Diferenzas entre revisións de «Kahoolawe»

sen resumo de edición
A illa, de 18 km de longo e 10 km de ancho, ten unha superficie total de 115 km². A altitude máxima é o cráter do Lua Makika, na cima do Puu Moaulanui, de 452 metros sobre o nivel do mar. A illa é relativamente seca debido á escasa elevación e á súa situación a sotavento da elevada [[Maui]].
 
En 1993, o estado de [[Hawai]] estableceu a reserva da illa Kaho´olawe. Tanto a illa como as augas litorais só poden utilizarse con finalidades culturais, espirituais e de subsistencia para os [[pobo hawaiano|nativos hawaianos]]. Están prohibidos os usos comerciais e só se permiten as actividades de pesca, mantemento ambiental, preservación histórica e educación. Preténdese recuperar a illa controlando a erosión, restablecendo os acuíferos e substituíndo a vexetación foránea por autóctona.
 
==Historia==
232.771

edicións