñal no rexistro fósil.<ref name="Bowler236"/><ref name="Larson125_129">{{Harv|Larson|2004|pp=125–129}}</ref> Packard argumentou que a perda de visión nos insectos cegos de covas estudados explicábase mellor por medio dun proceso lamarckista da atrofia polo desuso combinado coa herdanza dos caracteres adquiridos.<ref>{{citeCita booklibro|last1=Packard|first1=Alpheus Spring |last2=Putnam|first2=Frederic Ward|authorlink1=Alpheus Spring Packard|title=The Mammoth Cave and its Inhabitants |publisher=Salem Naturalists' Agency |date=1872 |page=12|url=https://archive.org/details/mammothcaveandi01putngoog |oclc=04356215}}</ref> Packard tamén escribiu un libro sobre Lamarck e a súa obra.<ref name="Bowler236"/><ref name="Quammen217"/>
 
Moitos propoñentes norteamericanos do neolamarckismo estaban fortemente influenciados por [[Louis Agassiz]] e varios deles, como Hyatt e Packard, foron os seus estudantes. Agassiz tiña unha visión idealista da natureza, conectada coa [[teoloxóia natural]], que enfatizaba a importancia da orde e os padróns. Agassiz nunca aceptou a evolución, pero os seus seguidores si, aínda que continuaron o seu programa de buscar padróns ordenados na natureza, que consideraron consistentes coa idea da divina providencia, e preferiron mecanismos evolutivos como o neolamarckismo e a ortoxénese que probablemente a producían.<ref name="Bowler236">{{Harv|Bowler|2003|pp=236–244}}</ref><ref name="Quammen217">{{Harv|Quammen|2006|pp=217–219}}</ref>
Liña 85:
A teoría mutacionista da evolución de 1901 mantiña que as especies pasaban por períodos de rápida mutación, posiblemente como resultado de estreses ambientais, que podían producir múltiples mutacións, e nalgúns casos especies completamente novas, nunha soa xeración. O teoría orixinouna o botánico holandés Hugo de Vries. De Vries buscou as evidencias de mutacións o suficientemente amplas como para poder producir novas especies nunha soa xeración e pensaba que as encontrara nos seus traballos de investigación sobre a planta ''[[Oenothera]]'', que empezaron en 1886. As plantas coas que traballou de Vries parecían estar producindo constantemente novas variedades con abraiantes variacións na forma e cor, algunhas das cales parecían ser novas especies porque as plantas da nova xeración só podían cruzarse entre si e non coa súa xeración parental. O propio DeVries dáballe un papel no proceso á selección natural na determinación de que novas especies sobrevivirían, pero algúns xenetistas influídos polo seu trabllo, incluíndo Morgan, pensaban que a selección natural non era en absoluto necesaria. As ideas de de Vries foron moi influentes nas dúas primeiras décadas do século XX, xa que algúns biólogos pensaban que a teoría das mutacións podía explicar a súbita aparición de novas formas no rexistro fósil; a investigación sobre ''Oenothera'' estendeuse por todo o mundo. Con todo, os críticos como moitos naturalistas de campo preguntábanse por que ningún outro organismo parecía mostrar o mesmo tipo de mutacións rápidas.<ref>{{Harv|Endersby|2007|pp=148–162}}</ref>
 
Morgan apoiaba a teoría das mutacións de de Vries e esperaba reunir probas no seu favor cando empezou a traballar no seu laboratorio coa mosca do vinagre ''[[Drosophila melanogaster]]'' en 1907. Porén, foi un investigador dese laboratorio, [[Hermann Joseph Muller]], o que determinou en 1918 que as novas variedades que de Vries observara en ''Oenothera'' eran o resultado de [[hibrido (bioloxía)|híbridos]] [[poliploidía|poliploides]] e non de mutacións xenéticas rápidas.<ref>{{Harv|Endersby|2007|pp=202–205}}</ref><ref>{{citeCita journalpublicación periódica |last1=Ramsey |first1=Justin |last2=Ramsey |first2=Tara S. |title=Ecological studies of polyploidy in the 100 years following its discovery |journal=Phil Trans Royal Society B |date=August 2014 |volume=5 |issue=369 |page=20130352 |doi=10.1098/rstb.2013.0352 |pmid=4071525 |url=https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC4071525/}}</ref> Aínda que tiñan dúbidas sobre a importancia da selección natural, o traballo de xenetistas como Morgan, Bateson, de Vries e outros desde 1900 a 1915 asentaron firmemente a [[xenética mendeliana]] ligada á [[Teoría cromosómica de Sutton e Bovery|herdanza cromosómica]], que validaba as críticas de August Weismann á evolución neolamarckista ao desbotar a [[herdanza dos caracteres adquiridos]]. O traballo do laboratorio de Morgan con ''Drosophila'' tamén minou o conepto de ortoxénese ao demostrar a natureza aleatoria das mutacións.<ref>{{Harv|Bowler|2003|pp=269–272}}</ref>
 
== Fin da eclipse ==
Liña 97:
== Historiografía ==
 
O concepto de eclipse suxire que a investigación darwinista quedou detida, e parece que implica á súa vez que isto fora precedido dun período de vigorosa actividae darwinista entre os biólogos. Porén, historiadores da ciencia como Mark Largent argumentaron que aínda que os biólogos aceptaban amplamente o gran número de evidencias sobre a evolución presentadas en ''A orixe das especies'', había un entusiasmo menor en favor da selección natural como mecanismo explicativo. Ao contrario, os biólogos buscaban explicacións alternativas máis en consonancia coas súas visións do mundo, entre as que estaban a crenza de que a evolución debe ser dirixida e de que constitúe unha forma de progreso. Ademais, falar dun período de eclipse total conviña a científicos como Julian Huxley, que desexaba presentar a síntese moderna como un brillante novo logro, e caracterizar en consecuencia o período precedente como escuro e confuso. Por tanto, o libro de Huxley de 1942 ''[[Evolution: The Modern Synthesis]]'', segundo argumentou Largent, suxería que a denominada síntese moderna empezou despois dun longo período de eclipse que durou ata a década de 1930, no cal os mendelianos, neolamarckistas, mutacionistas e weismannianos, por non falar de embriólogos e [[teoría da recapitulación|recapitulacionistas]] [[Haeckel]]ianos batallaban entre eles.<ref name=Largent/> A idea dun eclipse tamén lle permitiu a Huxley apartarse do que para el era unha inconveniente asociaión da evolución con aspectos como o [[darwinismo social]], [[euxenesia]], [[imperialismo]] e [[militarismo]].<ref name=Largent/> Conta como o libro de [[Michael Ruse]] <ref name=Largent/> ''Monad to Man''<ref name=Ruse1996>{{Harv|Ruse|1996|}}</ref> foi ignorado, segundo Largent, por case todos os biólogos evolucionistas americanos de inicios do século XX. Largent propuxo unha alternativa á metáfora da eclipse, a interfase do darwinismo, por ser a [[ìnterfase]] un período de quietude no [[ciclo celular|ciclo]] da división celular.<ref name=Largent>{{citeCita journalpublicación periódica |first=Mark A. |last=Largent |title=The So-Called Eclipse of Darwinism |journal=Descended from Darwin: Insights into the History of Evolutionary Studies, 1900–1970 |publisher=American Philosophical Society |year=2009 |url=http://www.ucl.ac.uk/sts/staff/cain/projects/descended_from_darwin/pdfs/cain-and-ruse_01-largent.pdf}}</ref>
 
== Notas e referencias ==
Liña 114:
=== Bibliografía ===
 
* {{citeCita booklibro |last=Bowler |first=Peter J. |authorlink=Peter J. Bowler |title=Evolution:The History of an Idea |publisher=University of California Press |year=2003 |isbn=0-520-23693-9 |ref=harv}}
* {{citeCita booklibro |last=Bowler |first=Peter J. |authorlink=Peter J. Bowler |title=The Eclipse of Darwinism: anti-Darwinian evolutionary theories in the decades around 1900 |publisher=Johns Hopkins University Press |year=1983 |isbn=978-0-8018-4391-4 |ref=harv}}
* {{citeCita booklibro |last=Darwin |first=Charles |author-link=Charles Darwin |year=1872 |title=The Origin of Species by Means of Natural Selection, or the Preservation of Favored Races in the Struggle for Life |edition=6th |publication-place=London |publisher =John Murray |url=http://darwin-online.org.uk/content/frameset?itemID=F391&viewtype=text&pageseq=1 |isbn=1-904633-78-1 |ref=harv}}
* {{citeCita booklibro |last=Endersby |first=Jim |title=A Guinea Pig's History of Biology |publisher=Harvard University Press |year=2007 |isbn=0-674-02713-2 |ref=harv}}
* {{citeCita booklibro |last=Huxley |first=Julian |authorlink=Julian Huxley |title=Evolution: the modern synthesis |publisher=Allen and Unwin |place=London |year=1942 |ref=harv}}
* {{citeCita booklibro |last=Larson |first=Edward J. |authorlink=Edward Larson |title=Evolution:The Remarkable History of Scientific Theory |publisher=Modern Library |year=2004 |isbn=0-679-64288-9 |ref=harv}}
* {{citeCita booklibro |editor-last=Mayr |editor-first=Ernst | editor2-last=Provine |editor2-first=W. B. |title=The Evolutionary Synthesis: Perspectives on the Unification of Biology |publisher=Harvard University Press |year=1998 |isbn=0-674-27225-0 |ref=harv}}
* {{citeCita booklibro |last=Quammen |first=David |authorlink=David Quammen |title=The Reluctant Mr. Darwin |publisher=Atlas Books |year=2006 |isbn=0-393-05981-2 |ref=harv}}
* {{citeCita booklibro |last1=Ruse |first1=Michael |title=Monad to Man: The Concept of Progress in Evolutionary Biology |date=1996 |publisher=Harvard University Press |isbn=978-0-674-03248-4 |ref=harv}}
* {{citeCita booklibro |last=Secord |first=James A. | title=Victorian Sensation: The Extraordinary Publication, Reception, and Secret Authorship of Vestiges of the Natural History of Creation | publisher=University of Chicago Press | year=2001 |isbn=978-0-226-74410-0 |ref=harv}}
 
{{ORDENAR:Eclipse do darwinismo, A}}