Excalibur: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 3:
Orixinalmente recibiu outros nomes: ''Caliburn'', nos escritos de [[Godofredo de Monmouth|Geoffrey de Monmouth]]; e ''Caledfwlch'', en antigas narracións galesas como ''Culhwch ac Olwen''. Esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg", que significaría "espada escintilante".
 
A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do Rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.
 
== A obtención de Excalibur ==
Existen diversas historias sobre como Artur se fixo posuidor da mítica espada. Geoffrey de Monmouth só di que a mesma foi forxada en [[Ávalon]], sen dar máis detalles.
 
No Ciclo da [[Lanzarote-Grial|Vulgata]] cóntase que Artur recibe a espada dunha ninfa chamada a [[Dona do Lago]]. Porén hai outra historia (máis difundida, mais que segundo os primeiros escritos non era a orixinal) na cal se conta que Artur obtivo Excalibur ao extraela dunha pedra, e que a espada foi forxada por [[Merlín]]. En resumo, Excalibur é a espada máis poderosa que nunca existiu, pois dáballe o poder a quen a posuíra de non ser ferido nunca.