Banco Mundial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Véxase tamén: outros artigos
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 73:
As cinco institucións están estreitamente relacionadas e funcionan baixo unha única presidencia. Son:
 
* O [[Banco Internacional de Reconstrución e Fomento]] (BIRF, 184 países membros), creado en 1945.
 
O BIRF proporciona préstamos e asistencia para o desenvolvemento a países de rendas medias con bos antecedentes de crédito. O poder de voto de cada país membro está vinculado ás súas subscricións de capital, que a súa vez están baseadas no poder económico relativo de cada país. O BIRF recolle gran parte dos seus fondos a través da venda de títulos nos mercados internacionais de capital. Xuntos, o BIRF e a AIF forman o Banco Mundial.
 
* A [[Asociación Internacional de Fomento]] (AIF, 164 países membros), creado en 1960.
Desempeña un papel importante na misión do Banco que é a redución da pobreza. A asistencia da AIF concentrase nos países máis pobres, aos cales proporciona préstamos sen xuros e outros servizos. A AIF depende das contribucións dos seus países membros máis ricos - incluso algúns países en desenvolvemento - para recadar a maior parte dos seus recursos financeiros.
 
* A [[Corporación Financeira Internacional]] (CFI, 178 países membros), Creadacreada en 1956.
 
A CFI promove o crecemento no mundo en desenvolvemento mediante o financiamento de investimentos do sector privado e a prestación de asistencia técnica e de asesoramento aos gobernos e empresas.
 
* O [[Organismo Multilateral de Garantía de Investimentos]] (OMGI, 162 países membros), Creadocreado en 1988.
 
OMGI axuda a estimular investimentos estranxeiros nos países en desenvolvemento por medio de garantías a investidores estranxeiros contra prexuízos causados por riscos non comerciais. A OMGI tamén proporciona asistencia técnica para axudar aos países a divulgar informacións sobre oportunidades de investimento.
 
* O [[Centro Internacional de Arbitraxe de Diferenzas Relativas a Investimentos]] (CIADI, 134 países membros), Creadocreado en 1966.
 
O CIADI proporciona instalacións para a resolución- mediante conciliación ou arbitraxe - de disputas referentes a investimentos entre investidores estranxeiros e os seus países anfitrións.