Diferenzas entre revisións de «Banco Mundial»

(→‎Grupo Banco Mundial: +trad. ca.wiki)
(→‎Grupo Banco Mundial: +trad. ca.wiki)
 
En 1980, o Tribunal administrativo do Banco Mundial creouse para decidir nas disputas entre o Grupo Banco Mundial e o seu persoal nas alegacións de incumprimento de contratos de ocupación ou dos termos dos acordos.<ref name="World Bank Admin Tribunal 2012">{{cita web|título= World Bank Administrative Tribunal|editor= World Bank Group|autor= World Bank|url = http://lnweb90.worldbank.org/crn/wbt/wbtwebsite.nsf/%28resultsweb%29/about?opendocument|dataacceso= 14 agosto 2011}}</ref>
 
=== 1980-1989 ===
En 1980, McNamara foi sucedido por Alden W. Clausen candidato do presidente dos Estados Unidos, [[James Earl Carter|Jimmy Carter]]. Substituíu moitos membros do equipo de McNamara e instituíu un novo enfoque ideolóxico. A súa decisión de 1982 de substituír o economista principal do banco, Hollis B. Chenery, por Anne Krueger era unha indicación deste novo enfoque. Krueger destacouse pola súa crítica sobre o financiamento ao desenvolvemento e por describir [[Terceiro Mundo|os gobernos do Terceiro Mundo como]] "estados buscadores de rendas".
 
Durante os [[anos 1980]], o banco fixo fincapé nos préstamos para pagar a débeda do Terceiro Mundo, e as políticas de axuste estrutural deseñadas para optimizar as economías das nacións en desenvolvemento. A finais da [[década de 1980]], UNICEF informou que os programas de axustamento estruturais do Banco Mundial foran responsables da "diminución da saúde, dos niveis nutritivos e educativos de decenas de millóns de nenos de Asia, Latinoamérica, e África".<ref name="Cornia et. al. 1987">{{cita libro|título= Adjustment with a Human Face: Protecting the Vulnerable and Promoting Growth|editor = Cornia, Giovanni Andrea|editor2 = Jolly, Richard|editor3 = Stewart, Frances|ano= 1987|editorial= Oxford University Press USA|lugar= Nova York, NY|isbn = 978-0-19-828609-7}}</ref>
 
== Grupo Banco Mundial ==
93.795

edicións