Aaron North: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎Jubilee: Arranxos varios
Liña 32:
 
=== Jubilee ===
North formou Jubilee a finais do ano [[2007]] co seu antigo compañeiro de The Icarus Line Troy Petrey, e co baixista [[Michael Shuman]] ([[Queens of the Stone Age]], Wires On Fire). A banda comezou unha breve xira polo [[Reino Unido]] en xaneiro do [[2008]] con membros de Wires On Fire como parte da formación. O grupo regresou ao [[Reino Unido]] a finais dese ano para completar unha xira máis extensa. Jubilee leva editados só dous sinxelos, "Rebel Hiss" e "In With The Out Crowd". O seu álbum de estrea aínda non editado, os sinxelos, caras-b e cancións extra incluén interpretación dunha grande cantidade de baterías, entre os que están [[Dave Grohl]], Julian Gross, Nick Jago, [[Joey Castillo]], Carla Azar, [[Josh Freese]], Loren Humphrey, Kevin Haskins, [[Taylor Hawkins]] e [[Josh Homme]]. Outras colaboracións para o álbum inclúen a [[Trent Reznor]] e a [[Maynard James Keenan]]. A finais do [[2008]], a banda tivo outro cambio de formación, marchandose [[Michael Shuman]]. O seu álbum de estrea supostamente está rematado dende finais do [[2008]], pero está sendo atrasado ata conseguir unha formación estable que se encargue da súa xira de promoción.
 
En xullo do [[2009]] revelouse que [[Tony Bevilacqua]] ([[Spinnerette]], [[The Distillers]], The Drips, Darker My Love) era o novo guitarrista do grupo, e que Jenni Tarma (Eskimohunter, Har Mar Superstar, [[Kylie Minogue]]) o novo baixista. A banda anunciou que enviarían un EP chamado ''After the Crash'' a aqueles que se suscribiran ao seu servizo Topspin.