World Wide Web: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 45:
 
== Funcionamento ==
A pesar de que hoxe en día os termos Internet e World Wide Web son de uso frecuente na fala cotiá como sinónimos, non son a mesma cousa. Internet é un sistema global de [[Rede de computadoras|redes de computadoras]] interconectadas.<ref>{{GEC|0242027|Internet|dataacceso=21 de novembro do 2010}}</ref> Pola contra, a Web<ref name=GECwww/> é un dos servizos que se executa sobre a rede de Internet. É unha colección de documentos interconectados e outros recursos, unidos por hiperligazóns e enderezos [[Uniform Resource Locator]]. En resumo, a Web é un [[software]] que funciona sobre Internet.<ref>{{cita web|título=The W3C Technology Stack|url=http://www.w3.org/consortium/technology|editor=World Wide Web Consortium|dataacceso=21 de novembro de 2010}}</ref>
 
A visualización dunha [[páxina web]] normalmente empeza cando o usuario introduce a través do teclado unha [[Uniform Resource Locator|URL]] no [[navegador web]] ou ben cando segue unha hiperligazón desa páxina ou recurso. A continuación a navegador web comeza unha serie de procesos intercambiando mensaxes non visibles para conseguir a páxina e mostrala. En primeiro lugar, a parte do URL que contén o nome do servidor que contén a páxina tradúcese a un [[enderezo IP]] mediante a utilización dunha base de datos distribuída globalmente que contén as equivalencias [[Dominio de Internet|dominio]] - [[enderezo IP]] e que recibe o nome de [[DNS]]. Este enderezo IP é necesaria para poder contactar co [[servidor web|servidor]] ao cal se ten que enviar a consulta. Despois o navegador web pide o recurso enviando unha petición [[HTTP]] ao servidor web. No caso dunha páxina web típica pídese o texto [[HTML]] da páxina e este é interpretado inmediatamente polo navegador nun proceso de [[Analizador sintáctico|análise]] (''parsing'' en inglés) e a continuación, cando o navegador xa sabe que recursos adicionais necesitará para mostrar a páxina enteira, volve facer unha consulta HTTP pedindo as imaxes e outros recursos que formen parte da páxina (ficheiros css, javascript, applets java, etc.). As estatísticas que miden a popularidade dun lugar web baséanse en xeral no número de páxinas visitadas ou [[petición de ficheiro|peticións de ficheiros]] (''hits'' en inglés) que se fan a un servidor web.
Liña 83:
== Publicar na web ==
Hai varias opcións para facerse visible na World Wide Web.
A máis sinxela son os [[blog|blogs]]s, un tipo de diarios persoais que se actualizan periodicamente en forma de noticias.
 
Tamén están os sistemas [[Sistema de xestión de contidos|xestores de contidos]] (CMS), que permiten crear webs bastante complexas (con [[PHP|linguaxe php]], javascript) cuns mínimos coñecementos de informática. Isto achegou a web a creacións que antes só as podían facer profesionais.
Liña 97:
A web contén millóns e millóns de páxinas distribuídas en millóns de webs, e para buscar a información que se necesita en cada momento, principalmente úsanse dúas técnicas diferentes;
* O [[buscador]] web, no cal se introducen unha ou varias palabras chave (termos de busca) nun formulario e o buscador devolve as páxinas que coinciden con eses termos. Exemplos disto son [[Google]] ou [[Yahoo!]]. Hai buscadores específicos por áreas temáticas, outros que se insiren nunha páxina e buscan só nun lugar web concreto. Os motores semánticos, en desenvolvemento, actúan a partir de preguntas ou frases complexas e non unicamente termos chave ou etiquetas.
 
* O [[directorio web]], que contén unha lista de páxinas web, organizadas xerárquicamente por categorías. Un exemplo é o [[DMOZ|Proxecto de Directorio Aberto]].
 
Liña 107 ⟶ 106:
 
* O ''Identificador de Recurso Uniforme'' ([[URI]]), que é un sistema universal para referenciar recursos na Web.
 
* O ''Protocolo de Transferencia de Hipertexto'' ([[HTTP]]), que especifica como se comunican o navegador e o servidor entre eles.
 
* A ''Linguaxe de Marcado de Hipertexto'' ([[HTML]]), utilizado para definir a estrutura e contido de documentos de [[hipertexto]].
 
* A ''Linguaxe de Marcado Extensible'' ([[Extensible Markup Language|XML]]), utilizado para describir a estrutura dos documentos de texto.
 
Liña 117 ⟶ 113:
 
== Riscos ==
Internet asóciase a determinados usos se se fai un mal uso, feito que creou desconfianza cara ao medio entre determinados sectores. O primeiro risco está relacionado coa privacidade: a facilidade de colgar contidos, a cantidade de información e as institucións que traballan en rede fan que datos persoais poidan estar ao alcance outros individuos. O [[phishing]] bancario, o roubo de contas de correo electrónico, a divulgación de segredos a través de foros ou redes sociais (só o 20% dos usuarios de [[Facebook]] está protexido, por exemplo<ref>{{cita novas|apelido=Stone|nome=Brad|título=Is Facebook Growing Up Too Fast?|publicación=New York Times|url=http://www.nytimes.com/2009/03/29/technology/internet/29face.html|dataacceso=19 decembro 2014|data=28 de marzo de 2009}}</ref>) e o ''spam'' ou publicidade non desexada que invade a intimidade, son algúns dos problemas de privacidade que poden aparecer.
 
O segundo risco ten que ver coa seguridade do mesmo contido do computador conectado: pódese roubar información (hacking) ou ser borrada debido aos virus que se difunden rapidamente a través de páxinas web e de descargas.
 
Finalmente, levantáronse voces críticas en canto aos mozos, que poden atopar contido inapropiado, establecer contactos potencialmente perigosos (como as redes de pederastia) ou desenvolver adiccións aos [[videoxogos]] e á navegación, perdendo horas de lecer e estudos. Parte das leis sobre a WWW teñen que ver xustamente coa protección da infancia, permitindo a instalación de filtros ou penalizando os ciberdelitos.