A eclipse do darwinismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 72:
[[Ficheiro:Titanothere Osborn.jpg|miniatura|O libro de 1918 de [[Henry Fairfield Osborn]] ''Origin and Evolution of Life'' afirmaba que a evolución dos cornos dos [[titanoterios]] eran un exemplo de tendencia [[Ortoxénese|ortoxenética]] en evolución.]]
 
A ortoxénese era a teoría que sostiña que a vida tiña unha tendencia innata a cambiar nunha forma uniliñal nunha dirección determindadeterminada. O termo foi popularizado por [[Theodor Eimer]], un zoólogo alemán, no seu libro de 1898 ''Sobre a ortoxénese: E a impotencia da selección natural na formación de especies''. El estudara a coloración das [[bolboreta]]s, e cría que descubrira características non adaptativas que non podían ser explicadas por selección natural. Eimer tamén cría na herdanza lamarckista dos caracteres adquiridos, pero consideraba que as leis internas do crcementocrecemento determinaban que caracerísticas serían adquiridas e guiadas na dirección a longo prazo da evolución seguindo certos camiños.<ref name="Quammen221">{{Harv|Quammen|2006|p=221}}</ref>
 
A ortoxénese tiña un seguimento significativo no século XIX, entre os seus propoñentes estaban o biólogo ruso [[Leo S. Berg]], e o paleontólogo norteamericano [[Henry Fairfield Osborn]].<ref>{{Harv|Bowler|2003|p=249}}</ref> A ortoxénese era especialmente popular entre algúns paleontólogos, que crían que o rexistro fósil mostraba padróns de cambio unidireccional gradual e constante. Porén, os que aceptaban esta idea, non necesariamente aceptaban que o mecanismo impulsor da ortoxénese fose [[teleoloxía|teleolóxico]] (dirixido a un obxectivo). Crían que as tendencias ortoxenéticas non eran adaptativas; de feito, pensaban que nalgunsnalgúns casos orixinaban desenvolvementos que eran prexudiciais para o organismo, como as grandes cornamentas do cervo irlandés xigante ''[[Megaloceros giganteus]]'', que eles crían que o leváronolevaron aá [[extinción]].<ref name="Quammen221"/>
 
O apoio á ortoxénese empezou a declinar durante o auxe da [[síntese moderna]] na década de 1940, cando quedou claro que non podía explicar os complexos padróns de ramificación da evolución revelados pola análise estatística do rexistro fósil feita polos paleontólogos. Porén, uns poucos biólogos permaneceron fieis á idea da ortoxénese ata a década de 1950, afirmando que o proceso da [[macroevolución]], a tendencia a longo prazo da evolución sobre grandes [[taxon]]s, era distinta do proceso da [[microevolución]].<ref name="Bowler196-250"/><ref name="Larson105-129"/>