Cidade de México: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 53:
Tras o desembarque en [[Veracruz]], o explorador español [[Hernán Cortés]] avanzou sobre Tenochtitlan coa axuda doutros pobos nativos,<ref name="ciudadmexico">{{cita web|url=http://www.ciudadmexico.com.mx/historia.htm|título=Historia de la Ciudad de México|lingua=castelán|dataacceso=14 de outubro de 2008}}</ref> chegando á capital aszeca o 8 de novembro de 1519.<ref name="Marroqui">{{cita libro|título=La Ciudad de Mexico|apelido=Marroqui|nome=Jose Maria|ano=1969|editorial=Ayuntamiento del Distrito Federal|localización=Cidade de México|páxinas=21-25}}</ref> Cortés e os seus homes marcharon ao longo da calzada que conducía á cidade de [[Iztapalapa]] e o gobernante da cidade, [[Moctezuma II]], saudou aos españois; trocaron presentes, pero a amizade non durou moito tempo.<ref name="pbs1">{{cita web|url=http://www.pbs.org/conquistadors/cortes/cortes_e00.html |título=Conquistadors – Cortés. November 1519, The Most Beautiful Thing in the World|editorial=PBS|dataacceso=17 de abril de 2011}}</ref> Cortés puxo a Moctezuma baixo [[prisión domiciliaria]], na esperanza de gobernar a través da autoridade del.<ref name="pbs2">{{cita web|url=http://www.pbs.org/conquistadors/cortes/cortes_f00.html|título=Conquistadors – Cortés. November, 1519 – Montezuma Arrested|editorial=PBS|dataacceso=17 de abril de 2011}}</ref>
 
As tensións aumentaron, até que na noite do 30 de xuño de 1520 - durante unha loita coñecida como "''[[La Noche Triste|La Noche Triste]]''" - os aztecas levantáronse contra a invasión española e conseguiron capturar e expulsar aos europeos e aos seus aliados [[tlaxcaltecas]].<ref name="pbs4">{{cita web|url=http://www.pbs.org/conquistadors/cortes/cortes_g00.html |título=Conquistadors – Cortés. June 1520 – Massacre at Tenochtitlán|editorial=PBS|dataacceso=17 de abril de 2011}}</ref> Cortés reagrupou as súas forzas en [[Tlaxcala]]. Os aztecas pensaron que os españois marcharan permanentemente e elixiron un novo rei, [[Cuitláhuac]], pero morreu pronto. O seguinte rei foi [[Cuauhtémoc]].<ref name="pbs6">{{cita web|url=http://www.pbs.org/conquistadors/cortes/cortes_h00.html |título=Conquistadors – Cortés. December 1520 – Siege, Starvation & Smallpox|editorial=PBS|dataacceso=17 de abril de 2011}}</ref>
 
Cortés comezou logo o [[cerco de Tenochtitlan]] en maio de 1521. Durante tres meses, a cidade sufriu coa falta de comida e auga, así como a propagación da [[varíola]] traída polos europeos.<ref name="ciudadmexico"/> Cortés e os seus aliados desembarcaron as súas forzas na parte sur da illa e lentamente abriron camiño a través da cidade.<ref name="pbs7">{{cita web|url=http://www.pbs.org/conquistadors/cortes/cortes_i00.html |título=Conquistadors – Cortés. The Last Stand: An Aztec Iliad|editorial=PBS|dataacceso=17 de abril de 2011}}</ref> Cuauhtémoc rendeuse en agosto de 1521.<ref name="ciudadmexico"/> Os españois practicamente arrasaron a cidade de Tenochtitlán durante o cerco final da conquista.<ref name="Marroqui"/>
Liña 68:
As cidades españolas coloniais estaban construídas baseándose nun plano organizado en [[rueiro]]s, polo menos se ningún obstáculo xeográfico o impedía. Na Cidade de México, o Zócalo (a praza principal) era o lugar central a partir do cal os rueiros da cidade foron construídos. Os españois vivían na área máis próxima á praza principal no que era coñecido como ''traza'', en rúas tranquilas e ben ordenadas. As residencias dos pobos nativos foron colocadas fóra desa zona exclusiva e as súas casas estaban máis afastadas.<ref>Edmundo O'Gorman, ''Reflexiones sobre la distribución urbana colonial de la ciudad de México'', Mexico 1938, pp. 16ff.</ref>
 
O [[Imperio Español]] procurou manter os indios separados dos españois, mais como o Zócalo era un centro comercial importante para os indios, eles eran unha presenza constante na área central da cidade, o que facía que a rigorosa segregación étnica non fose cumprida.<ref>Magnus Mörner e Charles Gibson, "Diego Muñoz Camargo and the Segregation Policy of the Spanish Crown", ''Hispanic American Historical Review'', vol. 42, pp. 558ff.</ref> O Zócalo tamén era o escenario de grandes celebracións, tamén como de [[Pena de morte|execucións]]. A praza tamén foi o lugar de dúas grandes [[Rebelión|rebeliónsrebelión]]s no século XVII, unha en 1624 e outra en 1692.<ref>Ida Altman, Sarah Cline, e Javier Pescador, ''The Early History of Greater Mexico'', Pearson 2003, pp. 246-249.</ref>
 
A cidade medrou, así como a súa poboación, o que deixou cada vez menos espazo para as augas do lago. Como a profundidade da auga do lago oscilaba, a Cidade de México estaba suxeita a inundacións periódicas. Un gran proxecto de infraestrutura fixo que miles de indios fosen postos en réxime de [[traballo forzado]] para evitar novas inundacións. As enchentes non só eran un inconveniente, se non tamén un perigo para a saúde, unha vez que durante os períodos de cheas o lixo da xente contaminaba as rúas da cidade. Coa [[drenaxe]] da área, a poboación de [[mosquito]]s caeu, así como a frecuencia de doenzas. No entanto, a drenaxe dos [[pantano]]s tamén mudou o ''[[hábitat]]'' para peixes e aves e as áreas de acceso para os cultivos dos indios preto da capital.<ref>Noble David Cook, ''Born to Die: Disease and New World Conquest, 1492-1650.'' Nova York: Cambridge University Press 1998.</ref>