Saba (téxtil): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: Arranxos varios
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Bed_in_Seattle_hotel.jpg|miniatura|Sabas brancas nunha cama.]]
Unha '''saba''' é cada unha das dúas pezas de [[tea]], de forma rectangular, que se colocan sobre o [[colchón]] ou almadraque para deitarse entre elas<ref>[http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=saba Definición no dicionario da [[Real Academia Galega]].]</ref>.
 
O lenzo pode ser de [[Algodón|cotón]], [[liño]] ou algún material sintético. As sabas foron tradicionalmente brancas, mais agora utilízanse cores e deseños moi variados: estampadas, dunha soa cor e mesmo incluíndo imaxes temáticas ou personaxes populares, o que é habitual para leitos infantís.
Liña 7:
 
Un xogo de sabas inclúe:
* Unha <span>''saba baixeira '' é</span> a que se pon derriba do colchón para protexelo. Pode ser:
** Estándar.
** Axustábel, nese caso conta con elásticos nos ángulos para axustala con facilidade ao colchón ou almadraque.
* Unha ''saba cimeira'', é a que se coloca por riba da anterior, por baixo do [[cobertor]]. Caracterízase polo deseño particular dun dos extremos que actuará de embozo, quedando polo tanto á vista.
* Aínda non sendo unha saba, a funda do [[traveseiro]] adoita venderse en conxunto coas pezas anteriores para harmonizar en deseño.