Ferdinand de Lesseps: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*financieiro/a > financeiro/a.
m Arranxos varios
Liña 26:
| profesión = Diplomático e empresario
}}
'''Ferdinand-Marie de Lesseps''', vizconde de Lesseps, nado en [[Versalles]] o [[19 de novembro]] de [[1805]], e finado en La Chênaie, preto de [[Guilly, Indre]] o [[7 de decembro]] de [[1894]], foi un [[diplomacia|diplomático]] e [[empresa|empresario]]rio [[Francia|francés]].<ref name="sapiens126">{{cita publicación periódica | apelido1=Mata | nome1 =Jordi | título =Ferdinand de Lesseps | publicación = [[Revista Sàpiens]] formato = papel |editorial = Sàpiens Publicacions | localización = Barcelona | data = febreiro de 2013 | páxinas = p.73 | issn =1695-2014 }}</ref>
 
Proveniente dunha familia de diplomáticos, iniciouse dende novo na profesión, feito que o levou a traballar en diferentes misións en [[Europa]] e [[África]]. Durante os primeiros anos da súa carreira foi destinado en [[Exipto]], onde ostentou diversos cargos diplomáticos en [[Alexandría]] e [[O Cairo]]. Posteriormente foi cónsul en [[Barcelona]] (1842-48) e embaixador en [[Madrid]] (1848-49). Da súa estadía en [[Barcelona]] cabe destacar a súa mediación durante o [[Bombardeo de Barcelona (1842)|bombardeo de 1842]], motivo polo cal anos despois se lle dedicaría unha [[Plaça de Lesseps|praza]].
 
Despois dunha controvertida misión en [[Roma]], que provocou a fin da súa carreira diplomática, e co apoio de diversos contactos políticos e empresariais, liderou o proxecto de construción da [[Canle de Suez]] que uniría o [[Mar Mediterráneo]] e no [[Mar Vermello]]. Malia unha serie de atrancos, a empresa contou co apoio das elites políticas tanto de [[Exipto]] como de [[Francia]] e o proxecto inaugurouse en [[1869]].
 
Despois do éxito que supuxo a construción da canle de Suez, gozou dun gran respecto e influencia entre a sociedade francesa e europea do seu tempo, recibindo diversas condecoracións e converténdose en membro, entre outras, da [[Academia das Ciencias Francesa]]. Durante un tempo matinou sobre a súa entrada en política, pero finalmente en [[1879]] convocou un cumio para estudar a viabilidade de construír a [[Canle de Panamá]], para unir os [[Océano Atlántico|océanos Atlántico]] e [[Océano Pacífico|Pacífico]] e creou unha sociedade que iniciaría a súa construción durante a seguinte década. Porén, diversos problemas técnicos e financeiros, así como a presión de gobernos estranxeiros, fixeron que a compañía fose liquidada en [[1889]], provocando un gran rebumbio e un forte descrédito persoal. Xunto co seu fillo e diversos empresarios e políticos foron xulgados e condenados no que se coñecería como o [[Escándolo de Panamá]].
 
Morrería na súa casa en La Chênaie en [[1894]] á idade de 89 anos. O seu legado, en forma das dúas grandes infraestruturas que proxectou e axudou a construír, ten aínda unha gran relevancia no mundo actual.
Liña 49:
 
{{ORDENAR:Lesseps, Ferdinand De}}
 
[[Categoría:Nados en 1805]]
[[Categoría:Nados en Versalles]]