Biotecnoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 104:
A biotecnoloxía tamén conduciu ao desenvolvemento dos antibióticos. En 1928, [[Alexander Fleming]] descubriu a cepa do ''Penicillium''. O seu traballo conduciu á purificación do antibiótico por Howard Florey, Ernst Boris Chain e Norman Heatley obtendo a [[penicilina]]. En 1940, a penicilina chegou a estar dispoñible para uso medicinal para tratar infeccións bacterianas en humanos.<ref Name=Thieman/>
 
O campo da biotecnoloxía moderna pénsase que en gran medida empezou o 16 de xuño de 1980, cando o [[Tribunal Supremo dos Estados Unidos]] ditaminou que un [[microorganismo]] [[enxeñaría xenética |xeneticamente modificado]] podía ser [[patente|patentado]] no caso de ''Diamond contra Chakrabarty''.<ref name="DiamondvChakrabarty">"[http://caselaw.lp.findlaw.com/scripts/getcase.pl?court=us&vol=447&invol=303 Diamond v. Chakrabarty, 447 U.S. 303 (1980). No. 79-139]." ''[[CorteTribunal SupremaSupremo dos Estados Unidos]].'', 16 de Xuño de 1980. Consultado o 4 de maio de 2007.</ref> Ananda Chakrabarty, de orixe india, e que traballaba para [[General Electric]], desenvolvera unha bacteria (derivada do xénero ''[[Pseudomonas]]'') capaz de degradar petróleo cru, que se propuxo utilizar no tratamento dos derramamentos de petróleo.
 
O que hoxe se coñece como enxeñaría xenética ou [[ADN recombinante]], foi parte do achado de 1970 feito por [[Hamilton Smith]] e [[Daniel Nathans]] do [[enzima]] (restrictasa) capaz de recoñecer e cortar o [[ADN]] en secuencias específicas, achado que lles valeu o [[Premio Nobel de fisioloxía e medicina]], compartido con [[Werner Arber]], en 1978. Este descubrimento (consecuencia dun achado accidental) deu orixe ao desenvolvemento do que hoxe se coñece como Enxeñaría xenética ou Biotecnoloxía, que permite clonar calquera xene dun virus, microorganismo, célula de planta ou de animal.