Biotecnoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 117:
 
Tradicionalmente as empresas biotecnolóxicas tiveron que asociarse con farmacéuticas para obter fondos de financiamento, credibilidade e posición estratéxica. Con todo, nos últimos anos intensificouse a procura do seu propio rumbo. Unha proba disto é o aumento de asociacións entre empresas biotecnolóxicas excedendo o número de asociacións entre empresas biotecnolóxicas con empresas farmacéuticas.
 
===Principais fitos===
* [[Idade de bronce]] - [[Babilonia|babilonios]] e [[Antigo Exipto|exipcios]] melloran as razas de [[cereais]] por [[selección artificial]]. Tamén se empeza a crear [[cervexa]], [[viño]] e [[pan]].
* [[4000 aC]] - os [[China|chineses]] empezan a producir produtos parecidos ao [[queixo]] e o [[iogur]]
* [[1683]] - [[Anton van Leeuwenhoek]] descobre os [[microorganismos]]
* 1796 - [[Edward Jenner]] crea a primeira [[vacina]]
* [[1856]] - [[Gregor Mendel]] descobre as [[leis da herdanza]]
* [[1885]] - [[Louis Pasteur]] cultiva [[bacterias]] co fin de usalas para vacinas. Tamén refuta a teoría da [[abioxénese|xeración espontánea]] e demostra a importancia dos [[inóculo]]s nos procesos biotecnolóxicos de [[fermentación]].
* [[1919]] - [[Karl Ereky]], un enxeñeiro [[Hungría|húngaro]] usa o termo ''biotecnoloxía''
* [[1953]] - [[James D. Watson]] e [[Francis Crick]] describen a estrutura do [[ADN]]
* [[1975]] - Kohler e Milstein desenvolven o método de produción de [[anticorpo monoclonal|anticorpos monoclonais]]
* [[1980]] - uso dunha cepa recombinante de ''E. coli'' para a produción de [[insulina]]
* [[1992]] - A ''Food Drug Administration'' (FDA), unha institución pública norteamericana, aproba os alimentos transxénicos producidos por [[Calgene]]. É a primeira vez que se autorizan alimentos transxénicos nos [[Estados Unidos]]
* [[2000]] - Primeiro borrador do [[xenoma humano]]
* [[2004]] - A [[ONU]] e o Goberno Chileno organizan o Primeiro Foro Global de Biotecnoloxía, na cidade de [[Concepción, Chile|Concepción]], [[Chile]]. (2 ao 5 de marzo).
 
== Notas ==