Les Borges Blanques: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Imaxe:Les_Borges_Blanques_-_Monument_al_pagès_de_Les_Garrigues.jpg|miniatura|Monumento ao pagès de Garrigues, no parque de Les Borges Blanques. Prensa de aceite do século XVI.]]
 
'''Les Borges Blanques''' é un municipio da [[provincia de Lleida]], en [[España]]. É a capital da comarca das [[Garrigues]]. Sitúase entre a zona regada polo [[canle de Urgell]] e as zonas da depresión central. O cultivo de oliveiras, almendros, cereal e árbores froiteiras é a ocupación principal das xentes deste municipio, así como a industria e os servizos.
 
== Comunicacións ==
Ten saída de autoestrada e estación de ferrocarril e de autobús.
 
== Economía ==
O seu aceite é mundialmente moi apreciado (especialmente o da variedade arbequina). A mediados do século XX o aceite exportábase (case na súa totalidade) a Italia e alí vendíano como de orixe italiana ou ben o utilizaban para mellorar os seus propios.
 
== Prehistoria ==
Liña 13:
 
== Lugares de interese ==
O Paseo do Terrall con cisnes, patos e un xardín acolle unha prensa de aceite antiga e os monumentos á [[Sardana]], a [[Mauthausen]] e a [[Francesc Macià]].
 
Praza con arcos de grosas columnas e edificios de boa factura. Rúa antiga (Hospital) con linteis do século XVI. Nesta rúa existe unha pequena capela coñecida como "A Capelleta" dedicada á [[Virxe das Dores]] (''Verge dels Dolors'').
 
No interior da Ermida de San Salvador (4 [[km]] en dirección a Cerviá) pódense ver dous frescos, un deles dedicado aos campesiños de Lles Garrigues. A Fonte Vella, á beira da Ermida de San Cristovo, acolle un merendero para excursionistas.
 
Tamén é importante o antigo Palacio do Marqués de Oliveiral, que hoxe en día é o edificio do Concello.
 
Xunto á estrada que vai á localidade de [[Juneda]] atópase a Masía Salat, onde é posible visitar o Parque Temático do Aceite. Ao edificio central, que acolle as salas de exposicións, coñéceselle como Torre Salga. Estivo habitado polos templarios no século XIII. Consérvanse os arcos construídos por estes monxes guerreiros durante os séculos XII e XIII.
 
No exterior pódense contemplar 55 oliveiras milenarias da variedade "farga" e unha colección de prensas. Posiblemente sexa o mellor museo de España dedicado ao aceite de oliva.