Skin Yard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxiños
Moedagalega (conversa | contribucións)
*personais > persoais.
Liña 19:
A fanda formárona en xaneiro de [[1985]] Daniel House e [[Jack Endino]], aos que se lle unirían Ben McMillan e [[Matt Cameron]]. Skin Yard realizou o seu primeiro concerto oficial no mes de xuño dese ano, actuando de abreconcertos de [[U-Men]].<ref>{{cita web|título=Skin Yard FAQ|url=http://www.skin-yard.com/skinfaq.htm|dataacceso=13 de marzo de 2015}}</ref> En [[1986]] Skin Yard contribuíu con dous temas ao recomplilatorio ''[[Deep Six]]''. Este álbum, ademais de contar coas primeiras gravacións comerciais de [[The Melvins]], [[Soundgarden]], [[Malfunkshun]] e Skin Yard, foi o primeiro en mostrar o primeiro son [[grunge]]. Ese mesmo ano Skin Yard publicou o seu disco de estrea ''[[Skin Yard (álbum)|Skin Yard]]'', e o seu primeiro sinxelo, "Bleed".
 
Pouco despois deses lanzamentos, o batería Matt Cameron deixou o grupo para unirse a Soundgarden, pasando pola banda unha serie de substitutos. Inicialmente ocupou o seu posto Steve Wied, ao que lle seguiu Greg Gilmore; porén, ambolosdous só durarían dous concertos. No outono uniríase [[Jason Finn]], pero marcharía tras oito meses por motivos personaispersoais. Scott McCullum ocupou o seu lugar en maio de [[1987]] estando na banda durante dous anos, durante os cales Skin Yard gravou e publicou o seu segundo traballo, ''[[Hallowed Ground]]'' ([[1988]]). Porén, McCullum tamén marcharía e o grupo iniciou un período de catorce meses de hiato tras unha xira estadounidense.
 
Skin Yard regresou en [[1990]] co seu terceiro álbum, ''[[Fist Sized Chunks]]'', e co seu batería definitivo, Barrett Martin. En [[1991]], cando o [[grunge]] chegou ao gran público, a banda publicou o seu cuarto álbum, ''[[1,000 Smiling Knuckles]]''. Ese mesmo ano o baixista orixinal, Daniel House, deixou o grupo para pasar máis tempo coa súa familia. Foi substituído por Pat Pedersen, que estivo co grupo para gravar o seu derradeiro álbum, ''[[Inside the Eye]]'', que contaba co sinxelo "Undertow". Cando completaron a gravación Skin Yard decidiu separarse, e o disco foi editado pouco despois.