Cidade de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 90:
Conflitos como a [[Guerra Mexicano-Americana]], a [[Segunda intervención francesa en México|Intervención Francesa]] e a [[Guerra da Reforma]] deixaron a cidade relativamente sen danos, especialmente durante o goberno do presidente [[Porfirio Díaz]]. Durante este período, a capital mexicana desenvolveu unha moderna infraestrutura, como estradas, escolas, alén de sistemas de comunicación e transporte. No entanto, o réxime concentrou recursos na cidade, mentres o resto do país quedaba na [[pobreza]].
 
O rápido desenvolvemento levou á [[Revolución Mexicana]].<ref name="citydata"/> O episodio máis significativo deste período para a cidade foi ''La decena trágica'' ("A decena Tráxica"), en 1913, un [[golpe de Estado]] contra o presidente [[Francisco I. Madero]] e seu vicepresidente, [[José María Pino Suárez]]. [[Victoriano Huerta]], xeneral xefe do Exército Federal, viu unha oportunidade de tomar o poder, forzando a Madero e Pino Suárez a asinar as súas [[Abdicación|renuncia]]s. Os dous foron asasinados máis tarde, mentres eran levados para a prisión.<ref name="redescolar">{{cita web|url=http://redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/act_permanentes/historia/histdeltiempo/mexicana/sigloxx/xx_dece.htm|título=La Decena Trágica, febrero de 1913|lingua=castelán|dataacceso=19 de outubro de 2008}}</ref>
 
As forzas [[Zapatismo|zapatistas]], que estaban baseadas no estado veciño de [[Estado de Morelos|Morelos]], tiñan puntos fortes no extremo sur do Distrito Federal, que incluía [[Xochimilco]], [[Tlalpan]], [[Tláhuac]] e [[Milpa Alta]] para loitar contra os réximes de Victoriano Huerta e Venustiano Carranza. Tralo asasinato de Carranza e un curto mandato de [[Adolfo de la Huerta]], [[Álvaro Obregón]] tomou o poder. Despois, disposto a ser reelixido, foi asasinado por [[José de León Toral]], un católico devoto, nun restaurante preto do parque La Bombilla, en San Ángel, en 1928. [[Plutarco Elías Calles]] substituíu Obregón e culminou na Revolución Mexicana.