Clodomiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
{{Merovinxios}}
 
'''Clodomiro''', nacido cara ao ano [[495]] e finado en [[524]], foi o segundo dos catro fillos de [[Clodoveo I]] e de [[Clotilde]]. Á morte do seu pai no ano [[511]], dividiuse o [[reino dos francos]] cos outros tres irmáns: [[Teodorico I, rei franco|Teodorico I]], [[Khildeberto I]] e [[Clotario I]].
 
Clodomiro casa con [[Gunteuca]] que lle dá tres fillos: [[Teodobaldo]], [[Gunthar]] e [[Clodoaldo]] (o futuro [[saint Cloud]]).
 
En [[523]]-[[524]], quizais instigado pola súa nai [[Clotilde]] desexosa de vingar ao seu sobriño, que fora asasinado polo rei [[Sexismundo]], Clodomiro únese aos seus irmáns nunha expedición contra os [[burgundios]]. Clodomiro volve a [[Orleáns]], pero o irmán de Sexismundo, [[Gondomar]] entra na [[Borgoña]] á cabeza dunhas tropas enviadas polo rei [[ostrogodos|ostrogodo]] [[Teodorico o Grande|Teodorico I]] e fixo masacrar a guarnición que deixaran os francos.
 
Clodomiro fai asasinar a Sexismundo e aos seus fillos: [[Xisaldo]] e [[Gundebaldo]], o ano [[524]]. Logo lanzouse a unha nova expedición contra os burgundios.
 
Foi morto a primavera ou o verán dese mesmo ano na batalla de [[Vereronce]]. Os seus tres fillos son recollidos pola súa nai ata que casa con [[Clotario I]]. Este último fixo masacrar aos fillos de Clodomiro, quedando vivo só Clodoaldo, porque fuxiu. Este, mellor coñecido co nome de [[Saint Cloud]], fíxose abade de [[Nogent]] preferindo renunciar á súa cabeleira, símbolo da realeza, antes que á vida.