Salustiano de Olózaga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Engado contido e commons
m Arranxos varios
Liña 3:
Estudou Filosofía en [[Zaragoza]] e [[Madrid]] e Leis nesta última cidade. Membro da Milicia Nacional, e liberal convencido, participou como oficial custodiado no establecemento das Cortes de Cádiz. Exiliouse a San Xoan da Luz, ([[Francia]]), en [[1831]], fuxindo da política represiva de [[Fernando VII]] tras as revoltas de [[1831]]. Con [[Mendizábal]] foi Gobernador Civil de Madrid e máis tarde Deputado desta cidade e despois de [[Logroño]] dende [[1836]] até [[1873]]. Participou na elaboración da [[Constitución española de 1837]] tras o ''Motín de la Granja de San Ildefonso'', convencido da necesidade de superar os enfrontamentos da [[Constitución española de 1812|Constitución de 1812]] e o Estatuto Real de [[1834]]. É por esta época cando se nomea como preceptor da filla menor da naquel momento Rexente [[María Cristina de Borbón]], e do defunto Fernando VII, a futura [[Isabel II de España|Isabel II]].
 
Oposto á ''Lei de Concellos'' da Rexente e cun claro apoio ao progresismo de [[Baldomero Espartero]] no seu enfrontamento con María Cristina. Ao ascender Espartero ao poder, foi nomeado embaixador en [[París]] onde tratou de conciliar as posicións oficiais españolas coas tramas que realizaba María Cristina no exilio. Tras a caída da Espartero e recentemente nomeada Isabel II maior de idade e Raíña de España, foi nomeado [[Presidente do Goberno de España|Presidente do Consello de Ministros]] onde tivo que enfrontarse ás falsas acusacións do reacionario [[Luis González Bravo]], nas que sostiña que tratara de disolver as Cortes mediante o uso da violencia e a intimidación da raíña. Esta situación obrigouno outra vez a marchar a Francia o [[19 de novembro]] de [[1843]]. Non volvería a España até [[1847]]. En [[1853]] ingresou como membro da [[Real Academia da Historia]]. Posteriormente foi embaixador en París e de volta á península mantivo duras críticas fronte aos moderados e reacionarios.
 
En [[1871]] foi nomeado membro da [[Real Academia Española]]. Faleceu sendo embaixador de España en Francia.
Liña 24:
{{commonscat}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Olozaga, Salustiano}}
[[Categoría:Presidentes de España]]