Carlo Maderno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ligazóns
m Arranxos varios
Liña 5:
== Biografía ==
 
Maderno formaba parte dunha familia de pedreiros. Acabou de prepararse con seu tío [[Domenico Fontana]], en [[Roma]], como canteiro e estuquista.
 
A súa primeira obra romana importante foi a fachada de Santa Susanna, realizada entre [[1595]] e [[1603]], na cal utilizou como modelo a fachada de [[Il Gesú]], de Roma. obra de [[Giacomo della Porta|Della Porta]], ben que Maderno introduciu unha maior volumetría que acentúa o claroscuro, precedente directo do que se fará no [[barroco]].
Liña 13:
Baixo o pontificado de [[Paulo V, papa|Paulo V]], gañou o concurso para a conclusión da Basílica de [[San Pedro do Vaticano]], proxecto no que propón, inicialmente, para obter un maior aforo de fieis, transformar o proxecto de [[Miguel Anxo]], mudando a planta de [[cruz grega]] centralizada nunha planta de [[cruz latina]], que primase o aspecto lonxitudinal. A solución de Maderno habería ser un compromiso que non alterase o concepto fundamental proposto por [[Miguel Anxo]], coa [[cúpula]] como elemento dominante e organizador do espazo, de feito que ao acometer a monumental fachada, esta é desenvolvida, no posíbel, lonxitudinalmente, e non tanto en altura, a pesar da súa grande monumentalidade.
 
Con todo, a cúpula de Buonarrotti, quedou desprazada cara o fondo, a causa dos novos volumes introducidos. A pesar disto está recoñecido o mérito de Maderno por obrar cun grande respecto pola obra de Miguel Anxo, e por lograr articular o edificio, con todos os condicionamentos que se lle presentaban, tendo moi en conta o espazo que o precedía e preparándoo para a gran solución urbanística dada logo por [[Gian Lorenzo Bernini]] para a praza.
 
Maderno participou ademais en numerosas grandes obras da Roma e arredores da súa época.
 
== Obras arquitectónicas ==
Liña 37:
* Fonte ante Sant'Andrea della Valle.
 
{{ORDENAR:Maderno, Carlo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Maderno, Carlo}}
[[Categoría:Arquitectos do Barroco]]
[[Categoría:Arquitectos de Italia do século XVI]]