Biotecnoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 41:
* '''[[Biotecnoloxía verde]]''': É a biotecnoloxía aplicada aos procesos [[agricultura|agrícolas]]. Un exemplo sería a selección e domesticación de plantas a través da [[micropropagación]]. Outro exemplo é o deseño dun organismo [[transxénico]] para crecer baixo condicións ambientais específicas ou en presenza (ou ausencia) de certas sustancias químicas. É tarefa desta biotecnoloxía facer máis compatible a explotación agrícola e o respecto polo medio ambiente. Actualmente, hai moito debate ao redor de plantas transxénicas concretas relacionadas con este campo.
 
* '''[[Bioinformática]]''': É un campo interdisciplinario que intenta resolver problemas biolóxicos mediante técnicas computacionales facendo posible unha rápida organización e análise dos datos biolóxicos. Este campo tamén pode recibir o nome de '''bioloxía computacional''', e que pode ser definida como a conceptualización da bioloxía en termos de moléculas e a aplicación de técnicas informáticas para entender e organizar a gran escala a información asociada con estas moléculas.<ref name="gerstein">Gerstein, M. "[http://www.primate.or.kr/bioinformatics/course/yale/intro.pdf Bioinformatics Introduction]." ''[[Universidade de Yale]].'' Consultado o [[14 de decembro]] de [[2008]].</ref> A bioinformática ten un papel chave en varias áreas da análise de [[xenoma|xenomas]] como a [[xenómica funcional]], a [[xenómica estrutural]] ou a [[proteómica]].
 
* '''[[Bioenxeñaría]]''': A enxeñaría biolóxica ou bioenxeñaría é unha rama da enxeñaría que se centra na biotecnoloxía e nas ciencias biolóxicas. Inclúe diferentes disciplinas, como a enxeñaría bioquímica, a enxeñaría biomédica, a enxeñaría de procesos biolóxicos, a enxeñaría de biosistemas, etc. Trátase dun enfoque integrado dos fundamentos das ciencias biolóxicas e os principios tradicionais da enxeñaría. Os bioenxeñeiros a miúdo traballan escalando procesos biolóxicos de laboratorio a tamaños de produción industrial. Doutra banda, a miúdo atenden problemas de xestión, económicos e xurídicos. Hai un crecente número de empresas de biotecnoloxía e moitas universidades de todo o mundo proporcionan programas en bioenxeñaría e biotecnoloxía de forma independente.