Corazón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 54:
Atribúese aos médicos alexandrinos, que recorreron tamén á [[vivisección]] dos condenados á morte, a diferenciación, baseada na estrutura, entre [[arteria]]s e [[vea]]s e a descuberta do valor semiolóxico da [[pulsación arterial]]. A [[Erasístrato]] (304-250 a.C.) débese a descrición das [[válvulas cardíacas]]. A tentativa dos alexandrinos de estableceren un fundamento anatómico da clínica hipocrática, non foi con todo continuada, e foi prontamente abandonada. Unha das principais causas deste fracaso reside na falta de coñecemento no campo fisiolóxico, que debería permitir a relación lóxica entre [[anatomía]] e [[patoloxía]]. [[Galeno]] ([[129]]-[[201]]){{sfn|Gorny|pp=63-73|Gorny}} retornou, entón, á teoría humoral hipocrática, fundada no equilibrio entre os [[patoloxía humoral|catro humores]] do corpo (sangue, [[flegma]], bile amarela e bile negra) e á primacía da clínica ([[semiótica]] e [[terapia|terapéutica]]) dada ao estudo da medicina, integrada, con todo, co estudo anatómico de animais ([[símio]]s e [[suíno]]s), coa súa experiencia como médico dos [[gladiador]]es e experimentos que presentou por primeira vez no campo da medicina. En gran parte grazas á vivisección, Galeno mostrou que o ventrículo esquerdo e as arterias conteñen sangue e non só [[pneuma]] (aire vital), como teorizaban os seus predecesores, e que a causa da pulsación é a contracción cardíaca; porén, cría erroneamente, que o septo interventricular posuía pequenos poros a través dos cales o sangue do ventrículo dereito pasaba para o esquerdo.<ref>{{Cita publicación periódica|autor=P.M. Dunn|ano=2003|título=Galen (AD 129-200) of Pergamun: anatomist and experimental physiologis|revista=Arch. Dis. Child. Fetal Neonatal Ed.|volume=88|número=|pp=F441-443|url=https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1721609/pdf/v088p0F441.pdf}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|autor=J. Martins e Silva|ano=2009|título=From the discovery of the circulation of the blood to the first steps in hemorheology: part 1|revista=Rev. Port. Cardiol.|volume=28|número=|pp=1245-1268|url=http://www.spc.pt/DL/RPC/artigos/1128.pdf}}</ref>
 
Seguindo o progreso da ciencia médica, grazas sobre todo ao traballo de Galeno que influenciou o coñecemento médico ata o [[Renacemento]], observouse que a parada cardíaca súbita acontecia debido á oclusión dunha [[arteria coronaria]]. Así, o corazón pasou da condición de ser considerado a base do intelecto, como así o definiran os [[sumerio]]s, ou de dono absoluto do corpo, como era chamado polos [[exipcios]], á condición dunha bomba usada para un traballo puramente mecánico, aínda que vital. ComoCun unha operaciónfuncionamento moi simple, comparadacomparado coaco doutros órganos do corpo, o corazón conserva aínda unha dose considerable de encanto, causada probablemente por ser un [[órgano (anatomía)|órgano]] pulsante que marca sen interrupción o ritmo de vida.{{sfn|Gorny||Gorny}}
 
[[Ficheiro:Leonardo da vinci, Heart and its Blood Vessels.jpg|miniatura|esquerda|Deseño do corazón da autoria de [[Leonardo da Vinci]].]]