Biotecnoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Notas: +trad. ca.wiki
Liña 92:
 
Recoñecendo que os problemas éticos suscitados polos rápidos adiantos da ciencia e das súas aplicacións tecnolóxicas teñen que se examinar tendo en conta non só o respecto debido á dignidade humana, senón tamén a observancia dos [[dereitos humanos]], a Conferencia Xeral da [[UNESCO]] aprobou en outubro de 2005 a [[Declaración Universal sobre Bioética e Dereitos Humanos]].<ref>[http://unesdoc.unesco.org/images/0014/001461/146180S.pdf Declaració Declaración Universal sobre Bioética e Dereitos Humanos] Conferencia Xeral da [[Unesco]]. (outubro de 2005).</ref>
 
== Historia ==
[[Ficheiro:The Brewer designed and engraved in the Sixteenth. Century by J Amman.png|miniatura| A [[elaboración da cervexa]], foi unha aplicación anticipada da biotecnoloxía]]
 
A biotecnoloxía non se limita ás aplicacións médicas e de saúde (a diferenza da Enxeñaría Biomédica, que inclúe a maior parte da biotecnoloxía). Aínda que normalmente non se identifica coa biotecnoloxía, a [[agricultura]] claramente encaixa na definición de "''utilizar sistemas biotecnolóxicos para fabricar produtos''" de tal maneira que o cultivo de plantas pode ser visto como a primeira empresa biotecnolóxica. Teorizouse que a agricultura se converteu na forma dominante de produción de alimentos desde a [[Revolución Neolítica]]. Os procesos e métodos da agricultura foron refinados por outras ciencias mecánicas e biolóxicas desde a súa creación. A través da biotecnoloxía temperá, os agricultores foron capaces de seleccionar as mellores colleitas, cos rendementos máis altos, para producir alimentos suficientes para manter unha poboación en crecemento. Outros usos da biotecnoloxía requiríronse porque cultivos e campos volvéronse cada vez máis grandes e difíciles de manter. Organismos específicos e específicos por produto, utilizáronse para [[fecundación|fertilizar]], [[fixación do nitróxeno|fixar nitróxeno]], e o [[praguicida |control das pragas]]. A través do uso da agricultura, os agricultores alteraron inadvertidamente a xenética dos seus cultivos mediante a introdución en novas contornas e [[cultivo selectivo|alimentando]] con outras plantas, unha das primeiras formas da biotecnoloxía. Algunhas culturas como as de [[Mesopotamia]], [[Exipto]] e [[India]] desenvolveron o proceso de elaboración da [[cervexa]]. Realízase co mesmo método básico da utilización de grans malteados (que contén encimas) para converter o [[amidón]] dos grans en azucre e despois engadindo [[lévedo]]s específicos para producir cervexa. Neste proceso os carbohidratos nos grans descompóñense en alcois, por exemplo etanol. Máis tarde, outras culturas produciron o proceso da [[fermentación láctea]], que permite a fermentación e a conservación doutras formas de alimentación. A fermentación utilízase tamén nesta época para producir pan con fermento. Aínda que o proceso de fermentación non foi entendido de todo ata o traballo de Pasteur en 1857, segue sendo o primeiro uso da biotecnoloxía para converter unha fonte de alimento noutra forma.
 
Durante miles de anos, os seres humanos utilizaron métodos de selección para mellorar a produción de cultivos e ganado para usalos como alimento. Na cría selectiva, os organismos con características desexables sepáranse para producir descendencia coas mesmas características. Por exemplo, esta técnica utilizouse co millo para producir cultivos máis grandes e un alimento máis doce.<ref name=Thieman> {{cita libro | autor = Thieman, WJ;. Palladino, MA | título = Introdución á Biotecnoloxía | editor= Pearson / Benjamin Cummings | ano = 2008 | isbn = 0321491459}} </ref>
 
A comezos do século XX os científicos conseguiron unha maior comprensión da [[microbioloxía]] e exploraron formas de fabricar produtos específicos. En 1917, [[Chaim Weizmann]] utilizou por primeira vez un cultivo microbiolóxico pura nun proceso industrial, o da fabricación de [[amidón de millo]] con ''[[Clostridium acetobutylicum]]'', para producir [[acetona]], que o [[Reino Unido]] necesitaba desesperadamente para a fabricación de [[explosivos]] na [[Primeira Guerra Mundial]].<ref name="Springham_biotechnology">{{cita libro |autor=Springham, D.; Springham, G.; Moses, V.; Cape, R. E. |título=Biotechnology: The Science and the Business |url=http://books.google.com/books?id=9GY5DCr6LD4C|data= 24 agosto 1999 |editorial=CRC Press |isbn=9789057024078 |páxinas=1}}</ref>
 
A biotecnoloxía tamén conduciu ao desenvolvemento dos antibióticos. En 1928, [[Alexander Fleming]] descubriu a cepa do ''Penicillium''. O seu traballo conduciu á purificación do antibiótico por Howard Florey, Ernst Boris Chain e Norman Heatley obtendo a [[penicilina]]. En 1940, a penicilina chegou a estar dispoñible para uso medicinal para tratar infeccións bacterianas en humanos.<ref Name=Thieman/>
 
O campo da biotecnoloxía moderna pénsase que en gran medida empezou o 16 de xuño de 1980, cando a [[Corte Suprema dos Estados Unidos]] ditaminou que un [[microorganismo]] [[enxeñaría xenética |xeneticamente modificado]] podía ser [[patente|patentado]] no caso de ''Diamond contra Chakrabarty''.<ref name="DiamondvChakrabarty">"[http://caselaw.lp.findlaw.com/scripts/getcase.pl?court=us&vol=447&invol=303 Diamond v. Chakrabarty, 447 U.S. 303 (1980). No. 79-139]." ''[[Corte Suprema dos Estados Unidos]].'' 16 de Xuño de 1980. Consultado o 4 de maio de 2007.</ref> Ananda Chakrabarty, de orixe india, e que traballaba para [[General Electric]], desenvolvera unha bacteria (derivada do xénero ''[[Pseudomonas]]'') capaz de degradar petróleo cru, que se propuxo utilizar no tratamento dos derramamentos de petróleo.
 
O que hoxe se coñece como enxeñaría xenética ou [[ADN recombinante]], foi parte do achado de 1970 feito por [[Hamilton Smith]] e [[Daniel Nathans]] do [[enzima]] (restrictasa) capaz de recoñecer e cortar o [[ADN]] en secuencias específicas, achado que lles valeu o [[Premio Nobel de fisioloxía e medicina]], compartido con [[Werner Arber]], en 1978. Este descubrimento (consecuencia dun achado accidental) deu orixe ao desenvolvemento do que hoxe se coñece como Enxeñaría xenética ou Biotecnoloxía, que permite clonar calquera xene dun virus, microorganismo, célula de planta ou de animal.
 
Hoxe en día, a moderna biotecnoloxía é frecuentemente asociada co uso de microorganismos alterados xeneticamente como o ''[[Escherichia coli]]'' ou os lévedos para producir sustancias como a insulina ou algúns antibióticos.
 
O lanzamento comercial de [[insulina]] recombinada para humanos en 1982 marcou un fito na evolución da biotecnoloxía moderna.
 
A biotecnoloxía atopa as súas raíces na bioloxía molecular, un campo de estudos que evoluciona rapidamente nos anos 1970, dando orixe á primeira compañía de biotecnoloxía, [[Genentech Inc.]], en 1976.
 
Desde a década de 1970 ata a actualidade, a lista de compañías biotecnolóxicas aumentou e tivo importantes éxitos ao desenvolver novos medicamentos. Na actualidade existen máis de 4.000 compañías que se concentran en [[Europa]], [[Norteamérica]] e [[Asia]]-[[Pacífico]]. A biotecnoloxía naceu en Norteamérica a finais dos 70, Europa incorporouse ao seu desenvolvemento nos anos 1990.
 
Tradicionalmente as empresas biotecnolóxicas tiveron que asociarse con farmacéuticas para obter fondos de financiamento, credibilidade e posición estratéxica. Con todo, nos últimos anos intensificouse a procura do seu propio rumbo. Unha proba disto é o aumento de asociacións entre empresas biotecnolóxicas excedendo o número de asociacións entre empresas biotecnolóxicas con empresas farmacéuticas.
 
== Notas ==