A eclipse do darwinismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 86:
A teoría mutacionista da evolución de 1901 mantiña que as especies pasaban por períodos de rápida mutación, posiblemente como resultado de estreses ambientais, que podían producir múltiples mutacións, e nalgúns casos especies completamente novas, nunha soa xeración. O teoría orixinouna o botánico holandés Hugo de Vries. De Vries buscou as evidencias de mutacións o suficientemente amplas como para poder producir novas especies nunha soa xeración e pensaba que as encontrara nos seus traballos de investigación sobre a planta ''[[Oenothera]]'', que empezaron en 1886. As plantas coas que traballou de Vries parecían estar producindo constantemente novas variedades con abraiantes variacións na forma e cor, algunhas das cales parecían ser novas especies porque as plantas da nova xeración só podían cruzarse entre si e non coa súa xeración parental. O propio DeVries dáballe un papel no proceso á selección natural na determinación de que novas especies sobrevivirían, pero algúns xenetistas influídos polo seu trabllo, incluíndo Morgan, pensaban que a selección natural non era en absoluto necesaria. As ideas de de Vries foron moi influentes nas dúas primeiras décadas do século XX, xa que algúns biólogos pensaban que a teoría das mutacións podía explicar a súbita aparición de novas formas no rexistro fósil; a investigación sobre ''Oenothera'' estendeuse por todo o mundo. Con todo, os críticos como moitos naturalistas de campo preguntábanse por que ningún outro organismo parecía mostrar o mesmo tipo de mutacións rápidas.<ref>{{Harv|Endersby|2007|pp=148–162}}</ref>
 
Morgan apoiaba a teoría das mutacións de de Vries e esperaba reunir probas no seu favor cando empezou a traballar no seu laboratorio coa mosca do vinagre ''[[Drosophila melanogaster]]'' en 1907. Porén, foi un investigador dese laboratorio, [[Hermann Joseph Muller]], o que determinou en 1918 que as novas variedades que de Vries observara en ''Oenothera'' eran o resultado de [[hibrido (bioloxía)|híbridos]] [[poliploidía|poliploides]] e non de mutacións xenéticas rápidas.<ref>{{Harv|Endersby|2007|pp=202–205}}</ref><ref>{{cite journal |last1=Ramsey |first1=Justin |last2=Ramsey |first2=Tara S. |title=Ecological studies of polyploidy in the 100 years following its discovery |journal=Phil Trans Royal Society B |date=August 2014 |volume=5 |issue=369 |page=20130352 |doi=10.1098/rstb.2013.0352 |pmid=4071525 |url=https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC4071525/}}</ref> Aínda que tiñan dúbidas sobre a importancia da selección natural, o traballo de xenetistas como Morgan, Bateson, de Vries e outros desde 1900 a 1915 asentaron firmemente a [[xenética mendeliana]] ligada á [[teoríaTeoría cromosómica de Sutton e BoveriBovery|herdanza cromosómica]], que validaba as críticas de August Weismann á evolución neolamarckista ao desbotar a [[herdanza dos caracteres adquiridos]]. O traballo do laboratorio de Morgan con ''Drosophila'' tamén minou o conepto de ortoxénese ao demostrar a natureza aleatoria das mutacións.<ref>{{Harv|Bowler|2003|pp=269–272}}</ref>
 
== Fin da eclipse ==