Biotecnoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 20:
Unha sección da biotecnoloxía é o uso directo de [[ser vivo|organismos]] para a produción de produtos orgánicos (algúns exemplos son a [[cervexa]], os [[produtos lácteos]]). Actualmente as [[bacterias]] son empregadas na industria mineira na [[biolixivación]]. A biotecnoloxía tamén é empregada para a reciclaxe, tratamento de residuos, limpar as zonas contaminadas por actividades industriais ([[bioremediación]]), e para producir [[armamento biolóxico]].
 
Hai tamén aplicacións da biotecnoloxía que non empregan [[organismos]] vivos. Os [[microchips de ADN]] usados nas [[análise xenética|análises xenéticas]] son un exemplo. Hai moitísimas producións que se fan con só a reacción das [[encimasenzima]]s dos [[microorganismos]].
 
A biotecnoloxía moderna está frecuentemente asociada co uso dos [[microorganismos]] xeneticamente modificados como a [[Escherichia coli|E. coli]] ou o [[lévedo]] [[Saccharomyces cerevisiae]] para a produción de sustancias como a [[insulina]] ou os [[antibióticos]]. Tamén se pode referir a os [[animal transxénico|animais transxénicos]] ou [[planta transxénica|plantas transxénicas]], como o [[millo]]. Células animais modificadas como as do ovario do ''[[Cricetulus griseuss]]'' ([[CHO]]), entre moitísimas outras, son altamente empregadas para os ensaios das industrias [[farmacia|farmacéuticas]]. Actualmente abre expectativas o uso das plantas como [[bioreactor]]es baratos.