Legume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:3 types of lentil.jpg|250px|miniatura|Tres tipos de [[lentella]]s]]
[[Ficheiro:Soybeanvarieties.jpg|250px|miniatura|Sementes de [[soia]]]]
Denomínase '''legume''' (do [[latín]] ''legumen'') a un tipo de [[froito]] seco, tamén chamado comunmente '''vaíña''', '''vaxa''' ou '''bagullo'''. Así mesmo reciben tal nome as sementes comestibles que crecen e maduran dentro deste froito e as plantas que as producen.
 
Os legumes constitúen un grupo de [[alimento]]s moi homoxéneo, formado polos [[froito]]s secos das [[leguminosa]]s, sendo dehiscentes, desenvolvidos a partir do [[Xineceo (botánica)|xineceo]], dun só [[carpelo]] e que se abre tanto pola sutura ventral como polo nervio dorsal, en dúas valvas e coas sementes nunha fileira ventral. Estas vaíñas adoitan ser rectas e carnosas. Polo xeral posúen unha carne interior esponxosa, con tacto de veludo e de cor branca. A súa parte interna corresponde ao [[mesocarpio]] e ao [[endocarpio]] do froito.
 
O tamaño dos legumes varía dende un milímetro ou pouco máis ata medio metro. A súa forma, aínda que na maioría dos casos é alongada e comprimida, como a dos feixóns ou fabas, varía moitísimo.
 
Estes froitos pertencen á grande orde das [[planta]]s leguminosas (familia ''[[Fabaceae]]'', leguminosas de gran). Malia o gran número de especies que compón esta familia, as empregadas para a [[alimentación|alimentación humana]] e do [[gando]] é moi baixo.
 
A parte da planta consumida en alimentación animal e humana varía entre as distintas especies de leguminosas. Na maior parte dos casos, a parte comestible coincide coa utilizada pola planta como almacén de substancias de reserva. A gran variación existente na parte consumida é unha consecuencia da diversidade de estratexias utilizadas polas leguminosas para a súa adaptación aos [[medio ambiente|medios]] máis diversos.