A eclipse do darwinismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 75:
A ortoxénese tiña un seguimento significativo no século XIX, entre os seus propoñentes estaban o biólogo ruso [[Leo S. Berg]], e o paleontólogo norteamericano [[Henry Fairfield Osborn]].<ref>{{Harv|Bowler|2003|p=249}}</ref> A ortoxénese era especialmente popular entre algúns paleontólogos, que crían que o rexistro fósil mostraba padróns de cambio unidireccional gradual e constante. Porén, os que aceptaban esta idea, non necesariamente aceptaban que o mecanismo impulsor da ortoxénese fose [[teleoloxía|teleolóxico]] (dirixido a un obxectivo). Crían que as tendencias ortoxenéticas non eran adaptativas; de feito, pensaban que nalguns casos orixinaban desenvolvementos que eran prexudiciais para o organismo, como as grandes cornamentas do cervo irlandés xigante ''[[Megaloceros giganteus]]'', que eles crían que o levárono a [[extinción]].<ref name="Quammen221"/>
 
O apoio á ortoxénese empezou a declinar durante o auxe da [[síntese moderna]] na década de 1940, cando quedou claro que non podía explicar os complexos padróns de ramificación da evolución revelados pola análise estatística do rexistro fósil feita polos paleontólogos. Porén, uns poucos biólogos permaneceron fieis á idea da ortoxénese ata a década de 1950, afirmando que o proceso da [[macroevolución]], a tendencia a longo prazo da evolución sobre grandes [[taxon]]s, era distinta do proceso da [[microevolución]].<ref name="Bowler196-250"/><ref name="Larson105-129"/>
 
=== Mutacionismo ===