Pedro II do Brasil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 31:
|sucesor0 = Abolición da monarquía<br/>[[Primeira República Brasileira]]
}}
'''Pedro&nbsp;II do Brasil''', nado no [[pazo de São Cristóvão]], [[Río de Janeiro]], o [[2 de decembro]] de [[1825]] e finado en [[París]] o [[5 de decembro]] de [[1891]], foi o segundo e último [[Imperio do Brasil|emperador do Brasil]]. Alcumado "o magnánimo",{{sfn|Barman|1999|p=85}} o seu reinado como emperador durou máis de 58 anos.<ref>{{citeCita booklibro | last1 = Viana | first1 = Hélio | year = 1994 | language = pt| title = História do Brasil: período colonial, monarquia e república | edition = 15ª | publisher = Melhoramentos | location = São Paulo | isbn = 978-85-06-01999-3 | ref = harv |p=467}}</ref> Foi o sétimo fillo do emperador [[Pedro&nbsp;I do Brasil]] e a emperatriz [[María Leopoldina de Austria|María Leopoldina]], e polo tanto membro da rama brasileira da [[casa de Braganza]]. A abrupta abdicación e marcha cara a Europa do seu pai en [[1831]] deixou a Pedro II como emperador, legándolle unha infancia e adolescencia desalentadora e solitaria. Obrigado a pasar o tempo estudando en preparación para o seu reinado, só conseguiu ter breves momentos de felicidade e tivo poucas amizades da súa idade. As súas experiencias coas intrigas da corte e coas disputas políticas durante este período afectaron en gran mediada o seu carácter posterior, converténdose nun home cun forte sentido do deber e devoción cara ó seu país e a súa xente, mais resentido polo seu papel de monarca.
 
Herdando un imperio ó bordo da desintegración, Pedro&nbsp;II levou o [[Brasil]] de [[lingua portuguesa|fala portuguesa]] a ser unha potencia emerxente no ámbito internacional. A nación medrou ata distinguirse dos seus veciños hispánicos grazas a súa estabilidade política, a celosamente protexida [[liberdade de expresión]], o respecto polos [[dereito civil|dereitos civís]], un crecemento económico vibrante e especialmente pola súa forma de goberno: unha [[monarquía constitucional|monarquía parlamentaria representativa]] funcional. O Brasil tamén obtivo a vitoria en tres conflitos internacionais (a [[guerra da Prata]], a [[guerra do Uruguai]] e a [[guerra do Paraguai]]) baixo o seu reinado, e prevaleceu en varias outras disputas internacionais e tensións domésticas. Pedro&nbsp;II promoveu incondicionalmente a abolición da [[escravitude]] malia a oposición de poderosos intereses políticos e económicos. Considerado un sabio por propio dereito, o emperador estableceu unha reputación de vigoroso patrocinador da aprendizaxe, da cultura e das ciencias. Conseguiu o respecto e admiración de eruditos como [[Charles Darwin|Darwin]], [[Victor Hugo]] e [[Friedrich Nietzsche|Nietzsche]], e trabou amizade con [[Richard Wagner|Wagner]], [[Louis Pasteur|Pasteur]] e [[Henry Wadsworth Longfellow|Henry Wadsworth]] entre outros.
Liña 43:
 
=== Coroación temperá ===
[[FileFicheiro:RetratodompedroIIcrianca.JPG|miniatura|esquerda|180px|Retrato de Pedro&nbsp;II ós 12 anos de idade, 1838]]
Á súa partida do país, o emperador Pedro&nbsp;I seleccionou a tres persoas para que se fixesen cargo do seu fillo e das súas outras fillas. O primeiro deles foi [[José Bonifácio de Andrada]], amigo seu e líder influínte durante a [[Independencia do Brasil|independencia brasileira]], a quen nomeou gardián do seu fillo.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=17}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=50}} A segunda foi Mariana de Verna, quen xa actuara como ''aia'' (institutriz) dende o nacemento de Pedro&nbsp;II.{{sfn|Carvalho|2007|p=31}} De neno, o entón príncipe imperial chamábaa "''Dadama''", xa que non era capaz de pronunciar a palabra ''dama'' de forma correcta.{{sfn|Calmón|1975|p=5}} Considerábaa a súa nai substituta, e continuou chamándoa polo seu alcume ata ben entrada a idade adulta por aprecio.{{sfn|Barman|1999|p=29}}{{sfn|Besouchet|1993|p=39}} O terceiro foi Rafael, un [[afrobrasileiro]] veterano da [[guerra Cisplatina]]{{sfn|Carvalho|2007|p=31}}{{sfn|Calmón|1975|p=57}} empregado no Pazo de São Cristóvão e con quen Pedro&nbsp;I tiña unha profunda confianza, pedíndolle que coidase do seu fillo, tarefa que Rafael desempeñou durante o resto da súa vida.{{sfn|Vainfas|2002|p=198}}{{sfn|Calmón|1975|p=57}}
 
Liña 52:
== Consolidación ==
=== Establecemento da autoridade imperial ===
[[FileFicheiro:Pedro II of Brazil by Rugendas 1846 original.jpg|thumb|200px|Pedro&nbsp;II ós 20 anos de idade, 1846]]
A eliminación da rexencia trouxo estabilidade ó goberno. Pedro&nbsp;II estaba considerado en todo o país como unha fonte lexítima de autoridade, cunha posición por riba do partidismo e das disputas insignificantes. Non obstante, Pedro seguía sendo un neno tímido, inseguro e inmaturo.{{sfn|Barman|1999|pp=74–75}} A súa natureza era resultado da súa infancia, na que experimentara o abandono, a intriga e a traizón.{{sfn|Barman|1999|p=66}} Un grupo de serventes de palacio de alto rango e políticos notables liderados por [[Aureliano Coutinho, visconde de Sepetiba|Aureliano Coutinho]] pasaron a ser coñecidos como a "Facción Cortesá", establecendo a súa influencia sobre o mozo emperador. Algúns deles eran persoas moi achegadas a el, como por exemplo Mariana de Verna ou o administrador [[Paulo Barbosa da Silva]].{{sfn|Barman|1999|p=49}} Estes "Cortesáns" utilizaron habilmente a Pedro&nbsp;II contra os seus inimigos, reais ou posibles.{{sfn|Barman|1999|p=80}}
 
Liña 66:
O éxito do imperio nestas crises mellorou de forma considerable a estabilidade e prestixio da nación, e o Brasil emerxeu como un poder hemisférico.{{sfn|Levine|1999|pp=63–64}} No eido internacional, os europeos comezaron a considerar ó país como unha encarnación de ideais liberais familiares, destacando na [[liberdade de prensa]] e o respecto constitucional polos [[dereito civil|dereitos civís]]. O seu sistema de monarquía parlamentaria representativa tamén resultaba ser un claro contraste coa mestura de [[ditadura]]s e inestabilidade endémica do resto de nacións de [[América do Sur]] durante este período.{{sfn|Skidmore|1999|p=48}}{{sfn|Bethell|1993|p=76}}{{sfn|Graham|1994|p=71}}
 
== Desenvolvemento persoal ==
=== Política ===
[[FileFicheiro:Pedro II of Brazil 1851 edit.png|thumb|200px|left|Pedro&nbsp;II ós 25 anos de idade, c. 1851]]
A comezos dos anos 1850 o Brasil gozaba dunha estabilidade interna e dunha prosperidade económica.{{sfn|Barman|1999|p=159}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=100}} Baixo o mandato do primeiro ministro [[Honório Hermeto Carneiro Leão]] (posteriormente marqués do Paraná), o emperador avanzou no seu propio e ambicioso programa: a ''conciliação'' e os ''melhoramentos''.{{sfn|Barman|1999|p=162}} As reformas de Pedro&nbsp;II's estaban dirixidas a promover un menor partidismo político e a mellorar as infraestruturas e o desenvolvemento económico. A nación estaba interconectándose por medio do [[ferrocarril]] e das liñas de [[Telégrafo eléctrico|telégrafo]] e [[barco de vapor|barcos de vapor]], uníndose nunha única entidade.{{sfn|Barman|1999|p=159}} A opinión xeral, tanto doméstica coma internacional, era que estes logros foran posibles grazas ó "goberno do Brasil como unha [[monarquía]] e ó carácter de Pedro&nbsp;II".{{sfn|Barman|1999|p=159}}
 
Liña 76:
 
=== Vida doméstica ===
[[FileFicheiro:Princess Isabel and Leopoldina 1855 frame removed.png|thumb|200px|As fillas sobrevivintes de Pedro&nbsp;II en 1855: A princesa [[Leopoldina do Brasil|Leopoldina]] e a princesa [[Isabel, princesa imperial do Brasil|Isabel]] (sentada)]]
O matrimonio entre Pedro&nbsp;II e Tareixa Cristina tivo un mal comezo. Coa madurez, paciencia e a chegada do seu primeiro fillo [[Afonso, príncipe imperial do Brasil|Afonso]] a súa relación mellorou.{{sfn|Barman|1999|p=126}}{{sfn|Carvalho|2007|p=73}} Tareixa Cristina tivo outros tres fillos: [[Isabel, princesa imperial do Brasil|Isabel]] en 1846, [[Leopoldina do Brasil|Leopoldina]] en 1847 e finalmente [[Pedro, príncipe imperial do Brasil|Pedro]] en 1848.{{Sfn|Carvalho|2007|p=52}}{{Sfn|Barman|1999|p=127}}{{Sfn|Vainfas|2002|p=98}} Os seus dous fillos varóns faleceron moi novos, algo que devastou ó emperador.{{Sfn|Carvalho|2007|p=52}}{{Sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{Sfn|Barman|1999|p=129}} Por mor disto, a súa visión do futuro do imperio cambiou por completo. Malia o afecto que lle tiña ás súas fillas, non cría que a princesa Isabel, a súa herdeira, tería ningunha posibilidade de prosperar no trono, xa que consideraba que o seu sucesor debía ser varón para que a monarquía continuase sendo viable.{{sfn|Barman|1999|pp=129–130}} Consideraba cada vez máis que o sistema imperial estaba tan inextricablemente ligado a el mesmo que non lle sobreviviría.{{sfn|Barman|1999|p=130}} Isabel e a súa irmá recibiron unha educación excepcionalmente boa, mais non foron preparadas para gobernar a nación, e Pedro&nbsp;II excluíu a Isabel da participación nas cuestións e decisións gobernamentais.{{sfn|Barman|1999|pp=151–152}}
 
Liña 84:
 
=== Patrón das artes e das ciencias ===
[[FileFicheiro:Pedro II 1858.jpg|thumb|200px|left|Pedro&nbsp;II ós 32 anos de idade, c. 1858. Nos anos 1850 os libros comezaron a aparecer de forma prominente nos seus retratos, en referencia ó seu papel como defensor da educación.{{sfn|Schwarcz|1998|p=326}}]]
No ano 1862 Pedro escribiu no seu diario privado: "Nacín para consagrarme ás letras e ás ciencias".{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=104}}{{sfn|Carvalho|2007|p=77}} Demostrou sempre un grande entusiasmo pola aprendizaxe e nos libros atopou un refuxio das obrigas da súa posición.{{sfn|Barman|1999|p=116}}{{sfn|Besouchet|1993|p=59}} Interesáballe un amplo rango de temáticas, incluíndo a [[antropoloxía]], [[historia]], [[xeografía]], [[xeoloxía]], [[medicina]], [[dereito]], [[teoloxía]], [[filosofía]], [[pintura]], [[escultura]], [[teatro]], [[música]], [[química]], [[física]], [[astronomía]], [[poesía]] e [[tecnoloxía]] entre outras.{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=99}}{{sfn|Barman|1999|p=542}} Cando rematou o seu reinado, había tres bibliotecas no pazo de São Cristóvão que contiñan máis de 60&nbsp;000 libros en total.{{sfn|Carvalho|2007|p=227}} A súa paixón pola [[lingüística]] levouno a estudar novas linguas durante toda a súa vida, aprendendo a falar e escribir non só en [[lingua portuguesa|portugués]] senón tamén en [[lingua latina|latín]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua alemá|alemán]], [[lingua inglesa|inglés]], [[lingua italiana|italiano]], [[lingua castelá|castelán]], [[lingua grega|grego]], [[lingua árabe|árabe]], [[lingua hebrea|hebreo]], [[Lingua sánscrita|sánscrito]], [[lingua chinesa|chinés]], [[lingua occitana|occitano]] e [[lingua tupí|tupí]].{{sfn|Carvalho|2007|p=226}}{{sfn|Olivieri|1999|p=7}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=428}}{{sfn|Besouchet|1993|p=401}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=103}} Foi o primeiro fotógrafo brasileiros ó adquirir un [[daguerrotipo]] en marzo de 1840,<ref>{{citeCita booklibro | last1 = Vasquez | first1 = Pedro Karp | year = 2003 | language = pt| title = O Brasil na fotografia oitocentista | publisher = Metalivros | location = São Paulo | isbn = 978-85-85371-49-4 | ref = harv|p=77}}</ref>{{sfn|Schwarcz|1998|p=345}} instalou un laboratorio en São Cristóvão adicado á [[fotografía]] e outro adicado á química e á física, e tamén comisionou a construción dun observatorio astronómico.{{sfn|Barman|1999|p=117}}
 
O emperador consideraba a educación algo de importancia nacional e estaba considerado en si mesmo un exemplo concreto do valor da aprendizaxe.{{sfn|Barman|1999|pp=118–119}} Nunha ocasión afirmou: "Se non fose un emperador, gustaríame ser profesor. Non coñezo outra tarefa máis nobre que a de dirixir as mentes novas e preparar ós homes do mañá".{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=94–95}} Foi durante o seu reinado cando se creou o [[Instituto Histórico e Xeográfico Brasileiro]] para promover a investigación e a preservación nos campos da historia, xeografía, cultura e ciencias sociais.{{sfn|Schwarcz|1998|p=126}} Tamén se fundaron a Academia Imperial de Música e Ópera Nacional{{sfn|Schwarcz|1998|p=152}} e o [[Colégio Pedro II]], este último servindo como modelo para as escolas de todo o país.{{sfn|Schwarcz|1998|pp=150–151}} A [[Escola Nacional de Belas Artes]], establecida polo seu pai, recibiu reforzo e apoio adicionais.{{sfn|Schwarcz|1998|p=144}} Usando a súa asignación monetaria, Pedro&nbsp;II outorgou bolsas de estudo a mozos brasileiros para que asistisen a universidades, escolas de arte e conservatorios de música en [[Europa]].{{sfn|Barman|1999|p=119}}{{sfn|Carvalho|2007|p=99}} Tamén financiou a creación do [[Instituto Pasteur]], axudou a asegurar a construción do ''[[Bayreuth Festspielhaus]]'' de [[Richard Wagner|Wagner]] e contribuíu noutros proxectos semellantes.{{sfn|Carvalho|2007|pp=226–228}} Os seus esforzos nestes eidos foron recoñecidos tanto no seu país coma no estranxeiro. [[Charles Darwin]] dixo del: "O emperador fai tanto pola ciencia, que todo home científico está obrigado a amosarlle o máximo respecto."{{sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=182}}
 
Pedro&nbsp;II converteuse en membro da [[Royal Society]], da [[Academia Rusa das Ciencias]], das [[Reais Academias para a Ciencia e as Artes de Bélxica]] e da [[American Geographical Society]].{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=94, 194}}{{sfn|Calmón|1975|p=1787}}{{sfn|Barman|1999|p=280}} En 1875 foi elixido para ingresar na [[Academia Francesa das Ciencias]], unha honra outorgada previamente a tan só outros dous xefes de estado: [[Pedro I de Rusia|Pedro o Grande]] e [[Napoleón I de Francia|Napoleón Bonaparte]].{{sfn|Carvalho|2007|p=172}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=255}} Mantivo un intercambio de correspondencia con científicos, filósofos, músicos e outros intelectuais, e trabou amizade con moitos deles, incluíndo [[Richard Wagner]], [[Louis Pasteur]], [[Louis Agassiz]], [[John Greenleaf Whittier]], [[Michel Eugène Chevreul]], [[Alexander Graham Bell]], [[Henry Wadsworth Longfellow]], [[Arthur de Gobineau]], [[Frédéric Mistral]], [[Alessandro Manzoni]], [[Alexandre Herculano]], [[Camilo Castelo Branco]] e [[James Cooley Fletcher]].{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=179, 185, 187, 193, 195–196, 200, 236, 238}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=49, 57}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=201}}<ref>{{citeCita booklibro| last1 = Gray | first1 = Charlotte | year = 2006 | title = Reluctant Genius: The Passionate Life and Inventive Mind of Alexander Graham Bell | publisher = HarperCollins | location = Toronto | isbn = 978-0-00-200676-7|lingua=en | ref = harv|pp=137–138}}</ref> A súa erudición asombrou a [[Friedrich Nietzsche]] cando se coñeceron en persoa,{{sfn|Vainfas|2002|p=200}}{{sfn|Carvalho|2007|p=230}}{{sfn|Calmón|1975|p=1389}} [[Victor Hugo]] díxolle ó emperador: "Señor, é vostede un gran cidadán, vostede é o neto de [[Marco Aurelio]]", e [[Alexandre Herculano]] chamouno un "príncipe ó que a opinión xeral considera como o máis importante da súa época grazas a súa mente dotada, e debido á súa constante aplicación dese don para as ciencias e a cultura".{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=258}}{{sfn|Carvalho|2007|p=172}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=104}}
 
=== Confrontación có Imperio Británico ===
[[FileFicheiro:Familia imperial 1861.jpg|thumb|250px|Pedro&nbsp;II xunto a súa muller e fillas visitando unha granxa no sur da provincia de [[Minas Xerais]], 1861]]
A finais do ano 1859 Pedro&nbsp;II partiu nunha viaxe polas provincias ó norte da capital, visitando os estados de [[Espírito Santo, Brasil|Espírito Santo]], [[Baía, Brasil|Baía]], [[Sergipe]], [[Alagoas]], [[Pernambuco]] e [[Paraíba]]. Volveu en febreiro de 1860, tras catro meses de viaxe. Tivo un gran éxito, recibindo unha cálida e alegre benvida en tódolos lugares que visitou.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|pp=200–207}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=138–141}}{{sfn|Barman|1999|p=188}} A primeira metade dos anos 1860 foi de paz e prosperidade no Brasil. Mantivéronse as liberdades civís{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=200}}{{sfn|Barman|1999|p=192}} e Pedro defendeu con forza a [[liberdade de expresión]] que existira dende a independencia da nación.{{sfn|Carvalho|2007|p=84}}{{sfn|Besouchet|1993|p=508}} Consideraba os xornais da capital e das provincias un medio ideal para manterse ó tanto da opinión pública e da situación global do estado.{{sfn|Carvalho|2007|p=79}} Tamén seguía o estado do imperio por medio do contacto directo cos seus súbditos, con audiencias públicas regulares os martes e sábados, onde calquera procedente de calquera [[clase social]], incluíndo escravos, podía ser admitido e presentar as súas peticións e historias.{{sfn|Olivieri|1999|p=27}}{{sfn|Barman|1999|p=180}}{{sfn|Carvalho|2007|p=94}}. Tamén era habitual que visitara escolas, institutos, prisións, exhibicións, fábricas, barracas e outros actos públicos, que lle servían de oportunidades adicionais para obter información de primeira man.{{sfn|Barman|1999|p=184}}
 
Liña 103:
 
=== Primeiro Voluntario da Patria ===
[[FileFicheiro:Pedro II 1865 01.jpg|thumb|left|200px|Pedro&nbsp;II ós 39 anos de idade, 1865]]
Coa ameaza vixente da guerra co [[Imperio Británico]], o Brasil tivo que tornar a súa a atención cara as súas fronteiras do sur, ao comezar unha nova guerra civil no [[Uruguai]] na que os seus partidos políticos se enfrontaban os uns ós outros.{{sfn|Carvalho|2007|p=108}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=219}}{{sfn|Barman|1999|p=197}} Este conflito interno deu lugar ó [[asasinato]] de brasileiros e ó pillaxe das súas propiedades no Uruguai.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=220}} O goberno brasileiro decidiu intervir no conflito, temoroso de dar unha impresión de debilidade fronte ó conflito cos británicos.{{sfn|Carvalho|2007|p=107}} Un exército brasileiro invadiu o Uruguai en decembro de 1864, dando comezo á breve [[guerra do Uruguai]], que finalizaría en febreiro de 1865.{{sfn|Carvalho|2007|p=109}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|pp=224–225}}{{sfn|Barman|1999|p=198}} Mentres tanto, o ditador do [[Paraguai]], [[Francisco Solano López]], aproveitouse da situación para establecer o seu país como unha potencia rexional. O [[exército do Paraguai|exército paraguaio]] invadiu a provincia brasileira de [[Mato Grosso]] (na zona coñecida a partir de 1977 como o estado de [[Mato Groso do Sur]]), dando comezo á [[guerra do Paraguai]]. Catro meses despois as tropas paraguaias invadiron territorio [[Arxentina|arxentino]] en forma de preludio dun ataque a [[Río Grande do Sur]].{{sfn|Carvalho|2007|p=109}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=299}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=227}}
 
Liña 111:
 
=== Conclusión da guerra ===
[[FileFicheiro:Pedro II Admiral Brazil 1870.jpg|thumb|200px|Con uniforme de [[almirante]] ós 44 anos de idade. Os anos de guerra envelleceron prematuramente ó emperador.{{sfn|Carvalho|2007|p=124}}{{sfn|Barman|1999|p=247}}]]
A guerra continuou durante cinco anos máis, e durante este tempo Pedro&nbsp;II adicou todo o seu tempo e enerxía ó esforzo de guerra.{{sfn|Barman|1999|p=193}}{{sfn|Carvalho|2007|p=110}} Traballou sen descanso para recrutar e equipar tropas coas que reforzar as liñas da fronte e seguir adiante coa construción de novos navíos para a mariña.{{sfn|Barman|1999|p=202}} As [[violación]]s de mulleres, a estendida violencia contra os civís, o saqueo e a destrución de propiedades que tiveran lugar durante a invasión paraguaia do territorio brasileiro deixaran unha forte impresión nel.{{sfn|Barman|1999|p=206}} En novembro de 1866 advertiulle á condesa de Barral: "a guerra debe concluírse como demanda a honra, custe o que custe".{{sfn|Barman|1999|p=230}} Segundo Barman, "as dificultades, contratempos e esgotamento de guerra non tiveron efecto na súa calada resolución", e o cada vez maior número de baixas non o desviou do avance no que consideraba unha causa xusta do Brasil, preparado para sacrificar persoalmente o seu propio trono para conseguir o que consideraba un resultado honorable.{{sfn|Barman|1999|p=230}}
 
Ó mesmo tempo Pedro&nbsp;II traballou para previr que as disputas entre os partidos políticos nacionais prexudicasen a resposta militar.{{sfn|Barman|1999|pp=219–224}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=116–118}} O emperador prevaleceu sobre unha seria crise política en xullo de 1868 resultante dunha disputa entre o gabinete de goberno e [[Luís Alves de Lima e Silva]], comandante en xefe das forzas brasileiras no Paraguai. Luís Alves era tamén un político, e era membro do partido político na oposición. O emperador aliñouse con el, provocando a dimisión do gabinete. Mentres Pedro&nbsp;II manobraba para conseguir un resultado de vitoria no conflito co Paraguai, apoiou ós partidos políticos e faccións que semellaban ser máis útiles no esforzo de guerra, algo que provocou que a reputación da monarquía quedara danada e que a súa posición de confianza como mediador imparcial quedara gravemente deteriorada a longo prazo. Non lle importaba a súa posición persoal, e desbotando o posible impacto no sistema imperial, continuou coa súa determinación de poñer o interese nacional por riba de calquera dano potencial que lle puidese provocar o aproveitamento dese tipo de oportunidades.{{sfn|Barman|1999|pp=224–225}}
 
O seu rexeitamento a aceptar nada que non fose unha vitoria total foi unha das chaves do resultado final.{{sfn|Barman|1999|p=206}}{{sfn|Carvalho|2007|p=114–115}} A súa tenacidade obtivo recompensa coa nova de que López falecera en combate o 1 de marzo de 1870, feito que supuxo a fin da guerra.{{sfn|Barman|1999|pp=229–230}}{{sfn|Carvalho|2007|p=121}} Pedro&nbsp;II rexeitou a suxestión da Asemblea Xeral de erixir unha [[estatua ecuestre]] na súa honra para conmemorar a vitoria, decidindo que os cartos asignados se destinasen no seu lugar á construción de escolas de primaria.{{sfn|Calmón|1975|p=855}}<ref>{{citeCita booklibro | last1 = Doratioto | first1 = Francisco | year = 2002 | language = pt | title = Maldita Guerra: Nova história da Guerra do Paraguai | publisher = Companhia das Letras | location = São Paulo | isbn = 978-85-359-0224-2 | ref = harv |p=455}}</ref>{{sfn|Carvalho|2007|p=122}}{{sfn|Barman|1999|p=230}}
 
== Apoxeo ==
=== Abolicionismo no trono ===
[[FileFicheiro:Pedro Américo - D. Pedro II na abertura da Assembléia Geral.jpg|thumb|200px|Pedro&nbsp;II ós 46 anos de idade dando o [[discurso dende o trono]] coa vestimenta imperial, 1872]]
Nos anos 1870 o Brasil fixo progresos nas esferas políticas e sociais, con tódolos segmentos da sociedade beneficiándose das reformas promulgadas e compartindo a cada vez maior prosperidade.{{sfn|Olivieri|1999|p=37}} A reputación internacional do Brasil de estabilidade política e potencial de investimento mellorou de forma considerable. O imperio estaba visto como unha nación moderna e progresista sen igual, coa excepción dos [[Estados Unidos de América]].{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=9}} A economía medrou rapidamente e floreceu a inmigración, e adoptáronse varios proxectos de modernización, incluíndo o [[ferrocarril]] e o transporte naval. Segundo Barman, coa "escravitude destinada á súa extinción e outras reformas proxectadas, as proxeccións de avances morais e materiais semellaban ser vastas".{{sfn|Barman|1999|p=240}}
 
Liña 128:
 
=== Viaxes a Europa e África do norte ===
[[FileFicheiro:Pedro II of Brazil in Egypt 1871.jpg|thumb|esquerda|250px|[[Auguste Mariette]] (sentado, esquerda) e Pedro&nbsp;II (sentado, dereita) xunto a outros durante a súa visita á [[necrópole de Gizeh]] a finais de 1871]]
O 25 de maio de 1871 Pedro&nbsp;II e a súa muller viaxaron a [[Europa]].{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=175}} Pedro levaba moito tempo desexando unhas vacacións no estranxeiro, e cando lle chegaron novas de que a súa filla menor Leopoldina falecera en [[Viena]] o 7 de febreiro ós 23 anos de idade por mor dunha [[febre tifoide]], finalmente tivo unha razón de peso para saír do Imperio.{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|pp=172, 174}}{{sfn|Carvalho|2007|pp=144–145}} Nada máis chegar a [[Lisboa]], en [[Reino de Portugal|Portugal]], foi ó ''[[Museu das Janelas Verdes]]'', onde se reuniu coa súa nai adoptiva [[Amelia de Leuchtenberg]]. Facía 40 anos que os dous non se vían, e a reunión foi emotiva. Pedro&nbsp;II destacou no seu diario: "Chorei de felicidade e tamén de dor por ver a miña nai tan afectuosa comigo, máis tamén por vela tan vella e enferma".{{sfn|Barman|1999|p=236}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=180}}{{sfn|Carvalho|2007|p=147}}
 
Liña 134:
 
=== Cuestión relixiosa ===
[[FileFicheiro:Delfim-pedroII-MHN.jpg|thumb|200px|Pedro&nbsp;II ós 49 anos de idade, 1875]]
Pouco despois do seu retorno ó Brasil Pedro&nbsp;II tivo que facer fronte a unha crise inesperada. O clero brasileiro levaba moito tempo falto de persoal, cunha baixa disciplina e educación, o que deu lugar a unha perda de respecto xeralizado pola [[Igrexa católica]].{{sfn|Barman|1999|p=254}}{{sfn|Carvalho|2007|p=151}} O goberno imperial embarcárase nun programa de reformas para tratar de resolver estas deficiencias.{{sfn|Barman|1999|p=254}} O [[catolicismo]] era a relixión do estado e o goberno exercía bastante control sobre os asuntos da Igrexa, pagando os salarios clericais, designando ós cregos das parroquias, nomeando [[bispo]]s, ratificando [[Bula|bulas papais]] e supervisando seminarios.{{sfn|Barman|1999|p=254}}{{sfn|Carvalho|2007|p=150}} Na procura dunha reforma, o goberno seleccionou a bispos que satisfacían os seus criterios para a educación e que estaban a favor destas novas reformas e adaptacións morais.{{sfn|Barman|1999|p=254}}{{sfn|Carvalho|2007|p=151}} Porén, a medida que homes máis preparados comezaban a entrar nas filas clericais, o resentimento do control gobernamental sobre a Igrexa foi en aumento.{{sfn|Barman|1999|p=254}}{{sfn|Carvalho|2007|p=151}}
 
Liña 148:
== Declive e derrocamento ==
=== Decadencia ===
[[FileFicheiro:Pedro II of Brazil Paris 1887.jpg|thumb|left|200px|Pedro&nbsp;II ós 61 anos de idade, 1887]]
Durante os anos 1880 o Brasil continuou prosperando e a diversidade social incrementouse de forma notable, incluíndo o primeiro impulso organizado para os [[dereitos da muller]].{{sfn|Barman|1999|p=319}} Por outra banda, as cartas escritas por Pedro&nbsp;II nesta época revelan a un home cansado do mundo coa idade cunha actitude máis illada e pesimista.{{sfn|Barman|1999|pp=298–299}} Mantívose respectuoso co seu deber e seguía sendo meticuloso nas tarefas requiridas pola súa posición imperial, mais habitualmente sen ningún entusiasmo por elas.{{sfn|Barman|1999|p=299}} Por mor da súa indiferenza polo destino do réxime imperial e da súa inacción á hora de apoiar o sistema imperial, os historiadores atribuíronlle a principal responsabilidade da disolución da monarquía ó propio emperador.{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=126}}{{sfn|Barman|1999|p=399}}
 
Liña 156:
 
=== Abolición da escravitude e golpe de estado ===
[[FileFicheiro:Família_Imperial_por_Otto_Hees-Restoration.jpg|thumb|220px|A última imaxe da familia imperial no Brasil, 1889]]
En xuño de 1887 a saúde do emperador estaba considerablemente empeorada, e os seus doutores persoais suxeríronlle que viaxase a Europa na procura de tratamento médico.{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=53–56}} Durante a súa estancia en [[Milán]] pasou dúas semanas entre a vida e a morte, chegando a recibir a [[extremaunción]].{{sfn|Carvalho|2007|p=199}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=61–62}}{{sfn|Calmón|1975|p=1421}} Aínda encamado en período de recuperación, o 22 de maio de 1888 recibiu novas de que a [[Lei Áurea|escravitude fora abolida no Brasil]].{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=62}} Cunha voz débil e bágoas nos ollos exclamou: "Deamos grazas a Deus. Gran pobo! Gran pobo!"{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=62}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=442}}{{sfn|Calmón|1975|p=1426}} Pedro&nbsp;II retornou ó Brasil desembarcando en Río de Janeiro en agosto de 1888.{{sfn|Carvalho|2007|p=200}}{{sfn|Calmón|1975|p=1438}} Segundo Heitor Lira: "O país enteiro recibiuno cun entusiasmo xamais visto. Da capital, das provincias, de tódolos lugares, chegaron probas de afecto e veneración".{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=64}} Con estas demostracións á súa chegada dende Europa, a monarquía semellaba gozar dun apoio inquebrantable e estar no punto máis álxido da súa popularidade.{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=67}}{{sfn|Carvalho|2007|p=200}}{{sfn|Vainfas|2002|p=201}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=444}}
 
A nación gozou dun gran prestixio internacional durante os anos finais do Imperio, converténdose nunha [[potencia emerxente]] no ámbito internacional.<ref>{{citeCita booklibro | last1 = Topik | first1 = Steven C. | year = 2000 | title = Trade and Gunboats: The United States and Brazil in the Age of Empire|lingua=en | publisher = Stanford University Press | isbn = 978-0-8047-4018-0 | ref = harv|p=56}}</ref>{{sfn|Barman|1999|p=306}} As predicións das perdas económicas e de traballo provocadas pola abolición da escravitude non chegaron a materializarse, e a colleita de [[café]] de 1888 tivo éxito.{{sfn|Barman|1999|p=346}} A fin da escravitude deu lugar a un cambio explícito no apoio cara ó [[republicanismo]] por parte de ricos e poderosos produtores de café que mantiñan un gran poder político, económico e social no país.{{sfn|Schwarcz|1998|p=438}}{{sfn|Carvalho|2007|p=190}}{{sfn|Barman|1999|pp=348–349}} O republicanismo era un credo elitista que nunca chegou a florecer no Brasil, con moi pouco apoio nas provincias.{{sfn|Barman|1999|p=349}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=121}}{{sfn|Carvalho|2007|p=206}}<ref>{{citeCita booklibro | last1 = Munro | first1 = Dana Gardner | year = 1942 | title = The Latin American Republics: A History | publisher = D. Appleton | location = Nova York|lingua=en|ref = harv|p=279}}</ref>{{sfn|Ermakoff|2006|p=189}} A combinación de ideas republicanas e a diseminación do [[positivismo]] entre os rangos medios e máis baixos de oficiais do exército provocou a falta de disciplina entre os corpos de exército e converteuse nunha seria ameaza para a monarquía. Estes grupos desexaban unha república ditatorial, crendo que sería un sistema superior á monarquía.{{sfn|Carvalho|2007|p=195}}{{sfn|Barman|1999|p=353}}
 
Malia que no Brasil non existía un desexo xeral entre a maioría da poboación de cambiar a forma de goberno, os civís republicanos comezaron a exercer presión sobre os oficiais do exército para que derrocasen a monarquía.{{sfn|Ermakoff|2006|p=189}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=450}} Estes lanzaron un [[golpe de estado]], arrestando ó primeiro ministro [[Afonso Celso de Assis Figueiredo|Afonso Celso]] e instituíron a [[república]] o 15 de novembro de 1889.{{sfn|Barman|1999|p=360}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=104}}{{sfn|Carvalho|2007|p=219}}{{sfn|Calmón|1975|p=1611}} Os poucos que presenciaron os feitos non se decataron inicialmente de que era unha rebelión.{{sfn|Schwarcz|1998|p=459}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=96}} A historiadora Lídia Besouchet indicou que "raramente unha revolución fora tan minoritaria".{{sfn|Besouchet|1993|p=538}} Segundo Barman, durante todo o proceso Pedro&nbsp;II non demostrou emoción algunha, como se non lle preocupase o resultado,{{sfn|Barman|1999|p=361}} e rexeitou tódalas suxestións de sufocar a rebelión que lle chegaron de parte dos políticos e militares.{{sfn|Carvalho|2007|p=217}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=99}}{{sfn|Calmón|1975|pp=1603–1604}} Cando lle chegaron as novas da súa deposición, simplemente comentou: "Se así é, será o meu retiro. Traballei demasiado duro e estou cansado. Agora vou descansar".{{sfn|Carvalho|2007|p=218}}
 
== Exilio e morte ==
[[FileFicheiro:Pedro II 1891 00.png|thumb|left|250px|Pedro na vestimenta real no seu cadaleito, o 6 de decembro de 1891.]]
Pedro II e a súa familia víronse obrigados a exiliarse a Europa o 17 de novembro de 1889.{{sfn|Carvalho|2007|p=220}} Tareixa Cristina faleceu tres semanas despois da súa chegada ó continente, e a súa familia trasladouse a outro lugar mentres Pedro permaneceu primeiro en [[Cannes]] e posteriormente en [[París]].{{sfn|Carvalho|2007|pp=234–235}}{{sfn|Barman|1999|pp=371, 377}} Pasou os últimos dous anos de vida de forma solitaria e melancólica, vivindo con poucos cartos en hoteis modestos e escribindo no seu diario sobre soños nos que se lle permitía volver ó Brasil.{{sfn|Carvalho|2007|pp=237–238}}{{sfn|Besouchet|1993|p=595}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=156–157}} Nunca apoiou unha restauración da monarquía, afirmando que non tiña desexos de "volver á posición que ocupei, especialmente non por medio dunha conspiración de calquera tipo".{{sfn|Barman|1999|p=380}} A finais de 1891 sufriu unha [[infección]] que progresou rapidamente nunha [[pneumonía]].{{sfn|Carvalho|2007|p=238}}{{sfn|Besouchet|1993|p=29}} A súa saúde empeorou moi rápido e finalmente faleceu as 00:35 do 5 de decembro de 1891, arrodeado da súa familia.{{sfn|Carvalho|2007|pp=238–239}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=489}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=165}} As súas últimas palabras foron "Deus me conceda estes últimos desexos —paz e prosperidade para o Brasil".{{sfn|Besouchet|1993|p=30}} Na súa habitación atopouse un paquete selado xunto a unha mensaxe escrita polo propio emperador: "É terra do meu país; desexo que sexa colocada no meu cadaleito, se morro lonxe da miña patria".{{sfn|Schwarcz|1998|p=489}}{{sfn|Calmón|1975|p=1897}}{{sfn|Besouchet|1993|p=604}}
 
Liña 172:
 
== Legado ==
[[FileFicheiro:Petropolis-Cathedral4.jpg|thumb|250px|Tumba de Pedro&nbsp;II e Tareixa Cristina na [[catedral de Petrópolis]], Brasil]]
Trala súa caída os brasileiros mantiveron o seu afecto polo antigo emperador, que aínda era unha figura popular e ben considerada.{{sfn|Schwarcz|1998|p=497}}{{sfn|Martins|2008|p=66}} Esta visión era aínda máis pronunciada entre os [[Afrobrasileiro|descendentes de africanos]], que relacionaban a monarquía coa liberade polo seu papel e o da súa filla Isabel na abolición da escravitude.{{sfn|Schwarcz|1998|p=469}} O Historiador Ricardo Salles afirmou que o apoio continuado da deposta monarquía debeuse en gran medida á crenza xeral de que Pedro fora "realmente un rexedor sabio, benevolente, austero e honesto".<ref>{{citeCita booklibro | last1 = Salles | first1 = Ricardo | year = 1996 | language = pt | title = Nostalgia Imperial | publisher = Topbooks | location = Río de Janeiro | oclc = 36598004 | ref = harv|p=15}}</ref> A visión positiva de Pedro&nbsp;II e a nostalxia polo seu reinado seguiu medrando cando a nación caeu rapidamente nunha serie de crises políticas e económicas, que moitos brasileiros achacaron ó derrocamento do emperador.{{sfn|Schwarcz|1998|p=496}}
 
Os propios republicanos comezaron a manifestar fortes sentimentos de culpabilidade, cada vez máis evidentes trala morte do emperador no exilio.{{sfn|Schwarcz|1998|pp=495–496}} Estes loaron a Pedro&nbsp;II, visto como un modelo dos [[Res publica|ideais republicanos]], e loaron tamén a era imperial, da que pasaron a considerar un exemplo a seguir por parte da nova república.{{sfn|Schwarcz|1998|p=508}}{{sfn|Martins|2008|p=123}} Segundo Barman, as novas da morte do emperador no Brasil "incitaron un sentido de arrepentimento xenuíno entre aqueles que, sen simpatía por unha restauración, admitiron tanto os méritos coma os éxitos do emperador falecido".{{sfn|Barman|1999|p=402}} Os seus restos e os da súa muller foron devoltos ó Brasil en 1921, a tempo para o centenario da [[independencia do Brasil]]. O goberno outorgoulle a Pedro&nbsp;II as dignidades dun xefe de estado.{{sfn|Calmón|1975|pp=1914–1915}}{{sfn|Barman|1999|p=405}} Declarouse un festivo nacional e por todo o país celebrouse a volta do emperador como se fose un heroe nacional.{{sfn|Schwarcz|1998|pp=503, 508}} Miles de persoas asistiron á cerimonia principal en [[Río de Janeiro]], onde segundo o historiador Pedro Calmón, "a xente máis maior chorou. Moitos axeonlláronse. Todos aplaudiron. Non houbo distinción entre republicanos e monárquicos. Eran todos brasileiros".{{sfn|Calmón|1975|p=1915}} Para Barman, esta homenaxe marcou a reconciliación do Brasil republicano co seu pasado monárquico.{{sfn|Barman|1999|p=405}}
 
Os historiadores en xeral expresaron boas opinións sobre Pedro&nbsp;II e o seu reinado. A literatura erudita sobre Pedro é vasta, e coa excepción do período inmediatamente posterior ó seu exilio, maioritariamente positiva e incluso laudatoria.{{sfn|Schwarcz|1998|p=22}} Varios historiadores brasileiros considerárono o "máis grande dos brasileiros".{{sfn|Viana|1994|p=467}}<ref>{{citeCita booklibro | last1 = Benevides | first1 = José Marijeso de Alencar | last2 = Azevedo | first2 = Rubens de | last3 = Alcântara | first3 = José Denizard Macedo de | year = 1979 | language = pt | title = D. Pedro&nbsp;II, patrono da astronomia brasileira | publisher = Imprensa oficial do Ceará | location = Fortaleza | ref = harv|p=61}}</ref> De forma semellante ós métodos usados polos propios republicanos, os historiadores resaltaron as virtudes do emperador como un exemplo a seguir, aínda que ningún chegou a avogar pola restauración da monarquía. O historiador Richard Graham indicou que "ademais, a maioría dos historiadores do século XX botaron a vista atrás ó período [do reinado de Pedro&nbsp;II] de forma nostálxica, usando as súas descricións do Imperio para criticar —en ocasións sutilmente, en ocasións non— os subsecuentes réximes republicanos ou ditatoriais do Brasil".{{sfn|Graham|1994|p=4}}
 
== Títulos e distincións ==
=== Títulos ===
[[FileFicheiro:Signature of Pedro II of Brazil.png|thumb|200px|right|Sinatura de Pedro II nos documentos oficiais]]
[[FileFicheiro:Signed initials of Pedro II of Brazil.png|thumb|100px|right|Iniciais asinadas nos documentos oficiais]]
Pedro recibiu os seguintes tratamentos oficiais ó longo da súa vida:
* 2 de decembro de 1825&nbsp;– 7 de abril de 1831: ''A súa alteza imperial'' o príncipe imperial
* 7 de abril de 1831&nbsp;– 15 de novembro de 1889: ''A súa maxestade imperial ''o emperador
 
Como emperador do Brasil, o seu tratamento e título completo foi "A súa maxestade imperial don Pedro&nbsp;II, emperador constitucional e defensor perpetuo do Brasil".<ref>{{citeCita booklibro | last1 = Rodrigues | first1 = José Carlos | year = 1863 | language = pt | title = Constituição política do Império do Brasil | publisher = Typographia Universal de Laemmert | location = Río de Janeiro | ref = harv |p=71}}</ref>
 
=== Distincións ===
Como emperador Pedro II foi Gran Mestre no Brasil da [[Orde de Cristo (Brasil)|Orde de Cristo]], da [[Orde de San Bieito de Aviz]], da [[Orde de San Xaime da Espada]], da [[Orde da Cruz do Sur]], da [[Orde de Pedro I]] e da [[Orde da Rosa]].{{sfn|Barman|1999|p=11}} Recibiu tamén as distincións e honras estranxeiras da Gran Cruz da [[Orde de Santo Estevo de Hungría]], o Gran Cordón da [[Orde de Leopoldo (Bélxica)|Orde de Leopoldo]] de Bélxica, a Gran Cruz da [[Orde da Estrela de Romanía]], o título de Cabaleiro da [[Orde do Elefante]] de Dinamarca, a Gran Cruz da [[Orde de San Xenaro]] das Dúas Sicilias, a Gran Cruz da [[Orde de San Fernando e do Mérito]] das Dúas Sicilias, a Gran Cruz da [[Lexión de Honra]] francesa, a Gran Cruz da [[Orde do Salvador]] de Grecia]], a Gran Cruz da [[Orde do León Neerlandés]], o título de Cabaleiro da [[Orde do Toisón de Ouro]] de España, o título de Cabaleiro Estranxeiro da [[Orde da Xarreteira]] británica, a Gran Cruz da [[Orde de Malta]], a Gran Cruz da [[Orde do Santo Sepulcro]], a Gran Cruz da [[Sagrada Orde Militar Constantiniana de San Xurxo]], a Gran Cruz da [[Orde da Inmaculada Concepción de Vila Viçosa]] de Portugal, a Gran Cruz da [[Orde da Torre e da Espada]] portuguesa, a Gran Cruz da [[Orde da Águia Negra]] de [[Prusia]], a Gran Cruz de tódalas ordes rusas de [[cabalaría]], o título de Cabaleiro da [[Suprema Orde da Santísima Anunciación]] italiana, a Gran Cruz da [[Real Orde do Serafín]] de Suecia, a Gran Cruz da [[Orde da Estrela Polar]] de Suecia e a Gran Cruz de Primeira Clase da [[Orde de Medjidie]] turca.<ref>{{citeCita booklibro | last1 = Sauer | first1 = Arthur | year = 1889 | language = pt | title = Almanak Administrativo, Mercantil e Industrial | publisher = Laemmert & C. | location = Río de Janeiro | oclc = 36598004 | ref = harv|p=41}}</ref>
 
== Xenealoxía ==
Liña 246:
|-
| [[Afonso do Brasil|Afonso, príncipe imperial do Brasil]]
| [[FileFicheiro:Afonso 03 1846.JPG|100px]]
| {{nowrap|23 de febreiro de 1845}}&nbsp;– <br /> {{nowrap|11 de xuño de 1847}}
| Príncipe imperial do Brasil dende o seu nacemento ata a súa morte.
|-
| [[Isabel do Brasil|Isabel, princesa imperial do Brazil]]
| [[FileFicheiro:Isabel circa 1865.jpg|100px|]]
| {{nowrap|29 de xullo de 1846}}&nbsp;– <br /> {{nowrap|14 de novembro de 1921}}
| Princesa imperial do Brasil e condesa de Eu por matrimonio con [[Gastón de Orleáns]]. Tivo catro fillos deste matrimonio. Actuou como [[rexencia|rexente]] do Imperio mentres seu pai estaba de viaxe no estranxeiro.
|-
| [[Leopoldina do Brasil|Princesa Leopoldina do Brasil]]
| [[FileFicheiro:Leopoldina circa 1868.jpg|100px]]
| {{nowrap|13 de xullo de 1847}}&nbsp;– <br /> {{nowrap|7 de febreiro de 1871}}
| Casada con [[Luis Augusto de Saxonia-Coburgo-Gotha]]. Tivo catro fillos deste matrimonio.
|-
| [[Pedro Afonso do Brasil|Pedro Afonso, príncipe imperial do Brasil]]
| [[FileFicheiro:Pedro Prince Imperial 1850.png|100px]]
| {{nowrap|19 de xullo de 1848}}&nbsp;– <br /> {{nowrap|9 de xaneiro de 1850}}
| Príncipe imperial do Brasil dende o seu nacemento ata a súa morte.
|}
 
== Notas ==
{{Listaref|20em}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{citeCita booklibro| last1 = Barman | first1 = Roderick J. | year = 1999 | title = Citizen Emperor: Pedro&nbsp;II and the Making of Brazil, 1825–1891 | publisher = Stanford University Press | isbn = 978-0-8047-3510-0 | ref = harv| lingua=en}}
* {{citeCita booklibro | last1 = Besouchet | first1 = Lídia | year = 1993 | language = pt| title = Pedro&nbsp;II e o Século XIX | edition = 2ª | publisher = Nova Fronteira | location = [[Río de Janeiro]] | isbn = 978-85-209-0494-7 | ref = harv }}
* {{citeCita booklibro | last1 = Bethell | first1 = Leslie | year = 1993 | title = Brazil: Empire and Republic, 1822–1930 | publisher = Cambridge University Press | isbn = 978-0-521-36293-1 | ref = harv|lingua=en }}
* {{citeCita booklibro | last1 = Calmón | first1 = Pedro | year = 1975 | language = pt | title = História de D. Pedro&nbsp;II | volume = 1–5 | publisher = José Olímpio | location = Río de Janeiro | ref = harv|ol=4648510M
|lccn=77480961}}
* {{citeCita booklibro | last1 = Carvalho | first1 = José Murilo de | year = 2007 | language = pt| title = D. Pedro&nbsp;II: ser ou não ser | publisher = Companhia das Letras | location = [[São Paulo]] | isbn = 978-85-359-0969-2 | ref = harv }}
* {{citeCita booklibro | last1 = Ermakoff | first1 = George | year = 2006 | language = pt | title = Rio de Janeiro&nbsp;– 1840–1900&nbsp;– Uma crônica fotográfica | publisher = G. Ermakoff Casa Editorial | location = Río de Janeiro | isbn = 978-85-98815-05-3 | ref = harv }}
* {{citeCita booklibro | last1 = Graham | first1 = Richard | year = 1994 | title = Patronage and Politics in Nineteenth-Century Brazil | publisher = Stanford University Press | isbn = 978-0-8047-2336-7 | ref = harv|lingua=en }}
* {{citeCita booklibro | last1 = Levine | first1 = Robert M. | year = 1999 | title = The History of Brazil | publisher = Greenwood Press | location = Westport, Connecticut | isbn = 978-0-313-30390-6 | ref = harv|lingua=en }}
* {{citeCita booklibro | last1 = Lira | first1 = Heitor | year = 1977 | language = pt | title = História de Dom Pedro&nbsp;II (1825–1891): Ascenção (1825–1870) | volume = 1 | publisher = Itatiaia | location = Belo Horizonte | ref = {{sfnRef|Lira 1977, Vol 1}}|ol=1052748M|lccn=93832476}}
* {{citeCita booklibro | last1 = Lira | first1 = Heitor | year = 1977 | language = pt | title = História de Dom Pedro&nbsp;II (1825–1891): Fastígio (1870–1880) | volume = 2 | publisher = Itatiaia | location = Belo Horizonte
| ref = {{sfnRef|Lira 1977, Vol 2}}|ol=1052748M|lccn=93832476}}
* {{citeCita booklibro | last1 = Lira | first1 = Heitor | year = 1977 | language = pt | title = História de Dom Pedro&nbsp;II (1825–1891): Declínio (1880–1891) | volume = 3 | publisher = Itatiaia | location = Belo Horizonte
| ref = {{sfnRef|Lira 1977, Vol 3}}|ol=1052748M|lccn=93832476}}
* {{citeCita booklibro | last1 = Martins | first1 = Luís | year = 2008 | language = pt | title = O patriarca e o bacharel | edition = 2ª | publisher = Alameda | location = São Paulo | isbn = 978-85-98325-68-2 | ref = harv}}
* {{citeCita booklibro | last1 = Olivieri | first1 = Antonio Carlos | year = 1999 | language = pt | title = Dom Pedro&nbsp;II, Imperador do Brasil | publisher = Callis | location = São Paulo | isbn = 978-85-86797-19-4 | ref = harv }}
* {{citeCita booklibro | last1 = Schwarcz | first1 = Lilia Moritz | year = 1998 | language = pt | title = As barbas do Imperador: D. Pedro&nbsp;II, um monarca nos trópicos | edition = 2ª | publisher = Companhia das Letras | location = São Paulo | isbn = 978-85-7164-837-1 | ref = harv }}
* {{citeCita booklibro | last1 = Skidmore | first1 = Thomas E. | year = 1999 | language =en | title = Brazil: five centuries of change | publisher = Oxford University Press | location = Nova York | isbn = 0-19-505809-7 | ref = harv }}
* {{citeCita booklibro | last1 = Vainfas | first1 = Ronaldo | year = 2002 | language = pt | title = Dicionário do Brasil Imperial | publisher = Objetiva | location = Río de Janeiro | isbn = 978-85-7302-441-8 | ref = harv}}
 
=== Ligazóns externas ===
* {{cita web|url=http://www.monarquia.org.br/dompedroii.html|título=Dom Pedro II|lingua=pt|páxina-web=Casa Imperial do Brasil}}
{{Navboxes