Diferenzas entre revisións de «Banco Mundial»

→‎Notas: +trad. ca.wiki
(→‎Notas: +trad. ca.wiki)
*[[Robert Zoellick]] ([[2007]] - 2008)
*[[Jim Yong Kim]] (2008 -)
 
== Tipos de préstamo ==
Por medio dos seus diferentes organismos, descritos anteriormente, o BM xestiona cinco tipos diferentes de préstamos, controlando aspectos de investimentos, desenvolvemento institucional e políticas públicas de aproximadamente 150 nacións.
 
'''1) Préstamos para proxectos:''' este tipo de préstamos outórgase para desenvolver un proxecto específico como estradas, proxectos pesqueiros, infraestrutura en xeral.
 
'''2) Préstamos sectoriais, vía BIRF e AIF:''' estes préstamos gobernan todo un sector da economía dun país, é dicir, enerxía, agricultura, etcétera. Estes comportan condicións que determinan as políticas e prioridades nacionais para este sector.
 
'''3) Préstamos Institucionais:''' estes serven para a reorganización de institucións gobernamentais co fin de orientar as súas políticas cara ao libre comercio e obter o acceso sen restricións, das empresas transnacionales (ETN), aos mercados e rexións. Doutra banda serven para cambiar as estruturas gobernamentais sen aprobación parlamentaria, baixo as directrices do Banco.
 
'''4) Préstamos de axuste estrutural:''' este tipo de préstamos foron creados teoricamente para aliviar a crise da débeda externa co fin de converter os recursos económicos nacionais en produción para a exportación e fomentar a entrada das empresas transnacionais en economías restrinxidas. Os países do sur experimentaron estes axustes e as consecuentes medidas de austeridade.
 
'''5) Préstamos a fondo Perdido:''' este tipo de préstamos foron creados como maneira de cambio monetario sen retorno, o prestamista non recibe de novo este diñeiro prestado.
 
No ano 1993 o BIRF marcaba como os seus maiores prestatarios por orde descendente a: México, India, Brasil, Indonesia, Turquía, China, Filipinas, Arxentina, Corea, Colombia, Marrocos e Nixeria. Os préstamos do BIRF negócianse de forma individual, inclúen un período de cinco anos sen necesidade de amortización; despois os gobernos prestatarios dispoñen dun prazo de 15 a 20 anos para amortizar a débeda aos tipos de interese do mercado. O Banco nunca reestrutura a débeda nin cancela un préstamo. Pola súa influencia en fontes públicas e privadas o Banco figura entre os primeiros lugares de acredores dos seus clientes.
 
==Notas==
93.792

edicións