Denominación de Orixe Rías Baixas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 24:
 
== Descrición ==
Divídese nas seguintes subzonas: [[Comarca do Salnés|Val do Salnés]], [[Comarca do Condado|Condado do Tea]], [[O Rosal]], [[Soutomaior]] e [[Ribeira do Ulla]]. A uva [[albariño (uva)|albariño]] é a súa produción monovarietal de máis éxito, aínda que se pode combinar coas uvas brancas [[loureira branca]] ou marqués, [[treixadura (uva)|treixadura]], [[caíño branco]], torrontés e [[godello]] e as tintas [[caíño tinto]], espadeiro, [[loureira tinta]], [[sousón]], [[mencía]], pedral e [[brancellao]]<ref>[http://doriasbaixas.com/public/ficheros/bodegas/folleto_prestige_cast.pdf Folleto explicativo da D.O.RR.BB.], páxina 6 {{es}}</ref>. A produción é de baixa graduación, de [[viño branco]] e sen [[crianza]], e expórtase cada vez máis a mercados españois (especialmente [[Barcelona]] e [[Madrid]]) e exteriores ([[Alemaña]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Reino Unido]], [[Francia]], [[Suíza]], [[Xapón]] e [[Suecia]]).
 
Os viñedos ocupan unha superficie de preto de 4.027 [[hectárea]]s, que pertencen a 179 adegas. Esta denominación é a maior produtora galega, xa que 55 das súas adegas producen máis de 25.000 litros e unhas vinte superan os 75.000. A produción total supera os 19 millóns de litros.<ref name="OVNT">"Os viños da nosa terra", separata de ''[[Faro de Vigo]]'', 12/7/2015.</ref>