Christopher McCandless: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Alasca
Liña 34:
 
== Neglixencia citadina ==
Aínda que Krakauer e os seus lectores teñen unha visión simpatizante con McCandless, algúns habitantes de [[Alasca]] manteñen unha visión máis ben negativa de McCandless e daqueles que tinguen a súa vida coma "romántica". Debido ao feito de non ter ningún mapa, McCandless estaba desinformado da existencia dun vagón colgante a 400 metros de onde non puido cruzar o río Teklanika (dispositivo colgante dun cable de aceiro para cruzar o río usando poleas), e tamén da existencia de cabanas abastecidas con subministracións de emerxencia a uns 10 km ao sur do autobús, se ben estes últimos estaban destruídos e as subministracións estragadas, probablemente por obra do propio McCandless, como se detalla no documentariodocumental de Lamothe.
 
O garda forestal Peter Christian, do [[Alaskan Park]], escribiu: ''Estou decote exposto ao que chamo o "Fenómeno McCandless". Son case sempre homes novos os que veñen a Alasca para desafiarse a si mesmos contra unha paisaxe deserta, onde o acceso é difícil e as posibilidades de rescate son practicamente inexistentes. […] Cando vostede considera o que fixo McCandless, desde a miña perspectiva, vese axiña que foi simplemente tonto, tráxico, e desconsiderado. Primeiro, empregou moi pouco tempo na aprendizaxe de como era realmente a vida salvaxe. Chegou ao [[Stampede Trail]] incluso sen un mapa da área. Se tivese un mapa podería saír sen dificultades. […] Esencialmente, Chris McCandless suicidouse''.