Alexandre VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Política: arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 125:
O [[Reino de Nápoles]], frecuente campo de confrontación entre aragoneses e franceses, era fonte de conflitos para o papado e para toda Italia. Os [[Casa de Anjou|Anjou]] aseñorarano noutro tempo, pero conquistado en 1442 por [[Afonso V de Aragón|Afonso V ''o Magnánimo'']], co beneplácito do papa [[Uxío IV, papa|Uxío IV]] pasara a formar parte das posesións da Coroa de Aragón. Cedido en 1458 a [[Fernando I de Nápoles]], fillo ilexítimo de Alfonso V de Aragón, foi rexido por aquel ata a súa morte en xaneiro de 1494. A coroa pasaría por liña directa ao seu fillo [[Afonso II de Nápoles|Afonso II]]; no entanto, o rei de [[Francia]] [[Carlos VIII de Francia|Carlos VIII]], aproveitando o momento sucesorio, aduciu uns remotos dereitos ao trono napolitano pola fenecida vía anxevina para reivindicar a súa ocupación. Para ese efecto, despachou un embaixador a Roma en solicitude da investidura do reino de Nápoles, atopándose coa negativa de Alexandre VI, quen comisionou o seu sobriño, o cardeal Xoán Borja, para que coroase a Afonso II. O monarca galo non dubidou entón en mobilizar os seus exércitos á conquista de Italia, como paso previo á liberación de [[Constantinopla]] dos turcos e posterior entrada triunfante en [[Xerusalén]].
[[Ficheiro:Alejandro VI.jpg|miniatura|Imaxe procedente dos arquivos da [[Biblioteca Nacional de España]]]]
O francés irrompeu aclamado en Milán; saudárono como salvador nunha [[Florencia]] abandonada por [[Piero de Medici]] e enrudecida polo monxe [[Girolamo Savonarola|Savonarola]]; esmagou con facilidade a escasa resistencia que lle opuxo a cidade de Luca e, sen apenas deterse na súa carreira cara ao sur, alcanzou Roma o último día do ano 1494. Houbo gran expectación sobre o que alí ocorrería; Carlos VIII manifestara a súa intención de depoñer a aquel papa que accedera ao solio Pontificio por simoníacos procedementos e que tan indignamente se comportaba. Alexandre VI, cautelosamente, refuxiouse no [[castelo de Sant'Angelo]] aínda que nunca perdeu a calma. Consciente de que non podía opoñerse ao francés pola forza adoptou ante el un talante de cordialidade e ata de aceptación. O conquistador deixouse á súa vez conquistar polos corteses xeitos do pontífice e acabou recoñecéndoo como papa lexítimo e expresándolle a súa filial obediencia. Tranquilizados os ánimos, o exército francés proseguiu a súa marcha cara a Nápoles onde entrou en febreiro de 1495. Afonso II abdicara no seu fillo Fernando e fuxira acolléndose á protección da coroa aragonesa. A ocupación de Nápoles polos franceses realizouse sen enfrontamento bélico.
 
Namentres, Alexandre VI iría maquinando o seu xogo. Apenas Carlos VIII traspasou os muros de Roma, o pontífice, aproveitando os receos que o fulgurante avance galo provocaba dentro e fóra de Italia, coa ligou na súa contra a [[Ferrara]], [[Venecia]], [[Mantua]], a mesma Milán, máis o imperio de [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]] e a dobre coroa hispánica ([[Isabel I de Castela]] e [[Fernando II de Aragón e V de Castela|Fernando II de Aragón]]); todo iso, unido aos seus propios exércitos pontificios. Acurralado por todos, Carlos VIII non puido consolidar as súas conquistas e a duras penas logrou retornar a Francia, maltreito o seu exército. Para o papa tratouse dunha vitoria política sen paliativos.
Liña 150:
Alexandre puxo a súa atención na defensa e embelecemento da "Cidade Eterna". No capítulo artístico, encargou a [[Donato d'Angelo Bramante|Bramante]] o proxecto para a construción dunha nova basílica de San Pedro (aínda que morrería pouco despois e o mérito levouno o seu sucesor, [[Xulio II, papa|Xulio II]]) e mandou levantar o edificio principal da [[Universidade de Roma La Sapienza|Universidade de Roma]].
 
Converteu o Mausoleo de Adriano (actual [[castelo de Sant'Angelo]]) nunha fortaleza capaz de soportar calquera sitio. Coa fortificación da Torre Nona asegurou a cidade contra ataques navais. Merece ser chamado o fundador da Cidade Leonina, a que el transformou no barrio máis de moda en Roma. A súa magnífica Via Alessandrina, hoxe en día chamada Borgo Nuovo, continúa sendo ata hoxe a magna chegada a San Pedro. Baixo a súa dirección, [[Pinturicchio]] adornou o [[Apartamentos Borgia|Appartimento Borgia]] no [[Palacio Apostólico]], indicándolle o camiño ao seu inmortal discípulo, [[Rafael]].
 
A súa memoria está asociada cos edificios que construíu, pero tamén cos que construíron reis e cardeais aos que el convenceu de facelo. Durante o seu papado [[Bramante]] deseñou, para os Reis Católicos Fernando e Isabel, esa xoia exquisita da arquitectura, o [[Templete de San Pietro in Montorio]] ou ''Tempietto'', sobre o sitio coñecido tradicionalmente como o do martirio de san Pedro. E se non foi Bramante, certamente foi algún outro dos grandes arquitectos, igualmente atraído a Roma pola fama da liberalidade do papa, quen construíu para o cardeal [[Rafael Sansoni Riario|Riario]] o magnífico [[palacio da Cancillería]]. En 1500, o embaixador do Emperador [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano]] puxo a primeira pedra da fermosa igrexa nacional dos alemáns, Santa Maria dell' Anima. Para non quedar atrás, o cardeal francés, Briconnet, erixiu a [[Trinità dei Monti|Santa Trinità dei Monti]], e os españois [[Igrexa de Santa María de Montserrat dos Españois|Santa Maria dei Monserrato]]. A Alexandre debémoslle os fermosos teitos de [[Basílica de Santa María a Maior de Roma|Santa Maria Maggiore]], en cuxa decoración foi utilizado, segundo a tradición, o primeiro ouro levado de América por [[Cristovo Colón]].