Diferenzas entre revisións de «Banco Mundial»

→‎Notas: +trad. ca.wiki
(→‎Notas: +trad. ca.wiki)
(→‎Notas: +trad. ca.wiki)
 
No ano 1993 o BIRF marcaba como os seus maiores prestatarios por orde descendente a: México, India, Brasil, Indonesia, Turquía, China, Filipinas, Arxentina, Corea, Colombia, Marrocos e Nixeria. Os préstamos do BIRF negócianse de forma individual, inclúen un período de cinco anos sen necesidade de amortización; despois os gobernos prestatarios dispoñen dun prazo de 15 a 20 anos para amortizar a débeda aos tipos de interese do mercado. O Banco nunca reestrutura a débeda nin cancela un préstamo. Pola súa influencia en fontes públicas e privadas o Banco figura entre os primeiros lugares de acredores dos seus clientes.
 
== Críticas ==
O Banco Mundial sempre foi criticado por organizacións non gobernamentais, por exemplo o grupo de dereitos dos indíxenas [[Survival International]] e académicos, incluído os seus ex economistas en xefe [[Joseph Stiglitz]], [[Henry Hazlitt]] e [[Ludwig Von Mises]].<ref name="Stiglitz 2003a">{{cita libro|título= The Roaring Nineties: A New History of the World's Most Prosperous Decade |autor= Stiglitz, Joseph E. |ano= 2003 |editorial= W. W. Norton & Company |lugar= Nova York, NY | isbn = 978-0-39-305852-9 | lingua = inglés}}</ref><ref name="Stiglitz 2003b">{{cita libro|título= Globalization and Its Discontents |autor= Stiglitz, Joseph E. |ano= 2003 |editorial= W. W. Norton & Company |lugar= Nova York, NY | isbn = 978-0-39-332439-6 | lingua = inglés}}</ref><ref name="Stiglitz 2007">{{cita libro|título= Making Globalization Work |autor= Stiglitz, Joseph E. |ano= 2007 |editorial= W. W. Norton & Company |lugar= Nova York, NY | isbn = 978-0-39-333028-1 | lingua = inglés}}</ref> Henry Hazlitt argumentou que o Banco Mundial, xunto co sistema monetario, foi deseñado (cando eles o defenderon) para promover unha inflación mundial contida e "un mundo no cal o comercio internacional fose rexido polo estado".<ref name="Hazlitt 1984">{{cita libro|título= From Bretton Woods to World Inflation: A Study of the Causes and Consequences |autor= Hazlitt, Henry |ano= 1984 |editorial= Regnery Publishing |lugar= Washington, D.C. | isbn = 978-0-89-526617-0 | lingua = inglés}}</ref> Stiglitz sostivo que as chamadas políticas de reforma do [[mercado libre]] que defendía o Banco a miúdo eran prexudiciais para o desenvolvemento económico se se aplicaban mal, demasiado rápido ("terapia de choque"), nunha secuencia equivocada ou en economías competitivas débiles.<ref name="Stiglitz 2003b" /><ref name="Schneider 2002">{{cita enciclopedia|título= World Markets: Anthropological Perspectives |autor= Schneider, Jane |enciclopedia= Exotic No More: Anthropology on the Front Lines | editor = MacClancy, Jeremy |ano= 2002 |editorial= University of Chicago Press |lugar= Chicago, IL | isbn = 978-0-22-650013-3 | lingua = inglés}}</ref>
 
Unha das críticas máis fortes ao Banco Mundial foi a forma en que se rexe. Aínda que o Banco Mundial representa 188 países, está dirixido por un pequeno número de países economicamente poderosos. Estes países (que tamén proporcionan a maior parte do financiamento da institución) elixen a presidencia e a alta dirección do Banco Mundial, así os seus intereses dominan o banco.<ref name="Woods 2007">{{cita libro|título= The Globalizers: The IMF, the World Bank, and Their Borrowers |autor= Woods, Ngaire |ano= 2007 |editorial= Cornell University Press |lugar= Ithaca, NY | isbn = 978-0-80-147420-0 | lingua = inglés}}</ref>{{rp|190}} Titus Alexander sostén que o poder de voto desigual dos países occidentais e do Banco Mundial, respecto dos países en desenvolvemento, fai que o seu papel sexa similar ao do Banco Surafricano polo Desenvolvemento baixo o [[apartheid]], e por tanto un dos alicerces do [[apartheid global]].<ref name="Alexander 1996">{{cita libro|título= Unravelling Global Apartheid: An Overview of World Politics |autor= Alexander, Titus |ano= 1996 |editorial= Polity |lugar= Cambridge, UK | isbn = 978-0-74-561352-9 | lingua = inglés}}</ref>{{rp|133-141}}
 
Na década de 1990, o Banco Mundial e o FMI forxaron o [[Consenso de Washington]], unhas políticas que incluíron a [[desregulación]] e a liberalización dos mercados, a [[privatización]] e a redución do poder dos gobernos. A pesar de que o Consenso de Washington foi concibido como unha política para promover un mellor desenvolvemento, foi criticado por ignorar a equidade, a ocupación e como se levaron a cabo reformas como a privatización. Joseph Stiglitz argumenta que o Consenso de Washington puxo demasiada énfase no crecemento do PIB, e non bastante na permanencia do crecemento ou de se o crecemento contribuía a elevar o nivel de vida.<ref name="Stiglitz 2007" />{{rp|17}}
 
O [[Comité do Senado dos Estados Unidos de Relacións Exteriores]] elaborou un informe crítico co Banco Mundial e outras institucións financeiras internacionais por centrarse demasiado "na emisión de préstamos en lugar de no logro de resultados concretos de desenvolvemento dentro dun período definido", e pediu á institución "fortalecer os esforzos contra a corrupción".<ref name="Committee on Foreign Relations 2010">{{cita publicación periódica| título= The International Financial Institutions: A Call For Change | editor = U.S. Government Printing Office | data = 2010 | autor = Committee on Foreign Relations, United States Senate, 111th Congress | url = http://www.foreign.senate.gov/imo/media/doc/55285.pdf |dataacceso= 20 agosto 2012 | lingua = inglés}}</ref>
 
As críticas ao Banco Mundial a miúdo toman a forma de protestas como en acontecementos recentes: as [[Protestas de Oslo do 2002 ao Banco Mundial]],<ref name="Gibbs 2002">{{cita publicación periódica|título= Europe: Norway: Protests As World Bank Meets |autor= Gibbs, Walter |data= 25 xuño 2002 |editorial= The New York Times | url = http://www.nytimes.com/2002/06/25/world/world-briefing-europe-norway-protests-as-world-bank-meets.html?n=Top/Reference/Times%20Topics/Subjects/F/Foreign%20Aid |dataacceso= 20 agosto 2012 | lingua = inglés}}</ref> a [[Rebelión de Outubro]]<ref name="Williams & Ruane 2007">{{cita publicación periódica|título= Violence Erupts at Protest in Georgetown |autor= Williams, Clarence |autor2= Ruane, Michael E. |data= 20 outubro 2007 |editorial= The Washington Post | url = http://www.washingtonpost.com/wp-dyn/content/article/2007/10/19/AR2007101901728.html |dataacceso= 30 maio 2008 | lingua = inglés}}</ref> e a [[Manifestacións contra o cume da OMC en Seattle|Batalla de Seattle]]. Estas manifestacións producíronse en todo o mundo, mesmo entre o pobo brasileiro [[kayapó]].<ref name="Clendenning 2008">{{cita publicación periódica|título= Amazon Indians Attack Official Over Dam Project |autor= Clendenning, Alan |data= 21 maio 2008 | axencia = Associated Press |editorial= National Geographic | url = http://news.nationalgeographic.com/news/2008/05/080521-AP-indians-dam.html |dataacceso= 21 maio 2008 | lingua = inglés}}</ref>
 
Outra fonte de crítica foi a tradición de ter un presidente norteamericano. Implementouse debido ao feito de que os Estados Unidos proporcionan a maior parte do financiamento do Banco Mundial. "Cando os economistas do Banco Mundial visitan os países pobres para dispensar axuda monetaria e consellos", observou ''[[The Economist]]'' en 2012, "din rutineiramente aos gobernos que teñen que rexeitar o amiguismo e que o mellor candidato dispoñible ocupe cada traballo importante. É un bo consello. O Banco Mundial teríao que aplicar."<ref name="The Economist 2012">{{cita publicación periódica|título= Hats off to Ngozi |data= 31 marzo 2012 |editorial= The Economist | url = http://www.economist.com/node/21551490 |dataacceso= 2 abril 2012 | lingua = inglés}}</ref>
 
==Notas==
93.815

edicións