A eclipse do darwinismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 64:
[[Ficheiro:Weismann's Germ Plasm.svg|miniatura|upright=1.5|A teoría do [[plasma xerminal]] de [[August Weismann]] afirmaba que o material hereditario está confinado ás [[gónada]]s. As [[célula somática|células somáticas]] novas formábanse en cada xeración a partir do plasma xerminal, polo que os cambios no corpo adquiridos durante a vida non podían afectar á seguinte xeración como era necesario no neolamarckismo.]]
 
Os críticos do neolamarckismo sinalaron que ninguén presentara sólidas probas da [[herdanza dos caracteres adquiridos]]. O traballo experimental do biólogo alemán [[August Weismann]] produciu como resultado a teoría do [[plasma xerminal]] da herdanza. Isto levoulles a declarar que a herdanza de caracterísitcas adquiridas era imposible, xa que a [[barreira de Weismann]] impediría que calquera cambio que se producise no corpo despois do nacemento fose herdado pola seguinte [[xeración]]. Isto polarizou efectivamente o argumento entre os darwinistas e os neolamarckistas, xa que forzou á xente a elixir entre estar de acordo ou en desacordo con Weismann e, por tanto, coa evolución por selección natural.<ref>{{Harv|Bowler|1983|pp=41–42}}</ref> Malia as críticas de Weismann, os neolamarckistas seguían sendo a alternativa máis popular á selección natural a finais do século XIX, e seguiu sendo a posición dalgúns naturalistas a inicios do século XX.<ref name="Larson125_129"/><ref>{{Harv|Bowler|2003|pp=253–255}}</ref>
 
==== Efecto Baldwin ====