León VI o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 5:
Do seu pai [[Basilio I]] herdou un imperio moito máis extenso e poderoso que o que fora desde época de [[Xustiniano I]] no [[século VI]]. Con todo, el e o seu pai odiábanse, e é posíbel que León non fose fillo de Basilio, senón de [[Miguel III]], o titular do Imperio anterior a Basilio. Basilio estivo a piques de cegar a León no seu adolescencia. En 886, Basilio morreu nun accidente de caza, aínda que no seu leito de morte sostivo que se trataba en realidade dun intento de asasinato no que estaría posibelmente implicado o propio León.
 
León terminou a compilación das ''Basilica'', a tradución [[lingua grega|grega]] e posta ao día do código xurídico creado por [[Xustiniano I]], que se iniciara durante o reinado de Basilio.
 
León non logrou tantos éxitos no campo de batalla como Basilio, quen nunca fora derrotado polos [[búlgaro]]s, mentres que en [[894]] estes derrotaron ao exército de León. En [[895]] tivo máis éxito, tras aliarse por primeira vez cos [[pobo maxiar|maxiares]], aínda que en [[896]], sen o apoio maxiar, os bizantinos volverían ser derrotados.
Liña 12:
 
En [[907]] [[Constantinopla]] sufriu un ataque dos [[Rus de Kiev]], que intentaban conseguir dereitos comerciais máis vantaxosos co Imperio. León pagoulles para lograr a paz, pero estes atacaron de novo en [[911]], e finalmente houbo que asinar un tratado comercial. Por outra banda, León non tivo tanto éxito contra os [[Arabia|árabes]], que derrotaron á frota bizantina cando esta trataba de recuperar [[illa de Creta|Creta]] en [[912]]. Tras esta derrota, León enfermou e morreu ao pouco tempo. Como o seu fillo era aínda un neno, o irmán de León e o seu coemperador nominal (aínda que sen poder real) [[Alexandre III de Bizancio|Alexandre III]] pasou a ser o novo emperador.
 
 
{{Commons|Leo VI}}
 
 
{{Gobernante|