Wikipedia:Libro de estilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: NavPolíticas
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 71:
 
==== Seccións ====
As seccións axudan a unha mellor distribución do texto de xeito que este estea ordenado e sexa máis fácil atopar ou localizar os datos que interesan se o artigo é moi grande, así como facilitar a edición por anacos. Comprende varios parágrafos relacionados reunidos baixo un mesmo apartado. Non é bo crear demasiadas seccións, pero tampouco o é poñer moitos parágrafos seguidos sen diferenciación. Os subtítulos utilizados, polo tanto, deben ser claros e nunca ambiguos ou demasiado xerais. Debe lembrarse que nalgúns casos, podes atopar axudas para a denominación e orde das seccións (v. [[Wikipedia:Modelos de estrutura de artigos]] e [[:Categoría:Modelos de artigos]]), estando nalgúns casos estipuladas con especial profusión ([[Wikipedia:Modelo de concellos]]).
 
Os títulos das seccións van en letras minúsculas, agás a primeira letra. Por exemplo: "{{Exemplo|Estrutura xeral}}" e non "{{Exemplo|!|ESTRUTURA XERAL}}".