John Dunstable: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
m Arranxos varios
Liña 23:
 
[[Ficheiro:O rosa bella - John Dunstable.ogg|miniatura|''O rosa bella'', de Jonh Dunstable]]
'''John Dunstable''' ou '''John Dunstaple'''<ref>Nas fontes musicais inglesas da época vense as dúas ortografías en igual proporción, o cal se mantén ata a época contemporánea. Con todo, nas outras fontes (non musicais) consta sempre "Dunstaple", o que conduciu a musicóloga Margaret Bent a preferir esa ortografía. </ref>, nado arredor de [[1390]], probablemente en [[Dunstable]], condado de [[Bedfordshire]], e finado en [[Londres]] o 24 de decembro de [[1453]], foi un [[compositor]] (sobre todo da música sacra vocal), [[matemático]] e [[astrónomo]] [[Inglaterra|inglés]], cuxas innovacións [[Harmonía (música)|harmónicas]] exerceron unha fonda influencia sobre determinados compositores de principios do [[Renacemento]], tales como [[Guillaume Dufai|Guillaume Dufay]] e [[Gilles Binchois]].<ref>''[http://www.epdlp.com/compclasico.php?id=4304 John Dunstable]''. En ''El poder de la palabra''. ''(en castelán)''</ref><ref>''[https://global.britannica.com/biography/John-Dunstable John Dunstable]''. En ''Encyclopaedia Britannica''.</ref>
 
== Traxectoria ==
John Dunstable debeu ter recibido unha educación de boa calidade, aínda que non hai testemuños escritos sobre este aspecto. Suponse que estivo ao servizo do primeiro duque de Bedford, [[Xoán de Lancaster]] (cuarto fillo de [[Henrique IV de Inglaterra]] e irmán de[[Henrique V de Inglaterra| Henrique V]]) antes de [[1427]], con quen tería viaxado a [[Francia]], onde o duque exerceu os cargos de rexente de Francia (1422-1429) e gobernador de [[Normandía]] (1429-1435).
 
Probablemente sexa por este motivo polo que as súas composicións foron conservadas sobre todo en manuscritos do continente e polo que se aprecien no seu estilo tantas influencias da música do [[Europa central|centro de Europa]]. O duque de Bedford teríalle facilitado coñecer a música<span> italiana</span>: "Dunstable acepta as suxestións, mais escribe sobre todo segundo o gusto inglés"<ref>Ulrich Michels, ''Guide illustré de la musique'', p. 235.</ref> .
 
A data en que comeza a compoñer é tamén incerta; ningunha das súas pezas figura no manuscrito Old Hall, a principal colección de música inglesa da fin do século XIV e o comezo do XV. Con todo, o seu [[motete]] ''Preco preheminencie'' foi, sen dúbida, cantado ante Henry V e [[Sexismundo, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Sexismundo I]] na [[catedral de Canterbury]], co gallo da misa de acción de grazas polo final do [[sitio de Harfleur]] e a batalla do Sena<ref name="emmerson">Richard K. Emmerson, ''Key Figures in Medieval Europe: An Encyclopedia'', Routledge, 2013, p. 186.</ref>.
 
Tras a morte do duque de Bedford, traballou para a raíña [[Xoana de Navarra]] (1427-1436) e para Humphrey de Lancaster, duque de Gloucester. Os rexistros fiscais de [[1436]] reflicten que Dunstable tivo propiedades en Normandía, en Cambridgeshire e en Londres. E de maneira diferente á maioría dos compositores da súa época, non hai indicio ningún de que fose crego.
 
O epitafio de Dunstable na igrexa de San Estevo de Walbrook, en Londres, di que era "príncipe da música, matemático e astrónomo". A igrexa foi destruída no gran incendio de Londres, pero este epitafio, que se conservaba por escrito, desde o século [[XVII]], foi gravado novamente en 1904, na nova igrexa construída por [[Christopher Wren]].
 
== Obras ==
A edición completa da súa obra, publicada en [[1953]] na colección ''Musica Britannica'', conta con cincuenta e cinco composicións, nove das cales son de atribución dubidosa. Con todo, podería ser o compositor de máis de setenta pezas que chegasen á época contemporánea<ref name="emmerson">Richard K. Emmerson, ''Key Figures in Medieval Europe: An Encyclopedia'', Routledge, 2013, p. 186.</ref>. Principalmente conserváronse en fontes continentais (Norte de Italia, [[Alpes]] do Sur). Cómpre ter en conta que case todos os manuscritos musicais producidos en Inglaterra foron destruídos durante a disolución dos mosteiros, entre 1536 e 1540. Trátase principalmente de motetes isorrítmicos en latín. A melodía é fluída e cantable. O ''[[cantus firmus]]'', baixo unha forma ornamentada, pasa por todas as voces.
 
Entre as composicións de Dunstable que chegaron a nós hai exemplos de todos os principais tipos e estilos de [[polifonía]] que existían no seu tempo: motetes isorrítmicos<ref>''Isorritmo'' (do grego, co significado de "ritmo igual"): repetición nunha das voces dunha composition musical (xeralmente o tenor), dun modelo rítmico durante unha sección ou unha composición enteira.</ref>, seccións de misas, [[Canción|canciónscanción]]s profanas e diversos textos litúrxicos musicados para tres voces. Os seus doce motetes isorrítmicos amosan que esa a forma antiga aínda estaba de moda.
 
As composicións historicamente consideradas como máis importantes de Dunstable son as pezas sacras para tres voces, musicacións de antífonas, himnos e outros textos litúrxicos ou bíblicos.
Liña 74:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Margaret Bent. "Dunstaple". En ''Oxford Studies of Composers''. Oxford University Press. Londres, 1981. ISBN: 0-19-315225-8]
* Gustave Reese. ''Music in the Renaissance''. W.W. Norton & Co. Nova York, 1954. [ISBN: 0-393-09530-4]
* Ulrich Michels. ''Guide illustré de la musique''. Fayard, 1995. [ISBN: 2-213-02373-5]
* Donald Jay Grout; Claude V. Palisca. ''A History of Western Music''. Norton, 1996. [ISBN: 0393969045]
* Dr. Christian Zentner; Claudia Richter. ''Musik, Ottus Verlag''. Saint-Gall, 2005.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.medieval.org/emfaq/composers/dunstaple.html Discografía incompleta de John Dunstable.] {{en}}
* [[scores:Category:Dunstaple,_John John|Partituras de John Dunstable]] en [[International Music Score Library Project|''International Music Score Library Project.'']] {{en}}
* [http://www.medieval.org/emfaq/composers/dunstaple.html Discografía de John Dunstable] ''(en inglés)''
*[http://www.musicaantigua.com/john-dunstable-y-el-final-del-medievo-ingles/ "John Dunstable y el final del Medievo inglés"]. En ''MusicaAntigua.com'' ''(en castelán)''
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Compositores do Reino Unido]]
[[Categoría:Finados en 1453]]