Fotótrofo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios + cda
Liña 6:
 
== Fotoautótrofos ==
A gran maioría dos fotótrofos son [[autótrofo]]s, polo que se denominan '''fotoautótrofos''', que se caracterizan porque poden realizar a [[fixación do carbono]] para obter o carbono que necesitan a partir do CO<sub>2</sub>. Os fotoautótrofos poden sintetizar a súa propia materia orgánica a partir de substancias inorgánicas obtidas do medio utilizando a luz como fonte de enerxía para o seu [[metabolismo]]. As plantas verdes, as algas e case todas as bacterias fotosintéticas son fotoautótrofas. Os organismos fotoautótrofos denomínanse ás veces '''holofíticos'''.<ref>{{Cita libro | title=The Facts on File dictionary of biology | last=Hine | first=Robert | publisher=Infobase Publishing | year=2005 | page=175 | isbn=978-0-8160-5648-4}}</ref>
 
Os fotótrofos poden realizar unha fotosíntese oxixénica na cal se utiliza auga como [[doante de electróns]], que ao descompoñerse desprende oxíxeno, e captan a luz utilizando [[clorofila]]s. Son fotótrofos oxixénicos as plantas, algas e [[cianobacteria]]s.