Philadelphia Eagles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 57:
En [[1937]] os Eagles mudáronse ao Shibe Park, xogando os seus partidos como local nese estadio até [[1957]]. Como excepción, na temporada 1941 xogaron no Municipal Stadium, onde xa xogaran anteriormente. En 1954 o Shibe Park mudou o seu nome a Connie Mack Stadium.
 
<blockquote>Para adaptar Shibe Park ao fútbol durante o inverno, a xerencia colocou bancadas nas parte dereita do campo, paralelalmente á 20th Street. Con 20 pés (6 metros) de altura, estas "bancadas orientais" tiñan 22 filas de asientos. Estas bancadas descubertas aumentaron a capacidade de Shibe Park por riba dos 39.000 espectadores, aínda que rara vez atraeron máis de 25-30.000.<ref>{{citeCita booklibro |title=To Every Thing a Season: Shibe Park and Urban Philadelphia, 1909–1976 |last=Kuklick |first=Bruce |year=1993 |publisher=Princeton University Press |isbn=0-691-02104-X |page=86 |url=https://books.google.com/?id=1mN2Ejq-5VMC&pg=PA86 |accessdate=May 27, 2009}}</ref></blockquote>
 
Durante a súa primeira década de historia, os Eagles tiveron que soportar varias malas tempadas. En decembro de 1940, o dono dos [[Pittsburgh Steelers]], Art Rooney, vendeu a súa franquía a Alexis Thompson por 160.000 dólares, para despois utilizar a metade das ganancias para adquirir a metade dos dereitos dos Eagles ao seu amigo Bert Bell. Pouco despois, Bell e Rooney traspasaron a franquía a Thompson, o cal a traslada a [[Pittsburgh]] (co nome de "Steelers"), mentres que Thompson traslada aos Steelers a [[Filadelfia]] (co nome de "Eagles").
 
En 1943, coa a escaseza de man de obra derivada da [[Segunda Guerra Mundial]], fíxose imposíbel completar o equipo. Para solucionar o problema, o equipo fusiónase cos Pittsburgh Steelersformando os "Phil-Pitt Eagles", populamente coñecidos como "Steagles". A finais da década de 1940, o adestrador en xefe Earle "Greasy" Neale e o corredor [[Steve Van Buren]] conseguiron levar ao equipo a tres finais da [[National Football League]] (NFL) consecutivas, gañando dúas delas en 1948 e 1949. Na primeira derrotaron aos [[Chicago Cardinals]] por 7-0 baixo unha tormenta de neve e na segunda a [[Los Angeles Rams]] por 14-0. Eses dous campionatos colocan aos Eagles como o único equipo da NFL en gañar dous campionatos consecutivos logrando manter o marcador a 0.
 
Despois da temporada 1947, os Eagles mudáronse dende o Connie Mack Stadium ao Franklin Field da Universidade de Pensilvania. Este estadio permitía acoller até 60.000 espectadores, aumentando os anteriores 30.000 do Connie Mack.<ref name="The Eagles Encyclopedia">{{citeCita booklibro|title=The Eagles Encyclopedia |last=Didinger |first=Ray |author2=Robert S. Lyons |year=2005 |publisher=Temple University Press|isbn=1-59213-449-1 |url=}}</ref> En 1969 o estadio mudou o céspede por AstroTurf, sendo a primeira franquía da NFL en utilizar céspede artificial. En 1960, os Eagles gañaron o seu terceiro campionato da NFL, baixo o liderado dos futuros membros do [[Pro Football Hall of Fame]] Norm van Brocklin e Chuck Bednarik; o adestrador en xefe era Buck Shaw. Os Eagles de 1960, cun marcador de 17-13, convertéronse no único equipo en derrotar a [[Vince Lombardi]] e os seus [[Green Bay Packers]] nos playoffs.<ref>{{cita web|url=http://bleacherreport.com/articles/32885-philadelphia-eagles-the-1960-nfl-champions|título=Philadelphia Eagles: The 1960 NFL Champions|data=26 de xuño de 2008|autor=Klinkner, Chris|lingua=inglés}}</ref>
 
=== Caída e rexurdimento (1961-1984) ===