Diferenzas entre revisións de «Bicarbonato»

m
Arranxos varios
m (Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q409202)
m (Arranxos varios)
Os '''bicarbonatos''', tamén chamados '''carbonatos ácidos''' e '''hidroxenocarbonatos''', son os sales derivados do [[ácido carbónico]], H<sub>2</sub>CO<sub>3</sub>, que conteñen o [[anión]] HCO<sub>3</sub><sup>-</sup>.
 
Aínda que o nome ''bicarbonato'' está moi estendido en case todos os idiomas, non está recomendado pola [[Unión Internacional de Química Pura e Aplicada|IUPAC]], que prefire o nome antigo, '''anión carbonato ácido''', para o anión, ou, para os sales, '''carbonato ácido''' do metal correspondente, ou mellor aínda, o nome sistemático, '''anión hidroxenotrioxocarbonato (IV)''' ou, para os sales, '''hidroxenotrioxocarbonato (IV)''' do metal correspondente.
 
O bicarbonato máis importante é o [[bicarbonato de sodio]]. Debido á súa relativamente baixa [[solubilidade]] é un intermediario clave no proceso de obtención do [[carbonato de sodio]] segundo o métoto [[Solvay]].
 
Os bicarbonatos encóntranse en equilibrio cos [[carbonato]]s, [[auga]] e [[dióxido de carbono|anhídrido carbónico]] (CO<sub>2</sub>). Este equilibrio intervén nunha multitude de procesos naturais e artificiais. O corpo emprega [[catalizador]]es de [[zinc]] para que se produza máis rapidamente e facilitar así a [[respiración]].
 
O feito de que o [[bicarbonato de calcio]], Ca(HCO<sub>3</sub>)<sub>2</sub>, sexa máis solúbel que o [[carbonato de calcio]], CaCO<sub>3</sub>, (que integra as [[rocha]]s [[calcaria]]s) é moi importante en [[xeoquímica]] e conduce á formación dos [[carso|sistemas cársicos]] nas rochas calcarias.
* [[Carbonato]]
* [[Bicarbonato de sodio]]
 
 
[[Categoría:Química inorgánica]]
393.002

edicións