Michel Temer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+foto
m →‎Carreira pública: Arranxos varios
Liña 22:
Logo da súa primeira lexislatura fronte á Secretaría de Seguridade Pública de San Paulo, comezou a súa carreira en cargos electivos. Confioulle ao entón gobernador, Franco Montoro, o súa decisión de participar na Asemblea Nacional Constituínte de [[1986]]. Finalmente, resultou electo ao cargo e puido participar da Asemblea onde optou por mostrar unha postura moderada e grandes coñecementos sobre dereito constitucional. Logo desta elección, foi elixido Deputado Federal, cargo que repetiría consecutivamente por seis períodos máis. Finalmente abandona o cargo para volver asumir a Secretaría de Seguridade Pública de San Paulo e, anos máis tarde, para asumir a Secretaría de Goberno do devandito Estado.
 
Foi electo tres veces como Presidente da Cámara de Deputados (en 1997, en 1999 e en 2009), e no [[2001]] é designado como presidente do [[Partido do Movimento Democrático Brasileiro]]. En [[2009]], tras un acordo co [[Partido dos Traballadores (Brasil)|Partido dos Traballadores]], é elixido como candidato a [[Vicepresidente]], para conformar unha candidatura con [[Dilma Rousseff]] a disputar nas eleccións de [[2010]], onde finalmente resulta electo, tras unha segunda volta, o [[31 de outubro]], tamando finalmente posesión do cargo o [[1 de xaneiro]] de [[2011|2011.]] .
 
Debido á crise política e económica, que resultaron no impeachment de presidente [[Dilma Rousseff]], Michel asumiu a presidencia en [[31 de agosto]] de [[2016]]. Nunha entrevista para a Lebanese Broadcasting Corporation, Temer mencionou que a orixe da súa familia é da cidade de Tabourah en Distrito de Koura, que á súa vez é unha veciñanza da cidade de Trípoli, [[Líbano]]. {{Control de autoridades}}