Diferenzas entre revisións de «Zoocoria»

m
Arranxos varios
Sem resumo de edição
m (Arranxos varios)
 
* ''Epizoocoria''. Tamén recibe os nomes de ''ectozoocoria'' e ''exozoocoria''. As sementes ou froitos adhírense á superficie dos animais por medio de substancias adhesivas ou de estruturas mecánicas que favorecen a fixación, tales como ganchos ou arpóns.
 
* ''Endozoocoria''. As sementes son engulidas por determinados animais, atraídos por unha [[Testa (Botánica)|testa]] (cuberta da semente), un froito de consistencia carnosa ou algún outro cebo. Os froitos e sementes preparados para iso son portadores de recompensas ou reclamos cos que á vez atraen aos seus axentes dispersantes.
 
== Epizoocoria ==
[[Ficheiro:Arctium_lappa02.jpg|miniatura|dereita|240px|'''Epizoocoria'''. Propágulos do bardán (''[[Arctium lappa]]''), unha planta epizoócora. Obsérvanse os extremos ganchudos das brácteas espiñentas]]
En galego chámase [[abrollo]]s aos distintos froitos dotados de petiscos ou ganchos que se adhiren ao xeito dos mamíferos ou á roupa. Moitas [[Poaceae|gramíneas]] producen espiguiñas con esa mesma propiedade. Noutros casos a fixación conséguese por substancias adhesivas.
 
== Endozoocoria ==
Moitas plantas producen froitos carnosos ou sementes carnosas, acuosos, nutritivos, ricos en aromas e de cores rechamantes. A adaptación que implican é a atracción de animais, que os devoran, pasando as sementes ao tracto dixestivo do animal. As sementes non só resisten os fluídos gástricos, senón que en xeral non acadan a plena capacidade de xerminar se non experimentan os seus efectos.
 
En plantas parasitas que crecen sobre as ramas das árbores, como o visgo (''Viscum album'') e outras [[Loranthaceae|lorantáceas]], a dispersión depende das aves e outros animais arborícolas, e é a única maneira de asegurar que as sementes acaden novas pólas sobre as que xerminar.
393.002

edicións