Imre Lakatos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 29:
Introduciu a dimensión histórica no coñecemento científico. A filosofía da ciencia sen [[historia]] fica baleira e a a historia da ciencia sen filosofía é cega. Introduce a posibilidade de corrección das reconstrucións racionais por medio de estudos históricos independentes. Para el historia significa, por unha banda, conxunto de feitos históricos e, por outra, un conxunto de proposicións históricas. Calquera historia é unha reconstrución cargada de teoría e de valor. Existe pois, tamén no eido científico, unha profunda conexión entre ámbolos dous planos.
 
Como Popper, entende que só é científico o refutable, o falsable. Considera inxel o positivismo científico que cre que se poden verificar sobre a experiencia as construcións científicas co fin de outorgarlles a categoría de verdade. Pero non comparte a crítica radical de [[Paul Feyerabend]] para quen non existen ciencias no sentido dos racionalistas senón humanidades.
 
Para Lakatos só se poden refutar sistemas teóricos completos e non hipóteses illadas. Aumenta, xa que logo, a escala da unidade de avaliación que non é o enunciado illado a confirmar no experimento senón o [[programa de investigación]].
 
Este é un conxunto de teorías sucesivas a contrastar con teorías rivais. O programa de investigación ten un núcleo duro e un cinto protector formado por hipóteses auxiliares. O núcleo duro vese afectado se non poden predicir fenómenos por conter anomalías empíricas, momento no que pode ser substituído por un programa rival que é quen de explicar máis ca o anterior e predicir feitos novos.
Liña 40:
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Lakatos, Imre}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Lakatos, Imre}}
[[Categoría:Filósofos de Hungría]]
[[Categoría:Nados en Debrecen]]