Pobos tupís: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
|lingua = [[Linguas tupís]]
|relixión = relixión tradicional, [[cristianismo]]
|relacionados = [[pobo guaraní]]
}}
Os '''tupís'''<ref>{{DRAG|tupí}}</ref> foron un dos máis importantes [[pobos indíxenas do Brasil]]. O sentido xenérico do termo remite ós indíxenas que habitaban na costa [[brasil]]eira no [[século XVI]] e que falaban a [[Lingua tupí|lingua tupí antiga]]. O sentido específico do termo remite ós indíxenas que habitaban na rexión da actual cidade de [[São Vicente, São Paulo|São Vicente]], na mesma época.<ref>NAVARRO, E. A. ''Método moderno de tupi antigo: a língua do Brasil dos primeiros séculos''. 3ª edição. São Paulo. Global. 2005. p. 11,12.</ref>Os estudosos cren que primeiro estaban asentados na [[Amazonia|selva amazónica]], pero o -900 comezaron a espallarse cara o sur e a ocupar gradualmente a costa atlántica.<ref>{{cita web|url=http://www.portalsorocabano.com.br/index.php/s-soc/47-c-cor/1717-saida-dos-tupi-guaranis-da-amazonia-pode-ter-ocorrido-ha-2900-anos|título=Saída dos tupi-guaranis da Amazônia pode ter ocorrido há 2.900 anos|editorial=}}</ref>
 
== Orixe ==
[[Ficheiro:Slide27.JPG|miniatura|esquerda|280px|Distribución dos grupos indíxenas na costa do Brasil no século XVI. A maior parte deles (mais non todos) eran do grupo tupí.]]
Estudos demonstran que os tupís terían habitado orixinalmente os vales dos ríos [[Río Madeira|Madeira]] e [[Río Xingu|Xingu]], que son afluentes da beira meridional do [[río Amazonas]].<ref name="BUENO, E. 2003. p.19">BUENO, E. ''Brasil: uma história''. 2ª edição. São Paulo. Ática. 2003. p.19.</ref> Estas tribos, que sempre foran [[Nomadismo|nómades]], terían iniciado unha migración en dirección á foz do río Amazonas e, dende alí, polo litoral e cara ó sur. Suponse que esta migración, que tamén se produciu no interior do continente no sentido norte-sur, terían comezado a comezos da era cristá.<ref name="BUENO, E. 2003. p.19"/>
 
Nunha hipótese alternativa, o [[Folclore|folclorista]] [[Luís da Câmara Cascudo]] sinala a rexión dos ríos [[Río Paraguai|Paraguai]] e [[Riío Paraná|Paraná]] como o centro orixinal da dispersión dos tupís-guaranís (incluíndo o o [[pobo guaraní]] xunto cos tupís).<ref>CASCUDO, L. C. ''Geografia dos mitos brasileiros''. 3ª edição. São Paulo. Global. 2002.</ref>
 
Algúns autores sospeitan que, nesta traxectoria, os tupís se enfrontaron ós [[pobo tupinambá|tupinambás]], que xa habitaban o litoral; outros sustentan que só se trataba de levas sucesivas do mesmo pobo, os posteriores encontrando os anteriores xa estabelecidos. Certo é que, nese processo, as tribos tupís derrotaron as tribos [[tapuias]] que xa habitaban o litoral brasileiro, expulsándoas, entón, para o interior do continente, por volta do ano 1000.<ref name="BUENO, E. 2003. p.19"/>
 
== Notas ==